El PSOE retira las denuncias contra Bello Maneiro tras la derrota electoral.

Ferreirós anuncia un parón político mientras el alcalde, tras lograr otra vez la absoluta, la acusa de “oposición rastreira”.

Los resultados electorales en Valga, que otorgan una nueva mayoría absoluta al PP de José María Bello Maneiro, tienen una inesperada repercusión en el panorama judicial. Y es que, tras una derrota en las urnas y con un concejal menos que en 2015, los socialistas encabezados por María Ferreirós han decidido retirar la demanda interpuesta al gobierno local por los Presupuestos de 2017 y no seguir adelante con el contencioso por las comisiones de coordinación.

Así lo comunicó la portavoz socialista en su perfil de Facebook, donde también anuncia que “nos vindeiros meses non farei traballo de oposición” ya que considera que “debo dar un paso atrás, reflexionar e recuperar o tempo coa miña familia”. Queda la duda de si estas palabras significan una dimisión, ya que el contacto telefónico con María Ferreirós fue imposible para este medio, pese a diversos intentos.


“Os resultados do PSOE non son bos nen os esperados”, asegura Ferreirós en su perfil de la red social, en el que incide en que “os veciños e veciñas de Valga non valoraron o traballo, esforzo e ganas que durante estes catro anos puxemos”.


Distinta opinión tiene el ganador de las elecciones en Valga. José María Bello Maneiro reconoce que el último mandato “foi o máis duro” pero “non por complexidades na cesión do Concello, senón pola oposición rastreira, de política sucia e envenenada que tivemos que soportar”.


Bello Maneiro acoge el nuevo mandato con “orgullo” y considera que los vecinos de Valga “deixaron claro que non lles gusta esa forma de facer política”, en referencia al PSOE, a los que acusa de provocar que “fillos de concelleiros do PP tiveron que escoitar dos seus compañeiros no colexio que os seis pais eran uns ladróns e roubaban no Concello”.
Asimismo, el popular también responde a Ferreirós que “os socialistas de Valga non teñen nada que retirar”. Recuerda en este sentido que un recurso idéntico a los Presupuestos de 2017, interpuesto por el Colexio de Secretarios e Interventores de Pontevedra, ya fue desestimado.
Sobre las comisiones de coordinación, Bello Maneiro incide también en que fue archivada por la Audiencia Provincial en sentencia firme. Ferreirós había anunciado su intención de seguir por la vía administrativa, pero ahora rectifica.

Diario de Arousa

Valga Viva denuncia que hay tres personas empadronadas en el edificio municipal del GES.

La formación Valga Viva que lidera Manuel Castiñeiras denuncia abiertamente que hay personas emmpadronadas en edificios municipales de la localidad. En concreto se refiere el partido a «cando menos tres persoas que están empadroadas na sede do GES, edificio de carácter público e de uso distinto ao residencial». La formación incide en que estas personas, al estar empadronadas en Valga, podrán participar en las elecciones municipales de este domingo. De hecho piden al alcalde y candidato del PP, Bello Maneiro, que «explique cal foi a súa intervención ou inacción para permitir esta irregularidade que pode influir nos resultados electorais».

Según Valga Viva esta situación se repitió durante diferentes procesos electorales o que, a su juicio, «demostra o carácter antidemocrático do actual candidato á Alcaldía do PP» al mismo tiempo que señala que «puidera ser unha flagrante vulneración á normativa electoral». Critica que o Concello se está convirtiendo en un «cortijo».

Diario de Arousa

La plantilla del Concello de Cesures retoma las protestas por la RPT.

El personal del Concello de Pontecesures retomó las movilizaciones por la falta de una Relación de Postos Laborais y ante el incumplimiento en el calendario de negociación.

Los delegados con representación en la plantilla municipal indicaron que el alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, incumplió el acuerdo firmado el 22 de febrero, que en uno de sus puntos señala que el borrador de la RPT debería estar en manos de los delegados antes del 15 de abril, fecha que posteriormente fue pospuesta a quince días después.

“Visto que na data de hoxe seguimos sen noticias por parte da Alcaldía, os traballadores fixemos unha concentración solicitando a RPT”, aseguran en un comunicado desde el comité de empresa y la xunta de personal del Concello, que anuncia que en los próximos días continuarán las concentraciones a las 12 horas.

Diario de Arousa

Manuel Castiñeiras: «O noso equipo está formado por xente libre e sen medos porque o medo acabouse en Valga».

A irrupción de Valga Viva con Castiñeiras como cabeza de lista é un contrapunto aos comicios locais que levan anos sendo cousa de dous. Castiñeiras sinala que a formación nace coa idea de «poder cambiar as malas prácticas que ata o de agora se veñen exercendo dende o Concello por parte do goberno, que era considerado intocable a todos os niveis sen respectar a xustiza social». Aseguran que teñen gañas e ilusión e advirtre sobre o actual rexedor do PP, Bello Maneiro, que «non queremos ter unha persoa anclada no poder que tivo a política como profesión e que lle permitiu acadar unha xubilación de 2.500 euros».

