Bello Maneiro: «No meu partido non se valora o esforzo que facemos en Valga».

Bello sostén que todos os políticos deberían pasar pola xestión municipal

José María Bello Maneiro
2 de maio de 1949 en Cordeiro
Contable
Casado, ten dous fillos e unha filla
Alcalde de Valga dende 1991
O despacho de José María Bello Maneiro é un espazo, non cabe dúbida, habitado. Os seus vinte anos na alcaldía de Valga encárnanse nunha morea de obxectos e recordos dominados por un televisor de bo tamaño. ? coma unha extensión do propio rexedor, quen accedeu ao cargo cunha candidatura independente que desembocou no PP.
-¿Cantos anos tiña vostede cando entrou neste despacho?
-Tiña 41 anos. Agora estou a piques de cumprir 61.
-¿Non é moito tempo?
-Pois a verdade é que entrei en política de casualidade e, en principio, sen interese ningún, debo recoñecelo. Teño unha experiencia persoal de asistir a un pleno, no primeiro mandato democrático, como público, moi desagradable, con discusións permanentes, insultos e faltas de respecto. Díxenme que nunca estaría en política, e a vida levoume a que non fose así.
-A xente vén falar con vostede e agarda o momento que lle toque. Agora mesmo hai catro persoas esperando. Non parece este un traballo tranquilo…
-Nun Concello a verdade é que nunca se está tranquilo, sempre hai demandas. E máis nestes momentos, non que non se poden levar adiante tantas cousas pola situación económica. O máis preocupante é o paro, a cantidade de familias que pasan polo Concello. ? inquietante ver familias que non teñen ingresos de ningún tipo e non poder facer nada porque un non ten unha variña máxica.

-¿Que pode facer un Concello para crear emprego?
-Nós, por exemplo, fixemos que as empresas que contrataron obras co Concello contratasen persoal de Valga. Nestes anos creáronse así moitos postos de traballo; provisionais, claro, pero polo menos distribuíron ingresos entre as familias. Unha das razóns de que o Concello nos convenios reducise eses empregos a media xornada é, precisamente, unha mellor distribución en época de necesidade.

-¿Lembra a Albino Ferreirós?
-¿Como non o vou lembrar se foi alcalde antes ca min? Supoño que ides polo dos dous peches que se fixeron, un con nós en minoría e outro a partir de 1995. Nun deles botou un cordel pola fiestra para que lle pasasen os bocadillos… Miren, a lectura que fixo de todo iso o pobo quedou ben clara cando lle tocou falar. Aqueles, podo dicilo, foron os peores momentos que eu lembro como alcalde. Ver a mesa do salón de plenos chea de empanadas, coma se fose isto unha romaría. O representante do PSOE, que tiña dous concelleiros, nas seguintes eleccións non quitou ningún.

-A oposición acúsalle de funcionar coma se o Concello de Valga fose seu.
-Foi un mandato de debate, de discusión, pero dun alto nivel no sentido do respecto, coas lóxicas discrepancias, quitando á voceira do PSOE. Ela, simplemente, dedicouse a facer política no canto de tentar colaborar e resolver as demandas dos veciños. Houbo oposición primeiro nas obras da recta de Vilagarcía, un proxecto que se contratou co bipartito na Xunta. O que liderou as mobilizacións vai hoxe de número 2 do PSOE. Tamén co plan xeral pola creación do novo parque empresarial. O BNG votou a favor e foi coherente co que dicía a súa xente na Xunta. Pero o PSOE opúxose. O que liderou a oposición vai no número 3 da súa lista. Eles foron coma aves de rapiña.

-Mais agora muda tamén o candidato do BNG e pode mudar o seu discurso. ¿Vai botar en falla a Rodríguez Touceda?
-Antonio é unha persoa dialogante, moi meticulosa na parte económica. Todo o miraba ao céntimo. E iso a min gústame.
-¿Que opina do seu sucesor?
-Xa foi concelleiro. ? unha persoa moito máis radical.

-A acusación de ser político é curiosa cando a fai unha persoa que leva 20 anos na alcaldía.
-De entrada non me considero político. Estou en política, pero intento non facela nese sentido, esa é a mentalidade do goberno que temos. Nós dedicámonos dende o primeiro momento a coordinar un grupo, que isto fose un equipo e xestionar.

-Por certo, algunha vez ten criticado ao seu propio partido por descoidar Valga.
-No meu partido non se valora o traballo que se fai en Valga. Sígoo mantendo. O noso esforzo non está valorado. Os políticos chegan aos cargos e esquecen que os concellos somos os que facemos o día a día, os que vemos as familias en paro. Terían que pasar pola xestión municipal.

LA VOZ DE GALICIA, 27/04/11

«Non sei por que o alcalde lle ten medo á palabra política».

Carmen Coto candidata do PSOE en Valga.

A aspirante socialista asegura que Bello só pensa xa en «manter o seu trono»

Carmen Coto non se anda con chiquitas á hora de valorar o prolongado labor de Bello.
-Valga é, de partida, unha praza moi complicada para o PSOE.
-Ben, nós temos un equipo moi renovado, especialmente nos primeiros postos. con xente que encabezou plataformas veciñais, no problema da estrada, no problema do polígono, para defender os intereses dos veciños porque o alcalde non o fixo. No caso da estrada de Campaña levaba tres meses co proxecto no caixón e mentíalles aos veciños, dicíalles que non sabía nada, que non tiña o proxecto. Nós negociamos coa delegada, entón Isabel Domínguez, e conseguimos reducir as afeccións, e sobre todo un prezo xusto por metro cadrado. Iso é o que os socialistas fixemos e faremos, defender aos veciños de Valga.
-O alcalde acúsalles a vostedes de facer política.
-Ten graza, ¿e el que é o que fai? Non sei por que lle ten tanto medo á palabra política, pero si sei que Maneiro leva demasiado tempo no poder, perdeu a perspectiva das necesidades de Valga e só pensa nos seus intereses e en manter o seu trono. Non hai máis que ver o xeito no que emprega a radio municipal, ao máis puro estilo de Venezuela. Ten un afán excesivo por controlalo todo, anulando ao resto do persoal do Concello, empezando polos seus propios concelleiros, que sempre son convidados de pedra.
-¿Que sucede coa radio?
-El fala na radio e todo isto semella unha panacea. Maneiro faino todo ben, e a oposición penosamente mal. Pero sucede que nós e o BNG pedimos só media hora para a oposición e se nos nega completamente porque di que queremos facer política. ? unha tomadura de pelo. Se houbese unha democracia real neste concello, a Maneiro non lle debería importar.
-Pero as contas, asegura Bello, indican un Concello saneado.
-El é moito de construír obras no aire, algúns veciños falan de movemento de ladrillo. Esa é unha frase moi significativa. No 2010 aprobou un préstamo de 300.000 euros co informe en contra da interventora. Meses despois pediu outros 400.000 euros, solicitamos tamén o informe da interventora, e ese, sinxelamente, xa non o fixo. ¿Como é posible que diga que é un Concello saneado cando só os préstamos da Deputación andan no millón de euros?
-¿Que pasa co polígono? ¿Non o ven necesario?
-Nós estamos totalmente a favor de que haxa un polígono e de que se ordene a industria dunha vez. Pero as grandes empresas non se van mover, e para as novas temos que buscar un sitio menos prexudicial tanto a nivel económico como paisaxístico, porque no espazo escollido hai xente á que mesmo lle levan a horta por diante, o val de Magariños vai quedar esnaquizado, e os veciños van sufrir nas súas vidas e nas súas propiedades. En Valga hai zona de monte, apartada, que se podería negociar. Iso é o que hai que facer.

-O alcalde di que as obras do Concello crearon emprego.
-Son de dominio público algunhas cuestións pouco explicables. Obras que paga a Xunta, que licita Maneiro e fai sempre a mesma empresa, mesmo fronte a prestixiosas construtoras.

Carmen Coto Lois
10 de setembro de 1962, en Cimadevila
Licenciada en Dereito e Graduado Social. Funcionaria do corpo técnico de Xestión da Administración de Xustiza.
Separada, ten un fillo de 15 anos
Voceira municipal do PSOE. Lidera a candidatura dos socialistas en Valga por segunda vez consecutiva.

LA VOZ DE GALICIA, 27/04/11

El Concello de Pontecesures solicita autorización para sustituir la vieja pérgola del muelle.

Desde el gobierno local informaron de que ayer solicitaron permiso de Portos de Galicia para sustituir la vieja pérgola ubicada en el paseo marítimo, concretamente, en la calle Eugenio Escuredo, porque se encuentra en ??moi mal estado?.

El Concello cesureño explicó que la estructura tiene muchos años y es necesario retirarla, no sólo por su aspecto desvencijado, que ofrece una imagen de abandono, sino también porque puede resultar peligrosa. ??Puntas oxidadas, madeiros carcomidos, algún elemento no chan, etc.?, son algunos de los motivos que enumeró para justificar su petición.

Añadieron que el gobierno local ya dispone de una nueva pérgola para sustituir la actual y, de hecho, su idea era realizar el cambio durante la ejecución de las obras de remodelación del puerto. Sin embargo, estas ??demóranse cada vez máis?, añadieron y han decidido adelantarlo para evitar que algún vecino sufra un accidente.

Y es que, insisten, ??a súa presenza supón unha situación de risco? que quieren atajar lo antes posible. Así, esperan que la jefatura de la zona sur del ente público conteste su petición en el menor plazo de tiempo posible.

DIARIO DE AROUSA, 26/04/11

Tragsa retira 40 toneladas de basura hacinadas en Padrón.

Tragsa empleó maquinaria pesada para retirar la basura acumulada durante siete días.

