Comeza, para a semana, a construcción da beirarrúa polo talud da nacional.

A vindeira semana o Servizo Provincial de Estradas do Estado do Ministerio de Fomento comezará os traballos de construcción dunha beirarrúa na marxe do talud da Nacional N-550 partindo do cruce de San Xulián (dirección Vigo-A Coruña, marxe dereito). Nunha primeira fase, a beirarrúa chegará ata o número 32 da propia nacional (é a ruá Jose Novo Núñez neste tramo) e logo antes de fin de ano completarase dita beirarrúa ata a intersección coa estrada autonómica PO-214 Pontecesures-Baloira. Ademais da beirarrua vanse recoller cunha tubaría de sección axeitada as augas pluviais procedentes do talud.

Entre os números 22 e 24 deste tramo da nacional e respectando a distanza regulamentaria á curva, instalarase un paso de cebra cun semáforo de pulsar para garantir a seguridade dos peóns.

Esta actuación de seguridade viaria é moi demandada pola veciñanza, sobre todo do lugar de San Xulián para acceder ao centro da vila e foi solicitada en moitas ocasións polo concello.

Esta concellería quere agradecer a este órgano da administración do estado a realización dun investimento de tanta necesidade.

Pontecesures, 12/02/09

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro delegado de relacións institucionais

Morreu María García Pedrosa, veciña de San Xulián.

Aos 72 anos, morreu hoxe María García Pedrosa, dona de José Miguéns Turnes, e veciña da Rúa do Castro nº 6 de San Xulián. Era xubilada de Nestlé.
O cadáver está a ser velado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá martes, día 10 de febreiro, ás 17:45 horas sairá a comitiva fúnebre ata a Igrexa Parroquial de Pontecesures onde ás 18:00 horas terá lugar a misa funeral. Logo recibirá sepultura María no camposanto municipal de Condide.
Descanse en paz.

El derribo de una casa en ruinas permitirá ampliar los viales públicos en San Xulián.

Vivienda del lugar de San Xulián que será derribada tras autorizarlo Patrimonio.

La Comisión Territorial de Patrimonio Histórico, en una reunión celebrada el día 3 de febrero, autorizó el proyecto presentado por el Concello de Pontecesures para proceder al derribo de una casa en ruinas, lo que permitirá ampliar los espacios públicos en la zona de San Xulián.
El inmueble está situado en la Subida de Requeixo y se encuentra en la zona de afectación del Castro de Pontecesures, de ahí que fuera necesario un pronunciamiento de Patrimonio. tiene 105 metros cuadrados y era propiedad de la familia Doce Limeres que, en agosto de 2008, la cedió al Concello. Con su derribo se resolverán en parte los problemas derivados de la falta de espacios públicos en esta zona ya que el gobierno tripartito procederá a ahora a ensanchar esta calle, algo que vienen reclamando desde hace tiempo los vecinos puesto que la estrechez del vial causa problemas para el acceso de vehículos.

El gobierno cesureño indicó que acometerá con ??celeridade? el derribo y saneamiento de este espacio ??para beneficio de todos?. Además agradecen a la familia Doce Limeres la cesión gratuita de esta propiedad: ??? un xesto noble de colaboración desinteresada co Concello e cos veciños que todos debemos valorar?.

DIARIO DE AROUSA, 06/02/09

A Barcarola celebra a festa de Santa Águeda o sábado 7 de febreiro.

A asociación de amas de casa cesureña celebra esta festa que comezará cunha misa na Igrexa Parroquial ás 18:00 cantada polo coro da agrupación.
O mesmo coro deleitará aos asistentes cunhas cantigas (habaneras, popular, etc…) no Centro Social (Camiño de San Xulián nº 4 baixo) cando remate o acto relixioso. Posteriormente neste recinto haberá merenda e baile, anunciándose agasallos para as socias.
Solicítase aos participantes unha colaboración de 3 ?. Información e inscricións: Mercería Carmen, Parafarmacia de Pontecesures ou teléfono 986-557369.

Morreu Pepe «O Soqueiro».

Aos 73 anos, finou está mañá José Jamardo Cascallar, que fora taxista de Pontecesures moitos anos e que estaba domiciliado na Avda. de Arousa de Pontecesures.
O cadáver vai ser velado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón, de onde sairá mañá día 29 de xaneiro ás 16:00 horas para a Igrexa Parroquial de Pontecesures. Logo da misa funeral ás 17:00 recibirá sepultura no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.