Padrón celebra este fin de semana las fiestas de la Pascuilla.

Con permiso de la lluvia, Padrón celebra este fin de semana la Pascuilla, de modo que hoy destaca la carrera de ciclismo o la reunión de los Amigos de Iria Flavia. Por la tarde actuarán los grupos folclóricos Rosalía de Castro y San Pedro de Carcacía mientras que por la noche habrá verbena a cargo de las orquestas Finisterre y América, además de una gran exhibición de fuegos de artificio, que serán tirados desde el Campo de A Barca.

Mañana, en el programa del Concello destaca el acto de la Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón que, un año más, distinguirá a distintas personas y empresas. La reunión es a las doce de la mañana para, en primer lugar, depositar una corona de laurel ante la estatua de Rosalía en el Paseo del Espolón, acompañados por al Banda Municipal de Música de Padrón.

Por la tarde, mañana se celebra el décimo Festival de Bandas Capital do Sar, con la participación de la agrupación anfitriona, además de la de Agolada y la de Villatuxe. La verbena con la orquesta Superhollywood cerrará las fiestas de la Pascuilla.

La Voz de Galicia

Las tres convocatorias en un fin de semana para Fran Vieites.

Poco podía imaginar el guardameta del filial Fran Vieites lo que le esperaba cuando el sábado al mediodía posaba sonriente con sus compañeros del Juvenil de División de Honor tras vencer en A Madroa el derbi frente al Deportivo. La lesión de Jero llevó a que Rubén Albés le convocara por segunda vez este curso, pero eso no era todo. Después de sentarse en el banquillo de Barreiro para la victoria frente al Racing de Ferrol.

Todavía iba a ejercer de portero suplente por segunda vez en el día. La lesión de Rubén en el calentamiento, sumada a que el Celta no cuenta actualmente con tercer portero en el primer equipo después de ceder a Iván Villar al Levante en el pasado mercado de invierno, hicieron que hubiera que recurrir al joven portero nacido en Pontecesures en 1999 y perteneciente al Celta desde el 2015. El canterano llegó a Balaídos a la carrera y pudo sentarse por vez primera en el banquillo de Balaídos.

O Muíño remata no máis alto do medalleiro dun Campionato de España de marcada cor arousá.

O Escuela Piragüismo Aranjuez pechou a pasada fin de semana como gañador da clasificación de clubs do Campionato de España de Inverno con 2.184 puntos, destronando o Káyak Tudese, subcampión con 2.071, e co Náutico de Sevilla terceiro con 1.901. Unha clasificación na que o As Torres-Romaría Vikinga finalizaba sexto con 1.268 puntos, o Breogán do Grove oitavo con 1.043, co Piragüismo Illa de Arousa xa na praza 39 dos algo máis dun cento de equipos participantes con 310 puntos, o Náutico O Muíño de Ribadumia no 42 con 303 e o Náutico Pontecesures no 46 con 264. Outra cousa é o medalleiro. E aquí o podio foi copado por tres clubs arousáns, reflexo dun Campionato de España de Inverno sobre 5.000 metros con marcado protagonismo dos padexeiros do Salnés e do Baixo Ulla con oito triunfos individuais e cunha ducia de medallas.

O Muíño foi o equipo máis laureado cos seus tres títulos. Os que María Pérez Aragunde e Manuel Fontán, campións galegos, conquistaban no C-1 Júnior; el sumándolle o ouro que o acreditaba como mellor canoísta Sub-17 masculino. O ribadumiense foi o único club quen de meter tres preseas douradas na súa equipaxe de volta da primeira gran cita da tempada estatal de pista.

Catro foron os colectivos que gozaron de dous campións na cita júnior, sénior e de paracanoe. Entre eles, o Breogán, segundo no medalleiro grazas ao seu pleno no podio do C-1 Sénior Masculino, con Tono Campos impoñéndose en 22.32.33 aos seus compañeiros Diego Romero, subcampeón a 3,56 segundos, e Noel Domínguez, bronce a 27,88; Elena del Mar Naveiro impúxose na proba do KL3 do paracanoe. Carla Frieiro, pola súa banda, deulle ás Torres as súas dúas preseas de ouro gañando o K-1 Júnior sendo ademais a mellor Sub-17.

O meisino do Naval de Pontevedra Iago Monteagudo, bronce no K-1 Sub-23 a tan só 1,52 segundos do campión, Pelayo Roza (S.C.D. Ribadesella), e Juan José Rodríguez Pol, que conquistou o título no KS1 Especial de paracanoe coas cores do Piragüismo Illa de Arousa, completaron o listado de medallas arousás no Campionato de España de Inverno Júnior, Sénior e de Paracanoe. ?xitos aos que lles hai que sumar no Nacional Master de Inverno o ouro de Miguel Fernández (Breogán) no C-1 35-39 anos, e as pratas de Marcelino Cacabelos (Breogán), no C-1 50-54, e de Ramón Ferro (O Muíño) no C-1 de 40-44 anos.
O club catoirense sitúase terceiro na clasificación sénior feminina da Liga

Ata hai un par de anos a clasificación xeral da Liga Nacional de Esprint vía limitada a súa gloria ao meramente deportivo. A recuperación dos premios en metálico para os mellores equipos femininos, co reparto de diñeiro ampliado este ano ao groso das modalidades do piragüismo a nivel feminino, engádelle un aliciente aos clubs de España. No caso dos galegos, co engadido da obriga de manterse nas División de Honra da Liga Nacional de Esprint para poder participar no reparto das subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte.
Advertisement

O As Torres-Romaría Vikinga situouse en Sevilla como o club máis destacado entre os arousáns. Non só por ser o mellor clasificado no cómputo global do Campionato de España de Inverno, senón por entrar nos podios sénior e, sobre todo, no sénior feminino da primeira proba puntuable da Liga Nacional de Esprint. En ambos os dous casos, cun terceiro posto. No sénior, con 1.013 puntos, polos 2008 do E.P. Aranjuez e polos 1966 do K. Tudense. No sénior feminino, o máis interesante a nivel de reparto de premios en metálico ao termo da tempada, con 469 puntos, polos 577 do E.P. Aranjuez e polos 504 do Círculo Labradores Sevilla; o Breogán rematou aquí duodécimo.

La Voz de Galicia