Na mañá de onte recibimos a visita do Delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López Dieguez, e o delegado de Infraestructuras da Xunta, para falar das subvencións aos concellos destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración.Entre outros asuntos comentamos a problemática que xa vimos arrastrando durante tanto tempo no que se refire as canalizacións de saneamento que verten directamente ao río Ulla e que agardamos poder empezar a dar pasos en firme a fin de mellorar a imaxe do noso río e en definitiva da nosa fachada portuaria no marco das inversións que se están levando a cabo para visibilizar o potencial turístico da nosa vila.Tamén aproveitamos para amosarlle a Praza de Abastos e a Casa da Lamprea, da que confesou ser un gran apaixonado…
O candidato do BNG, terceiro pola esquerda, na praza de abastos.
O cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas, defendeu en Padrón medidas para incentivar o comercio deproximidade e impulsar o consumo de produtos locais para reactivar a economía das cidades e vilas galegas.
Acompañado da concelleira nacionalista en Padrón, Bea Rei, o concelleiro en Dodro,Xoán Bautista, e membros do BNG da comarca; o candidato nacionalista visitou apraza de abastos e comercios da vila onde mantivo encontros cos propietarios epropietarias dos negocios .
Rivas destacou as vantaxes do pequeno comercio, as prazas e os mercados, praza de abastos e comercios da vila onde mantivo encontros cos propietarios epropietarias dos negocios .
Rivas destacou as vantaxes do pequeno comercio, as prazas e os mercados“con produtos frescos e galegos”. Mercados, dixo, que precisan apoio e incentivos. Insistiu na necesidade de seguir poñendo en marcha a rehabilitación dos mercados e a peatonalización de espazos públicos que favorezan a actividad comercial.
O pasado luns 20 de abril, o BNG propuxo na comisión de seguimento do COVID-19 as seguintes medidas:
– Proporcionar mascararillas reutilizables para os rapaces. – Ubicar nas entradas á praza de abastos dous dispensadores de xel desinfectante.
Hoxe, o alcalde, ven de publicar que adoptará ambas medidas en breve. Dende o BNG, sentímonos moi satisfeitos pola posta en marcha destas aportacións que redundan no beneficio de tod@s.
Espectáculo promovido pola Asociación Española Contra o
Cancro de Ourense (AECC Ourense) no programa de actividades “Camiño de
superación”, enmarcado nunha serie de accións no Camiño de Santiago e
subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Convocatoria “O teu Xacobeo” encamiñadas á paulatina
recuperación psicosocial e de saúde de persoas que están no proceso de superar
o cancro.
O mago Deimi
está a acompañar nestas datas a un grupo de persoas desta asociación (50
aprox.) no Camiño Portugués,
dende A Guarda ate
Santiago de Compostela,baixo a
acción denominada “Unha ruta
ao alcance de todas e todos”.
O percorrido, nos días 5, 6 e 7
de novembro de 2019, atravesará
os municipios de Oia, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Pontecesures e
Ames, incluíndo visitas de interese cultural, artístico e natural.
O día 6 de
novembro a ruta chega a Pontecesures donde pernoctará o grupo. Na
Praza de Abastos daraselle a benvida ás persoas que fan o Camiño, este acto
incluirá a actuación do mago Deimi e unha mesa redonda de experiencias de 4-5
participantes no Camiño. Esta actividade vai ser aberta ao público xeral, para
que a vecindade da zona poida acudir e participar connosco; e tamén para
achegar ao resto da poboación unha mensaxe de superación e de concienciación do
cancro, á vez que transmitimos
á sociedade unha visión esperanzadora na que grazas aos progresos na ciencia, á
prevención e aos coidados, cada vez hai un maior número de persoas que curan a
enfermidade.
Exposición “O CAMIÑO POR MAR” sobre a viaxe do barco “NAOMH
GOBNAIT”, a historia duns amigos que fixeron a travesía a remo entre IRLANDA e
GALICIA. 10, 11 e 12 de outubro na Praza de Abastos de Pontecesures.
Presentación e apertura da exposición:
Xoves 10 de outubro ás 10.00 horas na Praza de Abastos.
Neste acto de presentación estarán presentes:
Juan Manuel Vidal Seage, Alcalde de Pontecesures.
Manuel Lara Coira, Presidente de BUXA (Asociación Galega do
Patrimonio Industrial).
Anxo Angueira, Presidente da Fundación Rosalía de Castro e membro da
Asociación Cultural DORNA DA ILLA DE AROUSA.
Raimundo Vázquez Iglesias, Concelleiro de Cultura de Pontecesures.
Cabe destacar que tamén se expoñerá unha embarcación tradicional dorna (de nome “Roxiña”), que foi cedida
para este evento pola Asociación Cultural DORNA DA ILLA DE AROUSA.