LUNS DO CARMEN: FESTIVAL FOLCLÃ?RICO A CARGO DE ALGUEIRADA E XARANDEIRA.

100_6462-web.JPG
web.JPG
100_6472-web.JPG

O luns das festas do Carmen celebrouse outro evento xa tradicional no programa das festas: o festival folclórico, a cargo do grupo da ANPA Algueirada, e de Xarandeira, ambos do Concello, os cais actuaron desinteresadamente, algo de agradecer.

Foi primeiro Algueirada o que abriu o festival cunha serie de pezas e temas folclóricos.

100_6481-web.JPG
100_6480-web.JPG

Esta adicada a quen ela sabe 😉 polo estilo que ten. ¡Ese arte!

100_6498-web.JPG

Ambas  agrupacións remataron as suas intervencións poñendo  a bailar a parte do público que se dou cita na Prazuela para o festival.

O sábado 19 Festival Folclórico na Plazuela.

Terá lugar ás 20 horas do sábado 19 de maio o Festival Folclórico de Música Tradicional «Letras Galegas 2007» no que actuarán os seguintes grupos:

* Rancho Folclórico Penacova de Coimbra (Portugal)
* Algueirada de Pontecesures
* L’Artusu de Mieres (Asturias)
* Xarandeira de Pontecesures

Organiza o evento o concello de Pontecesures e colaboran a ANPA do CPI Pontecesures, a A.C. Xarandeira e a Deputación de Pontevedra.

Entroido 2007. Premios do concurso de disfraces para nenos celebrado onte na Plazuela.

Categoría de 0 a 3 anos:

1º «A nena do exorcista». Uxía Gerpe
2º «A familia Simpson». Grupo
3º «A nena dos paxaros». Elena Ranz

Categoría de 4 a 8 anos:

1º «A costureira». Lucía Pardal
2º «O grupo das Bratzs». Grupo
3º «O cempés». Santiago Gándara

Categoría de máis de 9 anos:

1º «Fairy estropajo». Belén Barral e Angela Caamaño
2º «A farola». Alicia Silva
3º «Mariposa». Raquel Lafuente

O festival foi organizado polo concello e o xurado estivo composto por Isabel Silva (A.C. Xarandeira), Cecilia Tarela (A Barcarola) e Dolores Agrasar (ANPA do CPI Pontecesures).
Os premios consistiron en vales para adquirir material escolar e foron entregados polo alcalde, a primeira tenente de alcalde e a concelleira de cultura.