O pasado luns tivemos Pleno ordinario, coma cada dous meses. A alcaldesa e a súa particular procesión dos caladiños seguen na mesma liña na que xa nos teñen acostumados. Irémosvos contando algunha das anécdotas que con demasiada frecuencia nos proporciona o actual equipo de goberno cesureño.Tiñamos curiosidade pola valoración das últimas actividades que se levaron a cabo durante estas datas, por exemplo Festa do Churro. A alcaldesa di estár satisfeita coa festa. Pois debe ser verdade o que dixo que o BNG de agora non é o de antes.. porque cando estaba de concelleira na oposición a súa opinión sobre a festa e os churreiros era a que aparece recollida na acta do Pleno do ano 2016, que gustosamente vos mostramos:
