Presentan 104 firmas para que retiren las cuadras de A Papelera

Los vecinos, que ayer presentaron su petición por registro en el Concello de Pontecesures, solicitaron también que se hagan las gestiones necesarias para que se conserve el camino peatonal desde el paso a nivel hasta el río Ulla, por la finca de A Papelera, como houbo toda a vida , ya que consideran injusto que la promotora corte esta vía de acceso al río con el cierre que está realizando.

(más…)

Rápida reparación da barreira

[photopress:barreira_rota.jpg,full,centered]
Este domingo, durante a celebración da XI Festa da Lamprea, unha das barreiras do paso a nivel que está na rúa San Lois rompeuse, aparentemente debido ó vento que facía.

Gracias á pronta actuación de Protección Civil e a Policía Local o tráfico de vehículos e o tránsito de peóns estivo perfectamente xestionado. Saia dende aquí o noso *agradecemento pola súa laboura*.

Pouco tempo despois operarios da RENFE repararon a barreira.

Monumento feiras do automóbil

*Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)*

[photopress:feira_do_automovil_de_ocasion.jpg,thumb,pp_empty]No día de hoxe solicitouse á Alcaldía o acondicionamento do monumento conmemorativo das «Feiras do Automóvil» celebradas en Pontecesures no século pasado e que esta situado na rúa San Lois preto do paso a nivel central da vila e coñecido polos vecinos como o «coche de pedra» que presenta na actualidade bastantes deficiencias. Así solicitouse que se realicen as seguintes actuacións no monumento:

# Colocación dun tramo da verxa de protección que falta hai tempo.
# Pintado da verxa na súa totalidade.
# Limpado da pedra da escultura.
# Colocación das letras de faltan na placa conmemorativa.
# Acondicionamento do xardin nos arredores do monumento.

Espérase que os traballos sexan realizados canto antes.

_Pontecesures, 6 de marzo de 2006_
*Luis Angel Sabariz Rolán – Voceiro de ACP*

PPC e POL 2006

Nota da Concellería de Infraestructuras e Relacións institucionais de Pontecesures

O pleno da Deputación Provincial de Pontevedra aprobou o Plan Provincial de Cooperación (P.P.C.) 2006 e o Programa Operativo Local (P.O.L.) 2006 dos concellos da provincia.

Así a proposta deste concello inclúese no P.P.C. a obra de pavimentación de parte da rúa San Lois e da totalidade das rúas Sagasta e Victor García. O importe total da obra ascende a 41.690,17 ? aportando o concello 12.507,06 ?. Este investimento afectará as rúas centrais da vila e así despois de rebaixar o firme pavimentarase o vial que vai dende o paso a nivel central ata a intersección do mesmo coa estrada N-550 e que está en malas condicións xa que foi danado fundamentalmente ó realizar as canalizacións para o gas cidade hai uns anos.

(más…)