Máis recortes: o Concello de Pontecesures dase de baixa como socio do Museo do Pobo Galego.

No pleno de 26/11/07 a anterior corporación de Pontecesures acordou colaborar co Museo de Pobo Galego incorporándose como socio institucional do museo e achegando unha cota anual de 300 euros. A partir do acordo recibíronse no concello as publicacións, e os programas de actos do propio museo.

Para sorpresa de todos, o goberno actual de Pontecesures, sen consultar para nada coa oposición municipal, tramitou a baixa como socio institucional para 2013 por acordo da Xunta de Goberno Local á que pertencen unicamente os representantes do executivo.

Polo exposto, a ACP desexa facer público o seguinte:

1. Os acordos plenarios teñen que respectarse sempre e para modificalos debe ser o propio pleno o que tome a decisión. Sen dar a cara, e sen debater nada, o goberno local tramitou unha baixa nunha institución tan importante para o desenvolvemento da cultura galega.

2. A ACP interesouse por este tema no pleno ordinario do pasado 27 de xaneiro, pero o goberno local non facilitou explicación algunha. Outra vez nos saíron co «porque sí» á hora de razoar a baixa.

3. A ACP critica a actuación do goberno local neste tema. Respostando á nosa pregunta no pleno do 27 de xaneiro sobre se o Museo do Pobo Galego enviaba documentación ao concello se nos dixo que non por parte da concelleira nacionalista Cecilia Tarela. Non é certo, porque as publicacións e libros do museo atopánse na biblioteca municipal de Pontecesures. Claro que, a dicir verdade, como a nosa biblioteca permanece pechada dende o 16 de decembro de 2013, resulta imposible consultar nada.

Outro recorte máis do goberno local. E logo falan de defensa da cultura e da educación. A biblioteca pechada, a condición de socio do Museo de Pobo Galego anulada, a suscrición ao diario máis antigo de Galcia retirada e, por contra, contamos, por primeira vez na historia cun concelleiro de educación, Roque Araújo, cobrando unha exclusiva. Os recortes para os veciños. Así nos vai.

Pontecesures, 03/02/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Sabariz critica que la biblioteca siga cerrada a causa de una baja médica.

Las instalaciones están inoperativas desde el 16 de diciembre.

Luis Ángel Sabariz Rolán, portavoz de la Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP), denuncia que la Biblioteca Pública Raimundo García Domínguez «Borobó» sigue cerrada desde el 16 de diciembre a causa de la baja médica de la trabajadora municipal encargada de estas instalaciones.

Ante la carencia de un sustituto que cubra esa plaza, y después de que ya denunciara estos hechos hace unas semanas, Sabariz incide en el perjuicio que causa esta situación a los usuarios de la Biblioteca.

A este respecto, el independiente aclara que «el problema para la contratación de un sustituto no son los límites establecidos por la normativa estatal para contratar personal temporal, pues si bien es cierto que los hay, no existen para cubrir las necesidades urgentes e inaplazables en sectores y funciones que se consideren prioritarios o que afecten al funcionamiento de los servicios públicos esenciales».

Y a juicio de Sabariz, que la Biblioteca esté abierta al público es una necesidad inaplazable y urgente, por lo que critica que «mucho habla el tripartito de Pontecesures de la defensa de la educación y la cultura, pero sin embargo después aplica recortes continuos que no se entienden». Para terminar, Sabariz señala que «falta disposición y sobra indefinición y desinterés» por parte de un ejecutivo local en el que «hay tres integrantes que perciben retribuciones mensuales por su dedicación exclusiva y que no son capaces de resolver estos problemas».

Faro de Vigo

Os Concellos de Catoira e Pontecesures animan aos fumadores a inscribirse nun obradoiro para abandonar a súa adicción.

cartel deixar de fumarREDUX

 

Os Concellos de Catoira e Pontecesures lembran que está aberto o prazo de inscrición nun obradoiro para deixar de fumar organizado polo seu respectivo Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias. En Catoira celebrarase no Edificio Multiusos e en Pontecesures no Club Xuvenil (a carón da Biblioteca Municipal). Lémbrase que o tabaquismo é a primeira causa de mortalidade evitable no estado español. Ocasiona anualmente uns 55.000 falecementos en España, o 16% do total nas persoas maiores de 35 anos. Actualmente, a taxa de mortalidade dos fumadores triplica á dos non fumadores, o que fai que un 30 a 35% dos primeiros falezan antes de cumprir os 65 anos. Con iso a súa vida redúcese nuns 10 a 15 anos.

O tratamento que se utilizará nas sesións baséase no método de redución gradual de nicotina, que permite controlar a dependencia física e psicolóxica que provoca o tabaquismo sen sufrir ningún síntoma do síndrome de abstinencia que provoca a deprivación da nicotina. As sesións serán de unha a semana durante as 5 primeiras semanas e logo espazadas cada 15 días durante dous meses máis.

O obradoiro comezará a impartirse no mes de marzo. En función da demanda, organizaranse grupos de mañá ou de tarde, cun límite de 15 prazas por grupo.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro deberán inscribirse no concello de Catoira no teléfono 986546014 e en Pontecesures no 986564410 ou por correo electrónico enviando os datos persoais e de contacto a concello.catoira@eidolocal.es ou xuventude@pontecesures.org

Esta actividade ten unha cota de inscrición de 10 euros.

