No día de hoxe comezou a chegar aos fogares a guía turística xunto co seguinte escrito do alcalde:
«Estimado/a veciño/a
O Concello acaba de editar unha guía turística para a promoción do noso pobo, tanto a nivel galego como no exterior. Envíoche un ezemplar desta guía, fundamentalmente gráfica, para que coñezas de primeira man a imaxe que do noso pobo queremos proxectar agardando que esta publicación sexa do teu agrado.
Tamén pensando que o uso das novas tecnoloxías hoxe é imprescindible para calquera ámbito da nosa vila, lémbroche que dende fai poucas semanas está á túa disposición a páxina web oficial do Concello de Pontecesures www.pontecesures.org que nace como un instrumento que pode axudar a comunicar e facilitar calquera consulta que precises do noso concello. Nesta páxina os veciños poderán consultar diferentes contidos dende información de trámites municipais, fotografías da nosa vila ata a consulta gráfica do Plan Xeral de Ordenación Urbana; por poñer algúns exemplos.
Sen máis recibe un cordial saúdo.
Pontecesures, 2 de maio de 2007
Asdo.; Manuel Luis Alvarez Angueira
Alcalde de Pontecesures»