De xogar «de nada» a historia dun club.

Fruqui é o fío condutor dunha desas entidades deportivas felices con formar os rapaces do seu pobo.

«Estou adestrando nenos de pais que xa adestrara sendo chavais». José Rodríguez Fructuoso, Fruqui, cumpría hai un mes onte os 51. Unha idade na que a maioría dos integrantes dos corpos técnicos e directivos dun club de baloncesto celebran quizais a súa primeira década de rodaxe. Fruqui vai a medio cabalo entre a terceira e a cuarta. Convertido na personificación do deporte da canastra na súa localidade, Pontecesures, participando en todas e cada unha das versións e etapas dun club enraizado nos anos 80 que nunca, nunca, perdeu a súa esencia e o seu santo e sinal: servir de casa común ás sucesivas xeracións de novos rapaces da vila na que se educar a través do deporte.

Despois de dous anos xogando no C.B. Padrón, un grupo de adolescentes de Pontecesures enganchados ao baloncesto no colexio do seu municipio buscáronse a vida tras a desaparición do club da outra beira do Ulla. Coa axuda de dous profesores do seu antigo centro escolar e da muller do director da oficinal local de Caixanova, que posuía o título de adestradora. Así nacía en 1985 o C.B. Cesures, cun equipo xuvenil. Esa mesma tempada, Fruqui animouse a botarlles unha man a quenes eran os seus compañeiros de quinta escolar. «Entrei de utillero», conta, ocupándose desde o marcador ata labores de vasoira. Coma hoxe, xogaban no pavillón do colexio de Pontecesures, só que daquela ao aire libre e «os equipos cambiábanse nos vestiarios do colexio».

Fruqui, que con anterioridade probara a facer piragüismo e fútbol, acabou no segundo ano enrolado nas filas de xogadores do novo equipo. Pero só «xoguei 2 tempadas», di. ¿De que? « De nada», contesta con humor. «Nunca xogara». Digamos que foi aleiro.

Por aí semella vir a súa predisposición para asumir o marrón que se lles presentou aos pioneiros do baloncesto cesureño cando na segunda tempada do club os tres adultos que respaldaran o proxecto tiveron que abandonalo por traballo. «Eramos rapaces que acababamos de facer os 18 anos. E uns cantos decidimos coller a directiva. Era iso, ou o club desaparecía», conta Fruqui, tesoureiro naquel curso 1987/88 no que tamén foi xogador e mais adestrador. Ao ano seguinte Miguel Miguéns, que aceptara a responsabilidade da presidencia, tamén se tivo que apartar, por estudos, coincidindo coa marcha de boa parte do grupo fundacional. A resposta do noso rostro do deporte foi coller a presidencia, e tirar adiante ao tempo que comezaba a sacarse os títulos oficiais de adestrador, con Pepe Casal e o preparador físico José Andrés, integrantes do corpo técnico do Obradoiro a finais dos 80, como mestres no seu primeiro curso. Gastando 500 pesetas do seu peto de vinteañeiro en fotocopiar unhas fichas de exercicios do OAR que lle prestara un técnico do club ferrolán co que coincidira nunhas xornadas educativas. Era o prólogo a unha nova década, a dos 90, que lle depararía a Fruqui e mais ao baloncesto cesureño unha viaxe en montaña rusa.

Comezaron chegar as alegrías deportivas, clasificando o equipo xuvenil por primeira vez para a Liga Galega, na tempada 1990/91, e medíndose a xente como o no futuro seleccionador español Moncho López, en calidade de adestrador do Narón. En 1991 a estrutura do club traspasouse a Padrón xusto cando comezaba a despegar, cun terceiro equipo de base en capela máis o sénior, polo incumprimento, lembra Fruqui, das promesas de apoio económico do entón alcalde de Pontecesures, José Piñeiro Ares. Un lustro tardou en facer o camiño de volta, co cambio de rexedor animando a un novo grupo de rapaces a recuperar o C.B. Cesures. Fruqui retornou na campaña 1996/97 de Padrón, onde só exercera de adestrador, co seu primeiro ascenso desde Liga Zonal co equipo sénior no peto. Unha efémera experiencia de club mancomunado entre Pontecesures, Caldas e Cuntis (1997/98) e o xurdimento do primeiro equipo cesureño feminino despediron o Século XX, dando entrada a un Século XXI que arrincou coa fusión do C.B. Cesures e o C.B. Concello de Valga no ano 2000.

