Padrón une o seu potencial para chamar a atención dos turistas.

O catálogo titulado ‘Padrón. Camiño e destino’ xa o difundiu Padrón no mes de xuño en Silleda entre os profesionais do sector turístico. 

Padrón. Camiño e destino é o título do catálogo co que o Concello padronés se está a promocionar entre touroperadores, axencias de viaxes e outros profesionais do turismo de cara a difundir todas as posibilidades que o municipio lles ofrece aos visitantes para gozar da súa historia, patrimonio, gastronomía ou actividades de lecer, sen esquecer por suposto as experiencias que se poden vivir no territorio.

A capital do Sar conta con numerosos atractivos descoñecidos para moitos dos visitantes que se achegan á capital de Galicia ou mesmo para os peregrinos que fan o Camiño Portugués e que sempre atopan en Padrón unha agradable sorpresa ó ver un pobo con todo tipo de servizos, patrimonio dabondo, xardíns e ata unha ampla oferta hostaleira.

Este catálogo, que se levou ao Salón Turístico de Galicia de Silleda o pasado mes de xuño, serviu tanto para apoiar as accións que se desenvolveron na propia feira como para enviarlle despois por correo a máis dunha vintena de empresas coas que se estableceron contactos. Ademais, atópase dispoñible para a súa consulta na web de Turismo de Padrón no apartado reservado a profesionais.

Padrón. Camiño e destino recolle información en tres idiomas (galego, español e inglés) sobre produtos turísticos e provedores de servizos que traballan no municipio e céntrase principalmente en catro grandes áreas: recursos ou elementos con interese turístico, produtos ou combinación de recursos, empresas e provedores de actividades e servizos e un directorio de aloxamentos e establecementos de hostelería.

A forte vinculación de Padrón coa lenda xacobea, as súas raigames literarias, os seus atractivos naturais e paisaxísticos ou a riqueza e singularidade da súa gastronomía con produtos únicos como o pemento de Herbón son algúns dos puntos sobre os que se vertebra o catálogo para ofrecer unha completa visión do moito que Padrón lle ofrece aos visitantes independentemente do seu perfil e as súas preferencias.

O Camiño da Pedronía, Santiaguiño do Monte, o Pedrón, as igrexas de Santiago, de Iria e da Escravitude son algúns dos elementos que se destacan, por exemplo, no Padrón Xacobeo. O catálogo ofrece tamén unha ampla información sobre a Fundación Camilo José Cela, a Casa de Rosalía de Castro e ata catro rutas destinadas ás persoas amantes da literatura.

En canto ao Padrón Natural, ademais do Xardín Botánico, recolle a ruta da lamprea do Ulla, a de Bandín ou a da desembocadura do Sar, así como os parques multiaventura e de turismo activo do municipio.

De cara a conquistar aos foodies ou persoas apaixonadas da boa mesa, presenta abundante documentación sobre a denominación de orixe do Pemento de Herbón, as Xornadas da Lamprea, o mercado dominical con produtos de proximidade ou o concurso de tapas.

Capital da comarca do Sar e localizado en pleno Camiño Portugués, o segundo con maior número de peregrinos, o municipio padronés destaca tamén por contar cun amplo abano de servizos de hospedaxe e hostelería que se recollen no catálogo. Un completo directorio con casas de turismo rural, albergues, pensións, hoteis ou restaurantes pechan Padrón. Camiño e destino.O PROTAGONISTA“Queremos ser un destino de referencia”

Image

Antonio Fernández Angueira
Alcalde de Padrón

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, ten claro que “o noso obxectivo é dar un salto cualitativo á hora de atraer visitantes. Queremos que as axencias coñezan todo o que o noso municipio pode ofrecer para convertelo en destino de referencia e que o inclúan nas súas propostas e circuítos. Máis alá de promocionar os numerosos recursos turísticos cos que contamos, a nosa intención foi ofrecerlles aos touroperadores produtos e experiencias combinadas que ademais se adaptan ao perfil de distintos tipos de turistas en función dos seus intereses”.

MEU DITO, MEU FEITO. Bos mimbres. Manuel Boo

TENDO BOS MIMBRES resulta máis sinxelo facer un bo cesto. E Padrón ten mimbres dabonmdo. Ó seu patrimonio monumental, suma a riqueza do val do Ulla coas súas hortas nas que destaca o pemento de Herbón e máis a lamprea e ata os salmóns do su río. Presume de Cela e Rosalía e loita por reivindicar ser a orixe xacobea. No seu Xardín Botánico conta con varias especies destacadas entre as árbores Senlleiras de Galicia, Está comunicado como poucos sitios. E conta con unha oferta gastronómica nos seus locais de hostalaría que é a envexa de moitos. O que hai que aplaudir é que a alguén se lle ocorra agora facer un cesto ó ver todos estos mimbres que levaban durmidos e espallados sen sentido demasiado tempo. Padrón merece ocupar un lugar destacado na oferta turística galega.

El Correo Gallego

Os socialistas cesureños insisten en que debe mellorarse a visibilidade do paso de peóns da rúa Novo Núñez.

No pleno deste luns solicitamos, de novo, que se mellorara a visibilidade do paso de peóns situado na rúa José Novo. O concelleiro de obras respondeu que xa o solicitaría a Carreteras do Estado, que era un proceso lento. Replicámoslle que non era a primera vez que o pediramos, que tivera tempo dabondo para facelo. Xa un pouco alterado -quizás por molestalo por ter que atendernos no pleno-, respostou que «miráramos a hemeroteca», para comprobar a nosa equivocación. Nós, como xente guiadiña que somos, seguimos o seu consello, e resulta que na acta do pleno de xullo de 2021 (fai un ano!), atopamos o que adxuntamos. Pois eso, señor Souto, nós seguimos o seu consello; agora atenda o noso e faga o seu traballo!

Socialistas de Pontecesures

Valga alegará contra o polígono de Pontecesures.

A Corporación de Valga debateu nun pleno extraordinario o proxecto de parque empresarial de Pontecesures que foi aprobado inicialmente pola Xunta e se atopa en período de información pública. Na sesión aprobáronse, por unanimidade, as alegacións que presentará o Concello, que se ve afectado por este proxecto xa que os terreos nos que se pretende instalar o polígono son lindeiros co termo municipal valgués.

As alegacións centráronse en dous aspectos: a xestión da auga e a existencia de dotacións públicas especialmente sensibles ao carón do futuro parque empresarial (centro de saúde; PAC con garda as 24 horas, gardería, colexio de Baño, IES de Valga, centro de FP, equipamentos deportivos, centro para persoas con discapacidade).

En canto á primeira cuestión, piden que as canalizacións de recollida de pluviais non se realicen a través de condutos que dirixan a auga cara o regato do Soutiño, na Devesa, un punto crítico en canto a desbordamenteos no que durante anos foron frecuentes as inundacións. Noutra pídese que a dotación das infraestruturas necesarias para o parque, especialmente as relacionadas coa xestión da auga, se resolvan nos terreos de Pontecesures.

El Correo Gallego

Valga oficializa su preocupación por el polígono de Pontecesures.

Vecinos en el salón de sesiones de Valga durante el pleno en el que se aprobaron las alegaciones al polígono.

PP, PSOE e independientes se unen para poner condiciones al proyectado parque empresarial.

Por increíble que pueda parecer, a tenor del histórico enfrentamiento que mantienen, PP y PSOE de Valga adoptan una postura coincidente a la hora de rechazar el proyectado polígono industrial del Concello vecino de Pontecesures.

Faro de Vigo