Os Concellos de Catoira e Pontecesures animan aos fumadores a inscribirse nun obradoiro para abandonar a súa adicción.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

cartel deixar de fumarREDUX

 

Os Concellos de Catoira e Pontecesures lembran que está aberto o prazo de inscrición nun obradoiro para deixar de fumar organizado polo seu respectivo Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias. En Catoira celebrarase no Edificio Multiusos e en Pontecesures no Club Xuvenil (a carón da Biblioteca Municipal). Lémbrase que o tabaquismo é a primeira causa de mortalidade evitable no estado español. Ocasiona anualmente uns 55.000 falecementos en España, o 16% do total nas persoas maiores de 35 anos. Actualmente, a taxa de mortalidade dos fumadores triplica á dos non fumadores, o que fai que un 30 a 35% dos primeiros falezan antes de cumprir os 65 anos. Con iso a súa vida redúcese nuns 10 a 15 anos.

O tratamento que se utilizará nas sesións baséase no método de redución gradual de nicotina, que permite controlar a dependencia física e psicolóxica que provoca o tabaquismo sen sufrir ningún síntoma do síndrome de abstinencia que provoca a deprivación da nicotina. As sesións serán de unha a semana durante as 5 primeiras semanas e logo espazadas cada 15 días durante dous meses máis.

O obradoiro comezará a impartirse no mes de marzo. En función da demanda, organizaranse grupos de mañá ou de tarde, cun límite de 15 prazas por grupo.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro deberán inscribirse no concello de Catoira no teléfono 986546014 e en Pontecesures no 986564410 ou por correo electrónico enviando os datos persoais e de contacto a concello.catoira@eidolocal.es ou xuventude@pontecesures.org

Esta actividade ten unha cota de inscrición de 10 euros.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.