Con Fruqui ininterrumpidamente desde o final da súa etapa en Padrón en labores de coordinador deportivo e de adestrador en todos estes sucesivos proxectos, o novo club, o C.B. Río Ulla, non deixou de medrar ata tocar teito na campaña 2017/18 cunha ducia de equipos e 124 fichas. Co número de rapazas e de mulleres igualando o de homes no 2010 e superándoo desde mediados da presente década, dándolle a Fruqui unha das súas maiores satisfaccións nestes 35 anos de traxectoria no baloncesto: «Conseguir asentar o equipo sénior feminino durante os cinco últimos anos».

¿Que leva a seguir ao pé da obra a un home que desde a tempada pasada mesmo volveu asumir a responsabilidade dun cargo de directivo -tesoureiro- tras deixar atrás esa ingrata tarefa no 2016? Máis aló de que «me segue a gustar o xogo en si», Fruqui, que dirixe esta tempada un conxunto cadete, confesa que «me gusta ver medrar os rapaces, como xogadores na cancha e como persoas fóra dela». E reconfórtase vendo como, pese a todo, os rapaces e non tan rapaces seguen a sentir o C.B. Río Ulla como a súa casa común, reunindo hoxe oito equipos, incluídos os séniores masculino e feminino, e mantendo 83 das 107 fichas da tempada anterior inda sen un horizonte claro no que se ver competindo outra vez.

FICHA

Persoal

José Rodríguez Fructuoso naceu en Pontecesures o 25 de setembro de 1969. Traballa como técnico de emprego e de desenvolvemento do Concello cesureño.

Traxectoria no deporte

Fruqui leva 35 anos servindo de columna vertebral sobre a que descansaron os diferentes proxectos do baloncesto de Pontecesures.

La Voz de Galicia

La cantera que necesita dignas instalaciones.

Las instalaciones se encuentran al límite de su capacidad. Las instalaciones se encuentran al límite de su capacidad.

Campeones de jóvenes promesas en varias ocasiones tanto a nivel autonómico como nacional, unas 150 licencias federadas en activo y tres palistas en centros de alto rendimiento (Camila Morison en Sevilla y Aarón Giadás y Laura Ríos en Pontevedra). Esos son los datos de los que puede presumir el Náutico de Pontecesures, uno de los clubes de piragüismo de la ría de Arousa con mayor nivel de actividad. Sin embargo, esos datos no van acompañados por la calidad de las dependencias que tienen que utilizar sus palistas.

Situadas a orillas del río Ulla, donde acostumbran a entrenarse casi a diario muchos de los integrantes del Náutfico, el club lleva años aguardando a que se haga realidad una promesa personal del secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, la de ampliar y mejorar sus instalaciones.

«Desde hace mucho tiempo, no contamos con el suficiente espacio para guardar las piraguas, por los que tenemos que recurrir a contenedores, y los palistas tienen que cambiarse en el pasillo muchas veces, ya que no hay capacidad en los vestuarios para ello, y en su interior, tan solo contamos con cuatro puntos de ducha», explica el presidente de la entidad, Ángel Barreiro. Insiste en que «en los últimos cinco años, el club no se ha bajado del podio en la Liga de Jóvenes Promesas a nivel estatal y todo ese esfuerzo y promoción que se hace necesita de un espacio digno para la práctica de este deporte».

Las últimas noticias sobre esa ampliación inducen a la esperanza, ya que responsables del club mantuvieron un encuentro recientemente con técnicos y el alcalde de Pontecesures para perfilar la actuación, pero queda la financiación, y en ese aspecto, Barreiro se agarra a las palabras de Lete Lasa que llegó a «reconocer que existía una deuda histórica con el club». No en vano, insiste Barreiro, «tenemos actividad y resultados para merecernos el cumplimiento de esa promesa».

En lo que respecta a los problemas que ha causado la Covid-19 el club apenas los ha notado. De hecho, apunta Barreiro, «incrementamos el número de licencias en 25». Es cierto que la entidad no pudo desarrollar su programa de captación, que acostumbra a celebrarse en los colegios de los municipios limítrofes entre abril y mayo. «Nos encontrábamos en pleno confinamiento y no pudimos acudir a los colegios, algo que se notó, ya que esperábamos crecer algo más, pero con todo lo que ha pasado, es para estar satisfechos».

Faro de Vigo

O Náutico Pontecesures faise con tres dos catro títulos do Galego de Promesas.

Anos leva o Náutico Pontecesures probándose o mellor equipo do segmento promesas do piragüismo de formación tanto a nivel autonómico como estatal. Non podendo demostralo esta tempada no eido español, a pasada fin de semana o equipo do Baixo Ulla ratificou o seu dominio no Campionato Galego de Promesas da modalidade esprint.