El Concello amenaza con rescindir el contrato a la concesionaria del servicio

La Pascua padronesa será una fiesta limpia. La huelga de la basura de Padrón empezó ayer otra vez de cero. Una cuadrilla de camiones de la empresa pública Tragsa (dependiente de la Administración) retiró ayer las más de 40 toneladas acumuladas durante los últimos siete días, tras la huelga emprendida por los trabajadores de la concesionaria Global Vampru seis meses después de alcanzar un acuerdo salarial que, al parecer, fue incumplido.
El alcalde padronés, el socialista Camilo Forján, alega «grave risco para a saúde dos veciños» para justificar la intervención de la cuadrilla de camiones de la empresa Tragsa, que en todo momento estuvieron fuertemente custodiados por las fuerzas de seguridad. La operación de limpieza comenzó a las 6.30 de la madrugada y remató a primeras horas de la tarde, y dejó impoluto el centro urbano padronés.
Los trabajadores en huelga sostienen que la intromisión de Tragsa en este conflicto vulnera no solo el derecho de huelga, sino también el reciente auto del Juzgado de Instrucción número 2 de Santiago, que suspendió el decreto municipal «abusivo» de servicios mínimos fijando el juicio para el martes.

«Persecución»
El portavoz laboral David Barrio denuncia la «persecución» a la que son sometidos los trabajadores de la concesionaria, que han visto cómo un acuerdo suscrito en octubre del año pasado, tras una huelga idéntica, «tirárono ao lixo tanto a empresa como o Concello e, agora, andan uns por outros e segue a casa sen varrer».
Los trabajadores, según el citado portavoz, «só exercemos o noso lexítimo dereito e deporemos a nosa actitude cando se cumpra o pactado e firmado», por lo que «responsabilizan» al Concello y a la empresa concesionaria por los perjuicios que se están ocasionando a los vecinos a causa de esta huelga «xusta, pois xa está ben de que se rían dun na cara».
La cuestión es que, al menos hoy, Padrón amanecerá limpio y sin olores desagradables. La coincidencia del mercadillo de los domingos y las fiestas de Pascua ya está prevista por el Concello, que activará la brigada municipal de obras para limpiar tanto el paseo del Espolón como el campo de O Souto, los lugares más concurridos del mercadillo y de las fiestas.
El problema se plantea de cara a los próximos días, para los que el alcalde Forján lo tiene claro: «Hai que deixar pasar as festas e despois están abertas todas as posibilidades, mesmo a de rescindir o contrato coa empresa concesionaria do servizo por incumprimento». De hecho, el Concello padronés ya ha requerido por escrito a la empresa «para que proceda á recollida dos residuos orgánicos acumulados como consecuencia da folga dos traballadores», advirtiendo que el incumplimiento podría ser sancionable con multas de entre 6.001 y 30.000 euros, además «da indemnización dos danos e prexuízos que poidan provocar tales incumprimentos». La pregunta es ahora quién pagará a Tragsa. Y qué sucederá en los próximos días.

LA VOZ DE GALICIA, 24/04/11

El concello exige a la Diputación que solucione la falta de alumbrado en varias calles del casco urbano.

El concello de Pontecesures exige a la Diputación de Pontevedra que adjudique las últimas obras de iluminación de las calles Patifas, Otero Acevedo y San Lázaro, pues se retiró el alumbrado viejo, con unas obras de humanización y ahora están sin luz «coas conseguintes queixas dos veciños, moi xustificadas», indicó el concejal Luis Sabariz.
El edil explicó, que este proyecto, más otro también de iluminación en la calle Calera, forman parte del PID de la institución provincial y están pendientes de contratar a una empresa para que los ejecute algo que «é lamentable. Cos expedientes de contratación elaborados, alguén ten que dar a orde para realizar as consultas ás empresas pero pasan os días, e nin se da unha explicación da demora». Y así se lo planteó al presidente el 2 de abril, sin embargo, «a día de hoxe non obtivemos resposta», y se está «causando un prexuizo moi grave», y para el que «non atopamos explicacións».

DIARIO DE AROUSA, 22/04/11

Las Diputación deja sin alumbrado tres calles de Pontecesures.

El Concello de Pontecesures denunció ayer que la Diputación tiene pendiente de instalar el alumbrado en tres calles del casco urbano que llevan varias semanas a oscuras. Así lo afirma el edil de Relacións Institucionais, Luis Sabariz, después de no haber recibido ninguna respuestas a las peticiones remitidas en un escrito enviado al organismo provincial el pasado 2 de abril.
«Resulta especialmente grave o que está a ocorrer co asunto do alumeado nas rúas Patifas, Otero Acevedo e San Lázaro. Remataron as obras de urbanización cunha actuación do Plan de Investimentos da Deptuación (con visita durante a execución da obras do vicepresidente Durán), e como foi retirado o vello alumeado as rúas están agora a escuras con queixas moi xustificadas dos veciños. Agora non sabemos se hai que instalar un alumeado provisional ou esperar ao novo»·
El concejal tildó de «lamentable» lo que está ocurriendo con la adjudicación de las últimas obras del PID. «Cos expedientes de contratación elaborados, alguén ten que dar a orde para consultar ás empresas, pero pasan os días e nin se dá unha explicación pola demora. Estase a causar un prexuizo moi grave».

DIARIO DE PONTEVEDRA, 21/04/11