Reclaman el plus de tóxicos por manipular en Servia residuos peligrosos // Si no les escuchan, no habrá recogida en Navidad.
El comité de empresa de la planta de tratamiento y recogida de basura
de Servia (Lousame), la segunda más eficiente de Europa, anunció la
convocatoria de una jornada de huelga el sábado 7 de diciembre que
afectaría a nueve municipios -siendo el más poblado Ames- si no se les
aplica íntegro el plus de tóxicos.
Asimismo,
y en caso de no ser escuchados en las negociaciones del convenio
colectivo, ampliarían a otras fechas navideñas del mismo mes. El paro
afectará a todos los municipios usuarios: Ames, Rois, Brión, Lousame,
Noia, Muros, Carnota, Porto do Son y Pontecesures, y responde a la
negociación de las condiciones laborales. Según Paulo Rubido,
representante da CIG -presente junto a otros de CC OO y UGT-, ya se
había advertido a la empresa FCC que gestiona las instalaciones de la
posibilidad de ponerse en huelga si no se corrigen «as diferenzas que
existen nesta planta respecto dos outros centros de tratamento de lixo
de Galicia», explicaba.
En tal sentido, también apuntó que con el convenio colectivo que
proponen pretendían cumplir con lo que recoge el estatal, incluido el
plus de tóxicos del 25 % para todos los trabajadores del sector, «co
agravante de que, nesta planta, existe un contacto máis directo, dado
que a separación faise manualmente», ya que son las propias trabajadoras
las que seleccionan los residuos a mano.
En concreto, la misma fuente indicaba que a pesar de llevar ocho
meses negociando tanto con la empresa como con la presidencia de la
Mancomunidade do Barbanza, en manos del regidor noiés,
«desgraciadamente, as posicións seguen enormemente lonxe», lo que
condena a parte de la plantilla a subsistir como mileuristas, ya que de
ese plus, apenas cobran en la actualidad 70 €, cuando deberían abonarles
en torno a 250 euros al mes en doce pagas, según recoge la normativa
estatal.
Otro tema que salió en la comparecencia es la espinosa cuestión de la renovación de la flota de camiones, ya que, de veinte vehículos, apenas están operativos cuatro. Muchos superan además los 700.000 kilómetros, si bien todos los presentes estuvieron de acuerdo en que se está encauzando la cuestión, que achacaron a que, cuando se sacó la gestión de la planta, se acordó que fueran los municipios, y no FCC, quien repusiese la flota. Y en cuanto a la producción de compost, también aportaron que podría convertirse en la mejor de las plantas con apenas unos ajustes y concienciación.
Por motivos alleos ao Concello de
Pontecesures –folga na empresa concesionaria FCC- na xornada do sábado 7 de decembro non se prestará o
servizo de recollida de lixo.
Tendo en conta que o 6 de decembro é
festivo nacional (día da Constitución) e que o 8 é domingo, serán en total 3
días sen servizo de recollida de lixo. Por isto, dende o concello solicitamos a
colaboración de tódol@s veciñ@s para evitar a acumulación de residuos nas nosas
rúas.
Recoméndase depositar as bolsas do lixo
nos colectores o xoves 5 de decembro pola mañán, o antes posible para que se
recollan nesa xornada; e non volver a facelo ata o luns 9 de decembro salvo que
sexa estrictamente necesario.
O equipo de goberno municipal considera
que seguindo estas recomendacións non haberá incidencias importantes no servizo
polo que agradece a colaboración veciñal.
La edición número 13 de la Andaina Bisbarra do Sar fue presentada por
los tres alcaldes Antonio Fernández de Padrón; Ramón Tojo de Roís y
Javier Castro de Dodro, concellos que organizan, junto al Colectivo
Remonte, la prueba de 50 kilómetros con más participación de Galicia y
esperan superar los 600 participantes de este año. Precisamente hoy se
abre el periodo de inscripción.
Se
disputará el sábado 28 de marzo y podrá hacerse con y sin retenciones
en los controles. El recorrido, con nueve kilómetros totalmente
inéditos, pasara por: aldeas típicas, pazos, adros, iglesias, beirarrúas
naturaís, veredas de cuatro ríos, carballeiras,… Al dividirse en 3
anillos dará la opción de hacer tramos sueltos (13, 17 o 20), pero solo
los que completen la prueba tendrán derecho al diploma valedero para la
Copa Galega de Andainas.
La prueba saldrá de Padrón por el Jardín Botánico hasta Luáns, Casa
Grande da Retén, siete kilómetros para llegar a Herbón y adentrarse
otros 5.000 metros por los márgenes del Ulla que llevaran a los
andaregos por Cortiñas y Morono, iglesia de Pontecesures y rematar en
Padrón. Un tramo de 17 Kilómetros.
El segundo bucle transcurre hacia Lestrove, seis kilómetros de monte
hasta Traxeito, monte San Gregorio, O Mirador, Piedras del Santiaguiño,
bosque del Convento del Carmen y Padrón. Son 13.000 metros.
En el último tramo se suben las escaleras del Santiaguiño y por el monte se llega a Infesta, paseo rio Rois por las dos márgenes, Contimundi, A Peruca, playa Fluvial Seira, campo de golf y descenso por la orilla del Sar hasta la llegada en la plaza de Macias, para un total de 20 kilómetros.
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de
Xénero. Por este motivo, o Concello de Pontecesures ven de organizar ao
longo desta semana diferentes xornadas de concienciación e sensibilización
dirixidas a todo o alumnado do CPI de Pontecesures a fin de espertar o espírito
crítico dos máis novos e novas contra a violencia machista.
