Porto cultural e deportivo 2009.

Sábado, 15 de agosto.
A partir das 17 horas, na Praza dos Valeiros, terá lugar o Torneo Gran Prix Mixto.

Luns, 17 de agosto.
Ás 22 horas, terá lugar a proxección dunha reportaxe especial: «Alfombras Corpus 2009».

Martes, 18 de agosto.
Ás 21:30 horas, na Praza dos Valeiros, haberá teatro coa obra: «Contigo pan e cebola» representada pola Escola de Teatro de Valga.
Ás 22:30 horas, proxectarase a película «O bosque animado» que foi rodada en Galicia e está protagonizada por Alfredo Landa.

Mércores, 19 de agosto.
Ás 18:30 horas, disputarase no peirao a VII Regata de Dragóns «Trofeo Electrónica Couselo»

Ás 22:30 horas Terémos a actuación dun Grupo.

Xoves, 20 de Agosto.

A partir das 21.00 horas Tradicional MEXILLONADA, amenizada polos grupos Algueirada e Xarandeira de Pontecesures, e a continuación bailaremos con LOS ESPA?OLES e CAPITOL.

Venres, 21 de Agosto.

Pola mañá procesión , misa, puxa e traca!!!!

A partir das 23.30 horas, Lume de Viqueira con LOS TROBADORES E SAT?LITES

Programa das Festas de San Roque de Porto 2009.

DÍA 19 DE AGOSTO
Pola noite gran verbena cun grupo que se anunciará oportunamente.

DÍA 20 DE AGOSTO
Pola mañá, disparo de foguetes anunciando a Festa.
Pola tarde, actuación da charanga e dos grupos folclóricos Xarandeira e Algueirada de Pontecesures.
Ás 22 horas, capachos de mexillóns para todos coa tradicional XX Gran Mexilloada (2.200 quilos) acompañada con 575 litros de viño de barrantes do bo e cervexa.
Pola noite a mellor verbena, coas mellores orquestras neste momento:
Los Españoles
Capitol

DÍA 21 DE AGOSTO
Ás 8 da mañá, levantarase a todo Porto co disparo de foguetes.
Ás 10 da maña, alborada coa Banda de Música Cultural de Arcade (actuación patrocinada polo Concello de Pontecesures e pola Deputación de Pontevedra).
Ás 12 horas, saída da procesión de San Roque dende a a Praza dos Valeiros.
Ás 12:30 horas, Misa Solemne na Igrexa Parroquial cantada polo Coro A Barcarola de Pontecesures.
De seguido, Gran Poxa de Ramos e Tradicional Traca.
Ás 20 horas, concerto da Banda Cultural de Arcade.
Pola noite, festa para todos…todas con:
Los Satélites
Los Trovadores

Na madrugada do domingo, un vehículo foise contra unha zona axardinada no peirao de Pontecesures.

Sobre ás 6 da madrugada do domingo, 2 de agosto, o Seat León 9532-GCV, guiado por un veciño de Pontecesures, chocou contra un pequeno xardin instalado por Portos de Galicia, onde estaba situada antigamente a caseta das oficinas do peirao que fora derrubada hai un ano. Non houbo danos persoais, pero a zona axardinada quedou algo danada. movéndose varias pedras das inmediacións.
Comunicouse a circunstancia a Portos de Galicia, para que a compañía aseguradora repare os danos canto antes.

A Asociación Cultural de Porto convida á corporación á Misa e á procesión do San Roque.

A procesión sairá o día 21 de agosto, venres, ás 12:00 horas da Praza dos Valeiros. Ás 12:30 horas terá lugar a Misa Solemne na Igrexa de Pontecesures. A Asociación Cultural San Roque de Porto convida á alcaldesa e a todos os membros da corporación cesureña a estes actos, e a compartir cos membros da directiva un viño galego que será servido no Bar Choco, ás 13:30 horas

Jornada maratoniana de la comisión del tren.

Los integrantes de la comi­sión de defensa del tren de cer­canías Vilagarcía-Santiago con prolongación a Lavacolla vivi­rán el próximo jueves, día 30, una jornada maratoniana de en­cuentros. Y es que los tres gru­pos parlamentarios gallegos han citado a los representantes en esa jornada. Las entrevistas ten­drá lugar en la rúa do Hórreo de Compostela.

