Fallecíó José Maneiro García

A los 68 años de edad, falleció el pasado viernes este vecino de Porto, casado con Rosario Campos Domínguez. Sus restos mortales, después del oficio religioso celebrado en la Iglesia de Pontecesures, fueron incenerados en la intimidad familiar ayer sábado.

Descanse en paz.

Visita ao peirao de Pontecesures de dúas conselleiras.

Remata o día coa visita da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a Presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, que, a bordo de tres catamaráns, visitaron o peirao de Pontecesures despois da etapa de Navega o Camiño que saíndo do Porto deportivo de Vilagarcía chegou ata Concello de Pontecesures, nunha vía marítima e fluvial que está chamada a convertirse en referente no turismo náutico.

Juan Manuel Vidal Seage

EXCELENTES RESULTADOS NA CAMPAÑA DE TRAMPEO CONTRA A VESPA VELUTINA NO CONCELLO DE PONTECESURES.

O pasado 15 de Marzo dou inicio unha campaña de trampeo para o control da vespa velutina.

Dividido o termino municipal en 4 zonas colocáronse un total de 70 trampas distribuídas uniformemente e nos lugares axeitados para unha maior eficacia nas capturas das raíñas.

ZONA 1: Condide-Paxareira-Carreiras

ZONA 2: Toxa-Grobas-Fenteira-O Castro-San Xulián

ZONA 3: Centro da vila-Zona peirao

ZONA 4: Sur e Norte de Porto-Redondo

Na primeira recollida das trampas correspondente ao período Marzo-Abril capturáronse 280 raíñas velutinas.

Dita cifra incrementouse na segunda revisión correspondente ao período Maio-Xuño no que xa se levan capturadas 325 raíñas velutinas.

Son unhas excelentes cifras de capturas, xa que superan a día de hoxe os 600 exemplares que, doutro xeito, darían lugar a máis de 600 niños primarios no noso concello.

O número de chamadas ao concello reduciuse considerablemente este ano coa implantación de estes trampeos, aínda así, tan importante coma o trampeo primaveral é a retirada dos posibles niños que xurdan ata o mes de outubro para evitar a fin do ciclo biolóxico da especie.

Para elo lembramos que a comunicación de niños de velutina farase a través do teléfono 012 do servizo de recollida de avisos de niños de vespa velutina ou no teléfono do Concello 986-557125

INICIANSE OS TRABALLOS PARA A COLOCACIÓN DOS NOVOS PANTALÁNS NO PEIRAO DE PONTECESURES.

No día de onte deron inicio os traballos de pilotaxe para a colocación dos novos pantaláns no peirao cesureño. Unha pontona colocada na zona fronte ao Espazo cara a Ría está a levar a cabo estes traballos.

Está prevista a colocación de novos módulos no pantalán do Club Náutico que  permitirá unha maior operatividade e fluidez nas actividades que se levan a cabo na instalación municipal,  xa que se trata de embarcacións de 5.20 metros a máis pequena e as características actuais do pantalán solo permiten embarcar dous deportistas ao mesmo tempo, producindo un enorme atasco ao inicio e fin dos adestramentos e práctica de deportes de auga.

Por outra banda, tamén se prevé a colocación dun novo pantalán para dar servizo ao transporte de viaxeiros que será ubicado fronte á Praza de Abastos de Pontecesures.

Recentemente, a EPE de Portos de Galicia autorizou a prestación de servizos regulares ao pasaxe no porto de Pontecesures coa finalidade de atender e dinamizar a demanda turística de navegación recreativa polo río Ulla e, especialmente, o roteiro de peregrinación fluvial do Camiño de Santiago na Variante Espiritual do Camiño Portugués e a recentemente presentada ruta do Mar de Santiago.

Na actualidade, os viaxeiros que chegan a Pontecesures están a facer uso do pantalán de uso pesqueiro existente, o cal non garante condicións de seguridade para os pasaxeiros dende o punto de vista de prevención de riscos aos usuarios, polo que procede separar os usos en diferentes instalacións, mellorando ademáis a imaxe do peirao cesureño ao contar con un pantalán específico para pasaxe de cara ao previsible incremento de embarcacións que teñan en Pontecesures porto de destino e orixe para travesías polo río Ulla e ría de Arousa.

CORTE DE AUGA NA XORNADA DO XOVES 3 DE XUÑO.

Na xornada do XOVES 3 de XUÑO levaránse a cabo obras de mellora na rede de subministro de auga, o que pode ocasionar cortes de auga e/ou perda de presión. Esta situación pode afectar a todo o termo municipal de Pontecesures, principalmente nas zonas:

  • Porto.
  • Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García (marxe esquerdo en dirección a Padrón).

A duración aproximada das obras será dende as 9.00 ás 13.30 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.