Ademáis,
convidamos a toda a veciñanza de todas as idades a tomar parte no acto que se
vai celebrar o próximo sábado día 23 de
novembro na Plazuela no que se lerá un manifesto en sinal de repulsa por
esta lacra social e se procederá a unha “solta” de globos moi especiais para
recordar ás victimas deste mal que atenta contra os dereitos máis fundamentais
das mulleres.
Este
acto contará tamén con acompañamento músical.
¡¡¡Animádevos e traede tamén aos máis pequech@s!!!
A Fundación Laxeiro expón o traballo do artista como caricaturista satírico na prensa.
A esquerda. o debuxo preparatorio da viñeta rematada.
Carlos Maside (Pontecesures,
1897-Santiago, 1958) é un dos artistas galegos máis recoñecidos da
primeira metade do século pasado, cunha traxectoria na que conviviron as
vangardas, a renovación do realismo e o popular máis alá do
folclorismo. Pero, como ocorre cos creadores singulares, Maside cultivou
diversas facetas, como, no seu caso, as colaboracións en prensa, que se constitúen en eidos de interese propio. Ocorre así coas corenta pezas que forman a mostra Carlos Maside e o debuxo satírico, que manterá aberta a Fundación Laxeiro na súa sede viguesa entre este venres e o 19 de xaneiro.
A proposta baséase na escolma
de corenta bosquexos e debuxos preparatorios das viñetas que Maside
publicou entre os anos 1927 e 1936 no xornal vigués El Pueblo Gallego, procedentes dos fondos do museo que leva o seu nome en Sada. A formulación da mostra ofrece un dobre interese: dunha banda, o espectador pode pescudar no proceso creativo de Maside, do debuxo á viñeta rematada; doutra, o contexto social e político no que se insire o traballo do artista, xa que a exposición reproduce as páxinas nas que se publicaron as achegas gráficas de Maside.
Ademais, a montaxe documenta a versatilidade do artista dentro das limitacións de espazo e os condicionantes impostos polos formatos xornalísticos. Así, Maside desenvolvíase tanto na viñeta, na que facía crítica política e social, como na caricatura -políticos ou personalidades culturais que estaban de actualidade- e na estampa popular, case sempre centrada en mulleres e oficios.
Outra
evolución que permite seguir a mostra é a das influencias patentes na
viñeta xornalística no primeiro terzo do século XX, onde eran notables
as pegadas de Castelao e Bagaría.
Maside vaise desprendendo do modernismo dominante nos inicios,
achegándose máis á sinxeleza e precisión que xa formaban parte do seu
repertorio como artista. Da súa estadía como bolseiro en París, entre
1926 e 1927, trae novas técnicas, aprendidas dos vangardistas, como o raiado para acentuar volumes ou o contraste lumínico, así como outras que incorpora do gravado.
A mostra compleméntase cun vídeo realizado pola comisaria, Rosalía Pazo Maside, cunha escolma doutras viñetas, tamén de prensa, pero distintas ás que forman a exposición. Maside tamén colaborou con El Sol, Libertad ou Galicia, entre outros.
Cúmprese o desexo de Maside e o seu legado exhíbese en Santiago
Máis de sesenta anos despois cumpriuse o desexo de Carlos Maside de que a súa obra ficase en Compostela. A emoción encheu por momentos o Comedor do pazo de Fonseca na inauguración da exposición coas vinte e unha obras que forman o legado Maside, que foi adquirido o pasado ano polo Consorcio da Cidade de Santiago e que agora se exhibe ao público.
As
palabras de agradecemento a todos aqueles que fixeron posible o
cumprimento do desexo do artista foron constantes nas intervencións,
destacando que non fora tarefa doada culminar o proceso para que trece
óleos sobre lenzo, tres gouache e catro debuxos a lapis que Maside pintou entre os anos 30 e 50, se convertesen en patrimonio da cidade compostelá. «É
un día dunha gran satisfacción. Por unha parte, porque Maside forma
parte do patrimonio cultural de todos os galegos, e, por outra, porque é
a culminación dun proceso que comezou no ano 1958 con Antonio Baltar ao
fronte como testamenteiro de Maside para que a súa obra ficara en
Santiago», asegurou Asunción Leiceaga, en representación da Plataforma
Maside, que foi unha das entidades que estivo traballando para o
cumprimento deste desexo. Nese sentido, agradeceu á familia do artista
«polo criterio que seguiron da venta do legado, que foi primar a vontade do pintor de permanecer en Compostela».
Xulio Maside Rodríguez, que
falou en nome da familia do artista, incidiu en que «foron moitas as
portas que houbo que abrir para que a vontade de Carlos se
materializase». Ademais, lembrou que o artista era un galeguista e «o que se ve na súa obra é Galicia. Quixo elevar á máxima expresión o que consideraba fermoso do seu país».
O
legado Maside, que durante os últimos anos estivo depositado na
Fundación Granell despois de que a familia o sacase de Vigo no 2014, foi
adquirido polo Consorcio de Santiago -integrado polo Goberno Central, A
Xunta e o Concello- por algo máis de 430.000 euros, cunha achega da
Deputación da Coruña por importe do 50 %. Precisamente, esta
colaboración entre diferentes administracións e entidades foi un dos
feitos nos que fixo fincapé o alcalde, Martiño Noriega, ademais de
engadir que «damos por ben investido todo o esforzos». Pola súa parte, a
vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, afirmou que «non se podía permitir que estes 21 cadros acabaran repartidos por diferentes puntos». O reitor da USC, Antonio López, asegurou que a Universidade síntese «honrada de colaborar neste proxecto de país».
Nas vinte e unha obras do legado hai algunhas moi destacadas, como a das Tendeiras ou a da Costureira. Poderán verse de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.