BALONCESTO: DERROTA (56 – 49) NA CASA DO LIDER PORTONOVO QUE TIVO QUE SUFRIR ATA O FINAL.

LA NOCHE BALONCESTO PORTONOVO = 56
EXTRUGASA RIO ULLA = 49

Gulli (6), Peñaño (4), Pedrito (-), Pino (6), Pedro (-), Nacho (3), Santi (6), Arturo (11), Felipe (7), Pepi (6) .

 Derrota nos últimos minutos ante un equipo que vai líder na categoría, pero ó que Extrugasa tuteou en todo momento. Partido limpo, cun bo arbitraxe e no que primou a deportividade entre 2 equipos que se coñecen ben. Con un pouco mais de acerto a victoria podería ter cambiado de bando, pero o acerto final dos seus homes exteriores (moi boa a tripleta Julio, Berto e Norat) decidiu para os locais. 

De inicio Extrugasa empezou moi forte en defensa (non coma a semana pasada). Portonovo apenas podía facer tiros cómodos, e os cesureños puxeronse diante. A defensa individual de Portonovo era rota por Pepi e Santi que asistian a Pino (min 5: 1 ?? 8). Como Portonovo non metía apenas podia presionar, e Extrugasa estaba cómodo. Santi e Nacho mantiveron ó Extrugasa diante (8 ?? 14) neste 1º cuarto. 

No 2º cuarto Portonovo incrementou a presión e recuperou mais balóns. A súa consigna foi clara, que o Extrugasa non xogase dentro da zona local. Conseguironno os locais e puxeronse diante no remate do cuarto (22 ?? 19). Extrugasa só anotou 5 puntos neste cuarto. 

No 3º cuarto 2 triplas de Gulli anularon a diferencia local (25 ?? 26) e a partir de ahí apareceu un protagonista: Arturo, que no poste fixo moito daño. 10 puntos del neste cuarto puxeron ó Extrugasa de novo diante: 38 ?? 39. 

E no derradeiro cuarto ambos equipos se vaciaron en defensa. Así, logo de 6 minutos o marcador estaba 42 ?? 43 para os cesureños. E houbo unha xogada que poido ser clave: Arturo falla unha bandexa, logo de romper a presión e irse só á canasta. Inmediatamente empataron os locais e a partir de ahí Norat 1º con 7 puntos seguidos e logo Julio con 6 (1 tripla cada un) sentenciaron o partido. Así quedando pouco mais de medio minuto Extrugasa perdía de 2, pero unha tripla con moita sorte, pois foi rozada por Gulli sentenciou o encontro para Portonovo. 

 Agora toca recibir para a semana a un Meco do Grove en horas baixas, pois tamén  esta co mesmo resultado que Extrugasa (1 victoria e 3 derrotas). Non parece dende logo o equipo dos anos anteriores que se xogaba a liga contra o Laxe, e que apenas perdía partidos. ¿Qué Extrugasa encontraremos para a semana? A solución o vindeiro sábado pola tarde en Pontecesures.

BALONCESTO: HORARIOS DA FIN DE SEMANA DOS EQUIPOS

Esta semana todos os equipos xogan fora da casa. 

SENIOR ZONAL: Xogan contra o Portonovo, equipo que vai lider invicto, este sábado ás 20 h. no polideportivo de Baltar-Portonovo.

CADETE MASCULINO: Partido contra o Xuven de Cambados, sábado ás 12 en Cambados.

INFANTIL MASCULINO: Xogan Sábado ás 10 en Marín, contra Peixegalego.

INFANTIL FEMENINO: Domingo ás 12 no polideportivo de Carril, contra o Cortegada.

ALEVIN MIXTO: O minibasket tamén xoga o Domingo ás 10.30 en Carril, contra Cortegada.

Por fru, hace

BALONCESTO: HORARIOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

SENIOR: Domingo ás 19.30 h. en Pontecesures contra o Motobazar de Vilagarcía.

Partido que pode resultar moi importante na tempada, pois en teoría é un rival ó que pode gañarse, co que o equipo poñeríase 2 victorias e 1 derrota, e quedaría pola zona media da taboa. En caso contrario, empezarían os problemas para o Extrugasa, pois as proxímas semanas xoga contra os 3 favoritos, seguidos: Portonovo, Meco e Laxe. Así, conseguir a victoria esta fin de semana é moi importante para coller moral diante do duro calendario que toca a continuación.

CADETE: Domingo ás 10.30 h. en Pontecesures, contra o BBC de Vilagarcía.

INFANTIL MASCULINO: Sabado ás 12 en Pontecesures, contra A Estrada.