Valga Viva preséntase coa premisa da «transparencia» e coa intención de dotar ao Concello dun Portal no que figuren os salarios públicos ou cuestións como «a viaxe a Estonia do alcalde e una concelleira en dúas ocasións, e que a día de hoxe non se coñece en concreto cal é o proxecto, que ten que ser de coñecemento público porque se paga con cartos de todos».

Incide que o seu equipo está «formado por xente libre e sen medos» e manifesta que «aquí hai unha lenda que está no aire, que saiu precisamente do grupo popular de que o empresariado non apoia as listas que non sexan do PP, unha nova mentira porque a categoría de empresarios de Valga, está por riba das cores políticas»

Diario de Arousa

María Ferreirós: «Valga ten un equipo de goberno cansado e sen proxectos; necesita un cambio».

El PSOE de Valga vuelve a apostar por María Ferreirós para loitar pola alcaldía. Avoga por un goberno diferente e, sobre todo, no que predomine a transparencia.

Ten sido este un mandato marcado pola crispación. É difícil facer política en Valga?.

Eu creo que estivo marcado pola crispación porque é a mensaxe que se quiso transmitir dende o goberno, pero penso que foron catro anos nos que aportamos moitísimas propostas e fixemos un labor enorme. Se é difícil facer política aquí?. Pois sobre todo é difícil pola falta de transparencia. É algo que non existe neste Concello.

Maneiro acúsaos de ter xudicializado a política…

En Valga cada vez que levantas un papel hai unha irregularidade. Co tema das comisións denunciamos porque consideramos que é algo que tiñamos que facer.

Como ve a irrupción de Valga-Viva nestes comicios?. Houbo conversas para levar unha sola lista?

O cabeza de lista estivo no PSOE no seu día. Houbo conversas si, pero non puidemos chegar a acordo.

Sería posible ese acordo en caso de que o PP perda a maioría?

Nós presentámonos ás eleccións con vontade de gañar por maioría. Evidentemente se houbese que pactar para evitar a goberno de Bello Maneiro intentaríase chegar a un acordo.

Nestes anos de contacto cos veciños detecta cansancio co goberno de Maneiro?

En Valga funciona co alcalde a política caciquil, que é o mod de manter a xente ao teu lado. Non é un concello do século XXI, ten un equipo de goberno cansado esen proxectos.

Cales son os eixos do proxecto do PSOE para Valga?

O tema do urbanismo é prioritario. Necesitamos un orde e un pobo para as persoas; tamén mellorar a xestión de residuos e apostar por dar servizos, crear emprego e potenciar o sector forestal e o Camiño de Santiago.

Diario de Arousa

Bello Maneiro: “O PSOE intentou conseguir nos xulgados o que non foi quen de obter nas urnas”.

José María Bello Maneiro buscará unha nova maioría absoluta o vindeiro día 26. Farao tras un mandato marcado polos procesos xudiciais, pero coas ganas de seguir “traballando polos veciños”. 

Hai quen di que a súa etapa na Alcaldía está máis que rematada, non por idade, senón por falta de ideas…

Non vou entrar a valorar os pensamentos da oposición. Eu remítome aos proxectos que se executaron tan só estes catro anos. Temos moitas ideas, boas para Valga e positivas para o benestar e calidade de vida dos veciños.
 
Este mandato estivo moi xudicializado. Pensa que é algo que o pode perxudicar nas urnas?

O PSOE centrouse única e exclusivamente en intentar conseguir nos xulgados o que non conseguira nas urnas en lugar de defender os intereses de Valga. A candidata e ex afiliada do PP só entende de medrar en política. Pasou de aplaudir a Manuel Fraga a ser candidata do PSOE. Esa é a credibilidade que ten. Debería presentar a súa renuncia despois de que se arquivase a denuncia.

Que opina da irrupción de Valga Viva nestes comicios?

Sempre dixemos que o que tiñan que facer as mareas era presentarse ás eleccións en lugar de descalificar ao goberno nas redes. Agora é o momento de que os veciños opinen da campaña marulleira que fixeron.

Que queda por facer en Valga? Cales son os proxectos que leva na axenda para estes catro anos?

O noso proxecto é seguir ofrecendo aos veciños máis e mellores servizos. A idea é facer realidade o parque empresarial de Valga para ofrecer máis solo industrial ás empresas. No eido da educación acadar o Bacharelato de Artes para o IES e poñer a funcionar o Conservatorio Superior de Música. Dar un impulso ao sector turístico da man dos recursos naturais dos que podemos presumir e do Camiño de Santiago, para que exerzan como xeradores de riqueza e dinamizadores da economía local. En definitiva, seguir ofrecendo benestar e xerando oportunidades para os veciños de Valga.


Diario de Arousa