Despois de moitos anos, haberá de novo procesións de Semana Santa en Pontecesures.

Serán dúas procesións simultáneas que terán lugar o día de Venres Santo ás 11 horas.
Unha, coa imaxe de Cristo, sairá do Cruceiro de Carreiras co seguinte percorrido: Subida a Carreiras, interior de Infesta, Pino Manso, rúa do Castro, Camiño de San Xulián e A Plazuela.
A outra, coa imaxe da Virxe Dolorosa, sairá da praza dos Valeiros de Porto co seguinte percorrido: rúa Deputación, rúa Portarraxoi, rúa San Lois e A Plazuela.
Despois do encontro das dúas procesións na Prazuela, ás 12 horas o Pai Isorna (franciscano) pronunciará o «Sermón das sete palabras».

O Xoves Santo á Misa Solemne será ás 19 horas e a Hora Santa ás 22 horas. Os oficios de Venres Santo serán ás 19 horas, e a Solemne Vixilia Pascual do Sábado Santo será as 21:30 horas dese día.

San Lázaro sale en Pontecesures.

Pontecesures acogió antaño una leprosería, y San Lázaro era el abogado de aquellos enfermos que malamente encontraban cura, y mucho menos comprensión entre sus conciudadanos.
Ahora San Lázaro tiene su propia romería en la villa cesureña, y cada año que pasa recibe a más y más fieles que realizan sus ofrendas, aportando sus limosnas y tratando de acariciar la imagen del santo o llegar al agua bendita con ramas de mirto (deben conservarse hasta el año siguiente) o cualquier tipo de prenda o pañuelo, tanto de tela como de papel.
El domingo pasado volvió a ocurir, llegando a ser varios cientos las personas que desde las ocho de la mañana a las ocho de la tarde pasaron por la iglesia de San Xulián de Requeixo para asistir a alguna de las misas oficiadas. No faltaron las rosquillas y otros productos típicos de cualquier romería que se precie, como tampoco los momentos difíciles para algunos a los que costaba soportar semejante aglomeración de gente.

FARO DE VIGO, 11/03/08

Día da socia de «A Barcarola».

O sábado día 8 de marzo a Asociación de Amas de Casa «A Barcarola» celebra o día de Santa Agueda e así haberá unha misa ás 18 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures cantada polo coro da asociación. Despois no Centro Social (Camiño de San Xulián nº4 baixo) o mesmo coro interpretará varias cancións populares galegas, habaneras, etc…. Rematado o canto haberá merenda e baile solicitando unha colaboración de 6 â?¬ ós/as asistentes.

A asociación convida tamén a asistir ás non socias.

As inscricións pódense facer na Mercería de Carmen, na Parafarmacia ou chamando ó número 986-557369

Vaise arranxar o camiño da Factoría.

No día de hoxe estanse a realizar traballos de limpeza deste camiño que discorre preto do edificio do Alfolí (tamén da explanada máis próxima ó paso a nivel de FF.CC.) para botar nos vindeiros días unha capa de zahorra compactada co fin de arranxar o firme.
Este camiño presenta, dende hai tempo, un estado lamentable que motiva queixas de moitos veciños, sobre todo de San Xulián, que pasan a cotío polo mesmo. Realmente as pedras soltas que ten, dificultan considerablemente o camiñar.

Cortado o paso do camiño peonil que, por baixo da N-550, une a antiga Casa Castaño coa rúa Cantillo de San Xulián.

Na mañá de hoxe, procedeuse a colocar una cinta na entrada e saída do túnel, prohibindo o paso de persoas. As pedras do petril da estrada nacional (o da marxe dereita, dirección Vigo-Santiago) están movidas por mor dunha colisión dun vehículo, e pode desplomarse algunha sobre o paso peonil.
Espérase que mañá o persoal de mantemento da Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, leve a cabo os traballos de arranxo deste muro de protección, co fin de que quede expedito o camiño.