O BNG aposta pola planta de reciclaxe de Lousame que da servizo a Pontecesures.

Publicado por Redacción en

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixiu ao Goberno do Estado “implicación” para adaptar a planta de reciclaxe de Lousame á directiva europea e que “se comprometa cun modelo de reciclaxe e exemplo de vangarda en Europa”.

Así mesmo, o deputado demandou aclaracións tras a nota recibida nos municipios que conforman a Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza co cambio da Subdirección Xeral de Economía Circular do MITECO, enviada pola Xunta de Galicia, “na que o Ministerio parece apostar pola incineración”, afirmaron dende o partido nacionalista.

Segundo explicaron, dita mancomunidade, que presta servizo a 9 concellos da Coruña (Lousame, Brión, Ames, Noia, Porto do Son, Muros, Carnota, Rois e Pontecesures), conta cun “modelo de compostaxe de proximidade pioneiro no Estado español que supón un motivo engadido para o seu mantemento”.
Neste sentido, Nestor Rego asegurou que “en contraposición ao sistema de tratamento que promove o Goberno galego, executado por Sogama, a planta de Lousame recupera 51.1 quilogramos por habitante cada ano. Fronte a iso, o modelo da incineración da Xunta de Galicia só recupera 13.1”, subliñou.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.