INFANTIL FEMENINO: Sábado ás 12 en Pontevedra, contra o Arxil.

por último, os ALEVINS inician o seu campionato, xogando este Domingo ás 12.30 h. en Pontecesures, diante do Arxil de Pontevedra.

Por fru, hace

BALONCESTO: O ARBITRAXE CASTIGA ? EXTRUGASA RIO ULLA QUE SUFRE A 1ª DERROTA

GRAUNNER RIBADUMIA = 64 EXTRUGASA RIO ULLA = 53 

Gulli (6), Peñaño (10), Diego (3), Victor (3), Pino (4), Pedro (-), Santi (3), Arturo (2), Felipe (13), Pepi (7), Juanjo (2) . O arbitraxe en contra do equipo visitante a cargo de García, L. e Carollo, JM. cargouse un partido limpo e correcto no que non pasou nada para que lle foran sinaladas 5 tecnicas ó Extrugasa, ademais de varias antideportivas a ambos equipos. Curiosamente o arbitraxe cambiou logo do descanso, cando se incorporou o 2º arbitro ó encontro. En realidade chegou faltando uns minutos para rematar o 2º cuarto, pero neses minutos inda debeu ??aposentarse?. O da 2ª parte foi vergonzoso, gracias a querer aplicar un ??presunto criterio  arbitral? completamente distinto ó da 1ª xornada en Pontecesures. 

O partido principiou mal para o Extrugasa, pois non defendía ben ós postes locais e en ataque precipitabase co balón. (Min 5: 6 ?? 2). Pasouse a defender ó home, e Ribadumia veuse manitado sen poder facer tiros fácilies. E  Santi, Pepi, e Peñaño dende o tiro libre igualaron o marcador, finalizando o 1º cuarto 1 arriba: 10 ?? 11. O 2º cuarto foi domiñado claramente polo Extrugasa: parcial de 9 ?? 17 gracias á boa defensa individual que paraba moi ben ó ataque local, pechando beno rebote defensivo poder sair á contra. Ben Felipe neste cuarto ca súa velocidade, e penetracións, dándolle descanso a Pepi ademais. E funcionando o ataque estático, xogando cun bo ritmo. Así chegouse ó descanso 20 ?? 28 e o equipo facendo bo baloncesto. 

Pero ahí acabouse o partido. Os 2 primeiros ataques do Extrugasa foron penalizados, en 2 penetracións de Pepi e Peñaño cunha falta en ataque a 1ª inventada polo colegiado auxiliar, e con técnica a 2ª por decir Peñaño ??ehhh?  cando na entrada recibiu un golpe. O equipo descentrouse é a mínima os árbitros pasarona a sinalar técnica. Ribadumia achegouse no marcador, empatando mediado o 3º cuarto a 31. Logo, o Extrugasa ponse en zona, recibindo 2 triplas consecutivas (31 ?? 37). Co recital de tecnicas e antideportivas Ribadumia sobrepasa ós 10 puntos, para finalizar o cuarto: 35 ?? 48. Intentouno de novo o Extrugasa, achegándose a 8 ó inicio do ultimo cuarto: 41 ?? 49, pero outra técnica, esta vez por reclamar que a mesa puxera o marcador en marcha antes de que Peñaño tocase o balon logo do saque de fondo acabou por exasperar ó Extrugasa, mentras que Ribadumia, con xente veterana, seguia anotando e ó seu. Os cesureños acabaron o partido anotando 2 triplas consecutivas que deixaron o 64 ?? 53 final.

Non  quedou mais que felicitar ó rival pola victoria, un equipo veterano nun partido sen problema que tiña que haber tido outros puntos de atención (e pode que outro gañador) pero que 2 señores se encargaron de estropear.

BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NESTA VINDEIRA FIN DE SEMANA

SENIOR ZONAL: Xogan na Illa de Arousa contra o C.B. Ribadumia,  ante un dos favoritos da categoria, pois  son un equipo veterano e que descendera da autonómica  hai 2 tempadas.  Nestes 2 ultimos anos en zonal  estiveron arriba codeandose cos mellores equipos da liga  h.arousana. O partido é o Sábado ás 17 h. e xogan na Illa por problemas de horarios en Ribadumia.

CADETE MASCULINO: Xogan en Pontecesures ó sábAdo ás 12 h. do mediodia contra o Liceo de Vilagarcía. Encontro ante un rival dificil, polo que lles será complicado acadar a 1ª victoria da tempada.

INFANTIL FEMENINO: Xogan sábado ás 19 h. no campo do Liceo de Vilagarcía, contra un rival ó que teñen opcións de derrotar, pero teñen que xogar mellor que  na casa o sabado pasado.

INFANTIL MASCULINO: Xogan sábado ás  12 en Pontevedra contra o Estudiantes. Deben pelexar pola victoria.