O sábado, na xornada reservada á categoría infantil, o Náutico Pontecesures fíxose coa clasificación xeral feminina sumando 266 puntos, polos 170 do Piragüismo Verducido, segundo, e polos 131 do Ría de Betanzos. Ademais, ese día acabou terceiro na clasificación masculina con 263 puntos, por detrás do vencedor, o Náutico Firrete, con 301, e do Piragüismo Poio, con 277. O domingo o conxunto do Baixo Ulla gañou as dúas xerais da categoría cadete.

Seis podios individuais

A nivel individual, os padexeiros do sur da ría de Arousa fixéronse coa metade dos títulos autonómicos en xogo no Campionato Galego de Promesas. Na categoría infantil, Antón Dorado, do Piragüismo Illa de Arousa, colgouse o ouro no K1 A, con Jairo Zurita, das Torres-Romaría Vikinga, facendo o propio no C1 B e con Natalia Varela, do Náutico Pontecesures, no C1 A.

Pola súa parte, Borja Castiñeiras, do Náutico Pontecesures, e as breoganistas Valeria Oliveira e Carmen Devesa conquistaron os títulos cadetes de canoa, os dous primeiros, e de kayak feminino a terceira.

La Voz de Galicia

Camila Morison bronce en el Autonómico.

El embalse pontevedrés de Verducido sirvió este fin de semana de escenario a la llamada a ser la prueba de esprint más importante de cuantas puedan celebrar en el año del covid-19 los piragüistas gallegos de pista. Unos Campeonatos Gallegos Júnior y Sénior con jornadas de mañana y tarde, reservando el sábado al programa de la categoría de formación y el domingo a las pruebas de los palistas de la absoluta para reducir el contacto entre los cerca de 400 deportistas inscritos.

Dos fueron los piragüistas que acabaron el Gallego con dos títulos individuales en su haber, internacionales y con aspiraciones olímpicas, si no en Tokio, por qué no, con probabilidad en París 2024. Los dos de la ría de Pontevedra. Adrián Sieiro, del Escola Piragüismo Poio, se colgó por la tarde el oro en la final del C1 200 con un tiempo de 41,59 y 62 centésimas de segundo de ventaja sobre Pablo Graña, del Náutico Rodeira de Cangas, y 1,48 segundos respecto a David Barreiro, del Breogán do Grove, que completó el podio. Lo hizo Sieiro tras haber ganado a la mañana con autoridad la regata por el título autonómico del olímpico C1 1.000, en 3.56,34, por delante de los breoganistas David Barreiro y Noel Domínguez, plata y bronce a 1,46 y 3 segundos, respectivamente.

El Breogán do Grove se quitó ambas espinas en la canoa masculina con los títulos en el también olímpico C2 1.000, que se llevaron David Barreiro y Noel Domínguez en 3.51,67, seguidos de sus compañeros de club y campeones del mundo de maratón en el barco doble Diego Romero y Tono Campos, a 4,35 segundos. Los cuatro juntos ganaron la final del C4 500, con el barco del E.P. Poio liderado por Sieiro bronce.

En la canoa encontró también el Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra el sustento para alzarse con el título femenino por equipos del Campeonato Gallego Sénior con 421 puntos, por los 377 del Kayak Tudense y los 266 del tercero, el As Torres-Romaría Vikinga -el Breogán do Grove fue tercero en la clasificación masculina con 262 puntos, con el Tudense campeón con 563 y el Fluvial de Lugo segundo con 265-. Antía Jácome y Antía Otero fueron campeona y subcampeona del C1 200 y 500, con la primera aventajando a Otero en 25 centésimas y 1,10 segundos en una y otra pruebas. Otero se resarciría en la final del C2 500, ganando con su también compañera de club María de la Peña en 2.06,20, seguida de Romero y Da Costa, del Rías Baixas-Boiro, a 1,36, y completando el podio Antía Jácome y Jénifer Casal, a 2,17. Las cuatro canoístas del Ciudad de Pontevedra conquistaron el título del C4 500, con el cuarteto presentado por el E.P. Poio tercero.

El E.P. Ciudad de Pontevedra también celebró el título de Carolina García en la final del K1 500, con un crono de 1.55,43, con la palista del Náutico Pontecesures Camila Morison bronce en 1.59,64 por detrás de Lara Feijoo, del Tudense, en 1.57,08. Otero se llevó además del bronce en el K1 200, mientras que el K2 500 del As Torres-Romaría Vikinga de Carla Frieiro y Fátima Ordóñez se hizo con el bronce antes de colgarse también la plata en el K4 500.

Por lo que respecta al kayak masculino, el internacional tomiñés del Kayak Tudense Roi Rodríguez se llevó los oros de los barcos olímpicos K1 1.000 y K2 1.000, mientras que el campeón olímpico cangués Carlos Pérez, Perucho, ganó el título del K1 200.

