Actos na honra da Virxe do Pilar en San Xulián

Organizados pola Asociación de Veciños San Xulián de Requeixo celébranse estos actos que son os seguintes:

CULTOS NA HONRA DA VIRXE DO PILAR:

Do 3 ao 11 de outubro Misa e Novena as 7 da tarde. Oficiante, Reverendo D. Arturo Lores Santamaría (Párroco de Pontecesures).

FESTIVIDADE DO PILAR, 12 DE OUTUBRO:

* As 10 da mañá pasarrúas do Grupo XARANDEIRA de Pontecesures.
* As 12 Misa Solemne na Capela de San Xulián cantada polo coro BARCAROLA de Pontecesures.
* A continuación Tradicional Procesión pola rúa do Pilar.
* O remate da Procesión actuará o grupo O PEDR?N de Padrón.

Preguntas que formula a ACP ao alcalde para que resposte hoxe no pleno.

PREGUNTAS QUE FORMULA O CONCELLEIRO DA ACP AO SR. ALCALDE DE PONTECESURES PARA RESPOSTAR NO PLENO ORDINARIO DO 27-09-06.-

PREGUNTA Nº 1.-Manifesta vostede o día 24 de setembro nos medios de comunicación que este concelleiro molesta, persoalmente ou por teléfono, e interrumpe as tarefas diarias do técnico de emprego, arquitecto, axentes de policía, secretaria, bibliotecaria e demáis empregados engandindo que os traballadores déronlle as queixas polo meu xeito de proceder. ¿Podería dicirme qué traballadores concretos queixáronse ante vostede?.

(más…)

O alcalde propón as festas locais para 2007 cando ten que facelo o Pleno.

Dende a Delegación da Consellería de Traballo solicitaron ao concello de Pontecesures que propuxera, coma tódolos anos, as dúas festas locais para publicar nos xornais oficiais concedendo un prazo que remata o 20 de setembro.

O artigo 2º do Decreto 130/2006 da citada consellería polo que se determina o calendario laboral para 2007, contempla que as dúas festas locais serán determinadas polo delegado de Traballo, a proposta do Pleno dos respectivos concellos.

A pesar da claridade da norma, o alcalde Sr. Alvarez Angueira, mediante resolución de 08.09.06, e antes de delegar as funcións do cargo na 1ª tenente de alacalde entres os días 9 e 14 de setembro por disfrutar dun período de vacacións, decide pola súa conta fixar as festas locais sen esperar a pleno algún e sen consultar coa oposición para nada este tema.

Sen entrar a valorar a súa decisión (fixou como festivos locais o 8 de xaneiro San Xulián xa que o propio día que é o 7 cae en domingo, e o día 2 de xullo Luns do Carme) resulta sorprendente que o alcalde incumpla a normativa privando ao pleno (no que por certo está en minoría) de facer a proposta sobre as festas locais.

A ACP denuncia que o alcalde xa leva dous plenos ordinarios sen comparecer e nos que o goberno municipal non propuxo acordo algún. Evita o debate, non quere respostar ás preguntas, non da cumprimento aos acordos adoptados e agora priva ao máximo órgano colexiado do concello que decida un asunto previsto na normativa.

Esta e a capacidade de diálogo e de tolerancia da que fala o Sr. Alvarez Angueira. Quere dirixir a xestión de xeito unilateral sen contar con ninguén despreciando aos representantes das outras forzas políticas que forman parte do pleno da corporación.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

A ACP denuncia que se está a desviar e a entubar un regato preto da rúa Sagasta sen autorización algunha.

O día 5 de setembro este concelleiro apreciou que obreiros da empresa do promotor Constantino Taibo Tojo estaban a realizar unha obra de cambio do curso dun cauce natural (se estaba colocando unha tubaría de 50 cms.) por onde coreron sempre as augas que baixan de San Xulián, fundamentalmente en tempos de choiva, e no tramo máis próximo á rúa Sagasta onde o promotor pretende construir un edificio de vivendas (xa preto da desembocadoura do regato no río Ulla).

Este cauce está grafiado e contemplado no PXOM e así este concelleiro sostén que tanto o cauce como a zona adxacente son de titularidade pública non entendendo que o promotor pretenda a desviación para apropiarse do terreo do cauce natural para construir enriba do mesmo, trasladando o regato a unha futura zona de cesión.

(más…)

Medio Rural invierte 100.000 euros en la pavimentación de pistas de Pontecesures

El delegado de la Consellería de Medio Rural, Amadeo González Constenla, visitó ayer Pontecesures para conocer in situ las actuaciones que su departamento tiene previsto llevar a cabo, a partir del próximo mes de noviembre, en este municipio y que supondrán una inversión de 100.000 euros. En concreto, se interesó por las obras previstas para acometer la ampliación y pavimentación de la segunda fase del Camiño do Couto, la subida al Castro de San Xulián y la pista de Condide. El delegado estuvo acompañado por el alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira .

EL CORREO GALLEGO 31/08/2006