Carta publicada no Buzón do Lector. LA VOZ DE GALICIA, 16/10/08
En varias ocasións, durante o primeiro trimestre de 2007, este concelleiro solicitoulle ó anterior alcalde que resolvera dar de baixa do padrón de habitantes de Pontecesures a unha familia que vivía na rúa Burato de Taragoña (Rianxo) e que era veciña súa (o ex alcalde é residente nese municipio dende hai anos).
A acusación fixérase porque estimei que era un empadroamento fraudulento realizado por razóns electoralistas no piso 3º D da Avenida de Vigo nº 18 de Pontecesures (piso de titularidade dunha tía do Sr. Álvarez Angueira), xa que a familia non vivía en Pontecesures, e que ninguén coñecía os empadroados nin no propio edificio nin na propia vila. A resolución sobre este empadroamento tivo lugar, curiosamente, poucos días antes de pecharse o momento censal para formar parte do censo electoral que rexiu nas eleccións locais que tiveron lugar en maio de 2007.
A pesar das queixas, diante do concello e doutras institucións, a familia quedou empadronada e aínda sen coñecela ninguén, emitiu o voto o día 27 de maio pasado como non podía ser doutra maneira. Lamentablemente participaron nos comicios locais de Pontecesures persoas de Taragoña (dúas en concreto) alleas completamente á noso concello.
Pois ben; como dita familia seguía sen residir en Pontecesures, tramitouse un expediente de baixa de oficio onde está acreditado mediante informes e con testemuñas de veciños que esa familia non tivo a residencia en Pontecesures. Deste xeito a Sección Primeira do Consello de Empadroamento do INE de Pontevedra reunida con data 29 de xullo de 2008 acordou emitir informe favorable para a baixa no padrón de habitantes de Pontecesures como así se fixo. Agora ben; os dous votos foron depositados na urna.
Corrixida esta situación, este concelleiro quere comunicar á opinión pública que os feitos amosan que a denuncia era totalmente fundamentada. ? triste que tivera que quedar indefenso ante esta práctica ventaxista e, aínda por enriba, tivera que soportar as descualificacións do ex primeiro mandatario por traballar na precura da verdade dos feitos.
Como conclusión, só queda decir que aquí temos outra razón máis, explicativa do voto dos concelleiros non adscritos na sesión de elección de alcalde o 16 de suño de 2007. Ademáis das actitudes de falla de transparencia, información e respecto cos membros da oposición, temos os 1.249 SMS dende o teléfono do ex alcalde ó mesmo número en seis meses, todavía sen aclarar, a próxima instrucción no Xulgado do subministro imposible de gasoil ó Patrol de Obras, agora o dos empadroamentos.
LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN
(Pontecesures)