La Voz de Galicia

El Náutico de Pontecesures en el Autonómico de Piragüismo.

El Complejo Deportivo David Cal situado en el embalse de Verducido (Pontevedra) acogió el Campeonato Gallego Sprint Sénior y Juvenil sobre las distancias de 1000, 500 y 200 metros en las modalidades de K1, K2 y K4 con triunfo para el Kayak Tudense en hombres con 563 puntos. Por detrás se subían al podio el Club Fluvial de Lugo (265 puntos) y el Breogán de O Grove (262).

Por lo que respecta a la categoría femenina, la victoria final fue para el Club Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra con 421 puntos, mientras que fue segundo el Kayak Tudense (377) y terceri el Club As Torres Romería Vikinga (266).

En la jornada del sábado se disputaron las pruebas de la categoría juvenil, donde el CEP Ciudad de Pontevedra fue el mejor en las dos categorías masculina y femenina. Segundo en hombres fue el Náutico Pontecesures por delante del Fluvial de Lugo, mientras que en mujeres acompañaron al equipo pontevedrés el Ría de Betanzos y Náutico Pontecesures.

Destacan las victorias individuales de Roi Rodríguez (Kayak Tudense) en K1 1000 metros, en la misma distancia Adrián Sieiro se llevó el oro en C1. Fue en la prueba de velocidad de 200 metros en la que el campeón olímpico Carlos Pérez Perucho (Ría de Aldán) ganaba con autoridad en K1, demostrando que todavía le quedan fuerzas para seguir peleando con los mejores. Sieiro volvía a ganar en la distancia corta y Antía Jácome (E.P. Ciudad e Pontevedra) y Sara Ouzande (Tudense) hacían lo propio en C1 y K1.

El Correo Gallego

El Náutico Pontecesures dona mil euros para la lucha contra el Covid-19.

El Club Náutico de Pontecesures es un referente autonómico y nacional de cantera en piragüismo | cedida
El Club Náutico de Pontecesures es un referente autonómico y nacional de cantera en piragüismo.

El Náutico de Pontecesures realizó una donación de 1.000 euros para la compra de material de prevención en la lucha contra la pandemia. La iniciativa atiende la llamada realizada por la Xunta en el programa “Botemos unha man”, un servicio de donaciones materiales y económicas para empresas y particulares con las sumar fuerzas para la lucha contra la pandemia del Covid-19.

“O Club Náutico Pontecesures leva dezaoito anos traballando a través da disciplina deportiva en prol dunha mocidade máis xusta e con hábitos saudables. A supervivencia do noso club neste tempo débese en gran medida ao esforzo e á solidariedade de moitas persoas, empresas, pequenos negocios e particulares que agora están a sufrir non só esta dura crise sanitaria, senón tamén o risco de pechar os negocios polos que tanto loitaron”, explica el presidente del club Anxo Barreiro. “Neste momento que estamos a vivir, dende o club consideramos que é necesario devolver á sociedade a moita xenerosidade e solidariedade que temos recibido nestes anos. Somos conscientes de que as entidades deportivas, como asociacións sen ánimo de lucro que somos,sobrevivimos cunha economía máis que xusta para permitirnos desenvolver a actividade cada ano. Pero na grave situación na que nos atopamos como sociedade non pode ser motivo nin escusa para que non fagamos un esforzo solidario”.

Desde el Náutico Pontecesures animan a cada club deportivo, “na medida das súas posibilidades” a realizar aportaciones económicas “por moi pequenas que sexan” para ayudar “as persoas que máis directamente están sufrindo esta terrible pandemia que nos zona, ou que están a traballar na primeira liña para coidar de todos nós, ou dos nosos pais e avós, poñendo en risco as súas propias vidas”.

Desde el club cesureño, referente autonómico y nacional de cantera, consideran que el las entidades deportivas deben dar un paso adelante “por insignificante que poida semellar unha soa achega dun club humilde”, ya que entienen que es la suma de muchas “si pode ser de gran axuda”. De momento han dado el primer paso, tras realizar las gestiones a través del gabinete de recursos económicos del Sergas en Santiago, aportando 1.000 euros “para que o organismo o dedique á compra de material de prevención ou ao que se precise na loita contra esta pandemia”.

La línea de colaboración que eligió el Náutico Pontecesures fue a través del servicio de donaciones habilitado por la Xunta, pero el presidente Anxo Barreiro explica que “calqueira outra pode ser igualmente de gran axuda”, esperando que otras entidades no solo deporte náutico sino de otros en Galicia se suman a la cauda con gestos solidarios en estos momentos de crisis.

Diario de Arousa