Ás 20:00 horas comezará o xoves, 20 de agosto, a misa rezada na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Rematada a mesma, pouco antes das 20:30 horas, será trasladada en procesión a Porto a imaxe de San Roque acompañada polo grupo folclórico cesureño Algueirada por mor da celebración das festas do lugar.
Sin Categoria
O ESPECTÁCULO DE NOVO CIRCO ??TOTUM REVOLUTUM? ESTARÁ O M?RCORES 19 DE AGOSTO EN PONTECESURES.
A Compañía Pistacatro Productora de Soños trae o vindeiro mércores 19 de agosto o seu espectáculo ??TOTUM REVOLUTUM? a Pontecesures, ás 20.30 horas na Praza dos Valeiros de Porto.
TOTUM REVOLUTUM é unha disparatada viaxe a través das diferentes modalidades de circo, dende os clásicos ós contemporáneos pasando polos rexistros máis de rúa e participativos.
Todo comeza coma un show máis de rúa … pero uns problemas técnicos obrigarán ás nosas personaxes a desenvolverse noutros rexistros dando lugar a unha mostra única de novo circo contemporáneo de rúa e das técnicas acrobáticas.
Esta actuación enmarcase no Programa Cultura no Camiño confinanciado pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Concello de Pontecesures.
https://www.facebook.com/l.php?u=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DDJj2r_4nTd4&h=KAQGjJBQM
Sin Categoria
Finou Moncho «O Caseiro».
Aos 81 anos de idade, finou o veciño de Porto, Ramón Muñíz Castroagudín, viúvo de María Manuela González Vieites. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Ás 17:45 horas do día de hoxe, 8 de agosto, terá lugar a misa «corpore insepulto» na Igrexa de Pontecesures. Os restos mortais recibirán logo sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.
Sin Categoria
«Son galego 100 %; so faltou que me puxeran Santiago».
Si se le pregunta a Ricardo Lafuente de donde es, responde rápido: «Primeiro de Porto, Pontecesures. E logo de Galicia». Ricardo tiene un bar en Padrón que se llama, faltaría más, Bar Galicia. Era su ambición durante los largos años que pasó en Andorra buscándose la vida: «Non hai nada como Galicia. Eu o valorei cando estaba alí e agora que estou aquí». Galegofalante, Ricardo opina que la principal palabra del gallego es «morriña»: «? unha palabra que noutros idiomas non existe», matiza.
Ayer cumplió 40 años, unos pocos más que la actual autonomía: «Para min, claro, é o día máis importante do ano. E non so porque sexa o meu aniversario, senón porque é o día da patria. So faltou que me puxeran Santiago». Dice que, si tiene un hijo, le pondrá ese nombre, aunque su niña, que cita cada poco, se llama Letizia: «Gustoulle á miña muller». Calculaba Ricardo a principios de semana que tendría que pasar su cumpleaños trabajando, que para eso tiene un bar: «Teño que atender o negocio», aunque no descartaba cerrar un poco antes para ir a ver los fuegos artificiales a Santiago.
Sobre la idiosincrasia del gallego, Roberto piensa un momento antes de elegir lo que más le gusta y lo que menos: «O que máis, o traballadores e calados que somos. E o peor, o das escaleiras, porque é verdade que non se sabe si subimos ou baixamos».
¿Se siente más español que gallego, al revés…? «Son español porque o pon o meu DNI, pero eu son galego cen por cen», sentencia.
La Voz de Galicia
Sin Categoria
Morreu «Pepe o Barcalés».
Aos 81 anos de idade, morreu o veciño de Porto, José González González. O velorio está instalado na sala 3 do Tanatorio Iria Flavia de Padrón.
O funeral «Corpore Insepulto» terá lugar o venres 24 de xullo, ás 18:30 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Os restos mortais serán logo incinerados na intimidade familiar.
Descanse en paz.