La Biblioteca Municipal de Pontecesures cumple un mes cerrada al público.

La Biblioteca Municipal de Pontecesures cumplirá mañana un mes cerrada al público debido a que el concello no pudo cubrir la baja médica de su responsable.

El concejal Roque Araújo explicó ayer que «estamos esperando a que a bibliotecaria acabe coa baixa, xa deben quedar moi poucos días».  Confía en que el servicio pueda restablecerse la próxima semana,  aunque todo dependerá de la situación de la trabajadora.

Araújo explicó que la ley solo permite realizar contrataciones para sustituciones de este tipo «en caso de estrema urxencia e gravidade», pero en este caso «non nolo ían permitir (aventuró). Ademais coincidía co período vacacional». Tampoco es posible que el ayuntamiento destine a esta labor de forma temporal a otro trabajador municipal «porque o persoal que podería facer xa ten traballo de sobra no seu posto».

El edil afirmó que no le llegó ninguna queja por prescindir de la Biblioteca Pública durante tanto tiempo, aunque admite, «sei que hai queixas, evidentemente».

De hecho, uno de los primeros en alertar sobre la situación fue el concejal de ACP, Luis Sabariz, quien al día siguiente de cerrarse la biblioteca lamentó públicamente que el gobierno local no buscase ninguna solución para cubrir la baja, perjudicando de esta manera a los usuarios.

«Que non nos vexan dende o executivo dicindo que o problema son os límites establecidos na normativa estatal para contratar persoal temporal. ? certo que os hai, pero non para cubrir necesidades urxentes e inaprazables nos sectores e funcións que se consideren prioritarios ouo que afecten ao funcionamentos dos servizos públicos esenciais», manifestaba el pasado 17 de diciembre.

CULTURA. «Obviamente coresponde ao concello decidir as necesidades urxentes e inaprazables, pero unha delas é contratar a un traballador por uns días, mentres estea de baixa médica a titular, para que a biblioteca non peche», señala.

«Moito fala o Goberno local da defensa da educación e da cultura, pero logo adopta este tipo de medidas que non se entenden. Están sempre ciriticando ás aoutras administracións polos recortes e aquí en Pontecesures estes recortes están a ser contínuos neste mandato», concluía Sabariz.

Diario de Pontevedra

El gobierno local da de baja la suscripción al diario «FARO DE VIGO».

Con gran sorpresa conoce la ACP la triste noticia de que el Concello de Pontecesures dio de baja, para 2014, la suscripción a este diario decano de la prensa gallega que se recibía todos los días en la Casa Consistorial y pasaba a la biblioteca municipal para su consulta por los ciudadanos.

Este gobierno local que padecemos ni siquiera respeta una decisión adoptada hace muchísimos años. Se trata probablemente de la suscripción más antigua y este medio de comunicación siempre estuvo muy vinculado al concello, a su historia y a los vecinos de esta villa.

No sabemos a que se debe esta lamentable decisión pero tenemos la impresión de que no es un simple recorte más de 350 euros anuales. Hay algo más que debe explicar el ejecutivo.

Sea como fuere, podemos observar como, con estas medidas, el gobierno local arremete contra la educación y la cultura. Pasito a pasito, acaban con todo. Con impotencia, los vecinos observamos que desde el 16 de diciembre pasado la biblioteca municipal permanece cerrada para disgusto de muchos usuarios. Ahora nos vienen con la anulación de la suscripción al periódico decano de la prensa gallega.

Donde no hay recortes en en los sueldos de los tenientes de alcalde; siguen cobrando los tres. Los recortes para todo lo demás, pero ellos son intocables a pesar de que el vecindario considera innecesario que haya tres concejales cobrando en Pontecesures. Todos los meses nos cuestan estas 3 dedicaciones, por 5 horas diarias, un total de unos 5.350 euros, y unos 9.250 en los meses de junio y diciembre, con motivo de las pagas extraordinarias (en ambos casos se incluyen los sueldos y las cotizaciones sociales). Pero ellos a lo suyo.

Pontecesures, 08/01/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concejal de ACP Pontecesures

Outro recorte máis en Pontecesures: a biblioteca pechada.

Dende o día de onte e por mor da baixa por enfermidade da súa encargada, permanece pechada a biblioteca municipal de Pontecesures. O goberno local non buscou solución algunha para a substitución desta traballadora mentres estea de baixa médica e agora neste período de Nadal temos a instalación pechada prexudicando aos usuarios deste servizo.

Que non nos veñan dende o executivo dicindo que o problema son os límites establecidos pola normativa estatal para contratar persoal temporal. ? certo que os hai, pero non para cubrir necesidades urxentes e inaprazables nos sectores e funcións que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais.

Obviamente corresponde ao concello decidir as necesidades urxentes e inaprazables prioritarias, pero unha delas debe ser contratar a un traballador/a por uns días, mentres estea de baixa médica a titular, para que a biblioteca municipal non peche. Moito fala o goberno local da defensa da educación e da cultura pero logo adopta este tipo de medidas que non se entenden. Están sempre criticando ás outras administracións polos recortes e aquí en Pontecesures estes recortes están a ser continuos nesta lexislatura.

Dende ACP pregamos ao executivo local que recapacite e que adopte as medidas oportunas para que a biblioteca municipal non continúe pechada.

Pontecesures, 17/12/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures