Reitérase a denuncia de contratacións a dedo logo de comprobar o expediente.

NOTA DO CONCELLEIRO DE PONTECESURES LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN

O pasado mércores consultou este concelleiro o expediente de contratación de dous traballadores con cargo a unha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para arranxar danos causados polas choivas do pasado outono.

Lémbrase que a solicitude para a consulta fíxose o 6 de marzo pero o alcalde non autorizou a mesma ata agora baseando a demora na posible perturbación das oficinas municipales (razoamento totalmente absurdo, pois o expediente permaneceu inalterable nunha mesa durante todo este tempo).

(más…)

Programa Electoral do Partido Popular de Pontecesures

pp_pontecesures_folleto-1.jpg
70 PROPOSTAS PARA UN NOVO PONTECESURES

UN CONCELLO QUE ESCOITA

* Queremos que o noso Concello sexa, ante todo, lugar de encontro e servizo os cidadans. Un concello dinámico, moderno e eficiente sin caciquismos nin despachos polos que os cidadans teñan que pasar obrigatoriamente.
* Queremos un Concello con políticos honrados, eficaces , traballadores e de Pontecesures. Corrupción e Democracia son incompatibles.
* Faremos públicas na páxina web do Concello, ao día seguinte de acordarse, todalas adxudicacións de obras municipais, convenios urbanísticos e subvencións.

(más…)

O sábado 19 Festival Folclórico na Plazuela.

Terá lugar ás 20 horas do sábado 19 de maio o Festival Folclórico de Música Tradicional «Letras Galegas 2007» no que actuarán os seguintes grupos:

* Rancho Folclórico Penacova de Coimbra (Portugal)
* Algueirada de Pontecesures
* L’Artusu de Mieres (Asturias)
* Xarandeira de Pontecesures

Organiza o evento o concello de Pontecesures e colaboran a ANPA do CPI Pontecesures, a A.C. Xarandeira e a Deputación de Pontevedra.