El primer encuentro lo man­tendrán con el PP, representado por Manuel Rivas y Alejandro Gómez Alonso. Será a las 10.30 horas. La segunda entrevista se­rá con el grupo parlamentario del BNG, con Carlos Aymerich y Teresa Táboas como interlocu­tores (11.00 horas). Y la última de las reuniones la tendrán con el grupo socialista que estará re­presentado por la portavoz ad­junta Mar Barcón (11.30 horas).

El objetivo: entregarles el ma­nifiesto de defensa de este tra­yecto ferroviario con 135 años de antigüedad y solicitar el apoyo correspondiente para que la per­manencia de la línea de proximi­dad sea una realidad. Se trata, en definitiva, de sumar apoyos para una causa común.

A las tres reuniones estarán citados los representantes de los diez municipios que integran la comisión (Catoira, Vilagarcía, Valga, Pontecesures, Padrón, Rois, Teo, Ames, Santiago y O Pino), además de la Asociación Española de Amigos del Ferro­carril. Los integrantes de esta entidad se muestran muy esperanzados en conseguir los apoyos «oportunos das administracións, para poñer en valor unha liña ferroviaria que ten 135 anos de antigüedade», manifiestan en un comunicado de prensa.

En este sentido, apuntan que los pueblos que integran las comarcas del Sar, Ullán y Mahía «non poden quedar sen o servizo ferroviario» con la entrada en funcionamiento del tren de alta velocidad.

«Preténdese que haxa un tren tranvía con numerosas paradas (Osebe, praia de Vilarello, Campaña, Torres do Oeste, Bamio, Carril, Hospital Provincial de Santiago, etc…) e que chegue ao aeroporto de Lavacolla», recalcan apuntando que éstas «son as verdadeiras cercanías».

EL CORREO GALLEGO, 26/07/09

O cesureño Marcos Ferro, terceiro na carreira de burros do Santiaguiño.

Longa vida aos burros e, con elo, longa vida ao derbi asnal que dende hai 49 anos se celebra en Padrón na véspera do 25 de xullo. «Esta e a atracción do Santiaguiño», dicía onte unha das miles de persoas que se congregaron no Paseo do Espolón para presenciar a carreira, na que participaron un total de 14 animais. Outros tres non pasaron a ITV, polo que foron descalificados antes de empezar a proba por non estar en boas condicións físicas.
Sen dúbida, a carreira atrae cada ano a máis público e tamén a máis corredores, este ano chegados de puntos tan dispares coma Melide, Abegondo, Val do Dubra, Cesures, Valga, Allariz, Catoira Carracedo e, por suposto, de Padrón. Despois de tres voltas de 500 metros cada unha, o gañador indiscutible foi Francisco Porto Parrado, de Melide, cun burro que correu rápido coma un cabalo. En segundo lugar quedou Antonio Aradas Regueira, de Abegondo e, de terceiro, Marcos Ferro Rodríguez, un neno de 11 anos de Extramundi que foi o gañador da edición anterior.
Todos os participantes recibiron 35 euros por animal e 6 por xinete. A maiores, o gañador levou 90 euros; o segundo, 60 e o terceiro, 40, ademais de trofeo, todo elo entregado polo Concello do Padrón. «Estou contento de vir e máis contento aínda de gañar», declarou o vencedor ao remate da proba, na que quedaron descalificados dous concursantes por pegarlle ao burro cunha vara. «Hai que saber que como o xinete e que come o animal para correr desa maneira» bromeaban entre o público en alusión ao gañador que, por certo, sacou o sombreiro ao pasar pola liña de meta. Fronte a velocidade do burro vencedor estaba a pachorra doutros animais que se tomaron a proba en «plan paseo». A tope de velocidade ou con calma, o certo é que os animais foron quen de atraer a atención de miles de persoas, moitas das que non dubidaron en sacar a cámara de fotos para inmortalizar o momento ou, se cadra, para ter unha imaxe dun animal que cada vez é máis raro de atopar. Ao final, unha carreira limpa, rápida e divertida que confirmou que é unha aposta segura na tarde do 24 de xullo para atraer público a Padrón.

LA VOZ DE GALICIA, 24/07/09