Despois de moitos anos, haberá de novo procesións de Semana Santa en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Serán dúas procesións simultáneas que terán lugar o día de Venres Santo ás 11 horas.
Unha, coa imaxe de Cristo, sairá do Cruceiro de Carreiras co seguinte percorrido: Subida a Carreiras, interior de Infesta, Pino Manso, rúa do Castro, Camiño de San Xulián e A Plazuela.
A outra, coa imaxe da Virxe Dolorosa, sairá da praza dos Valeiros de Porto co seguinte percorrido: rúa Deputación, rúa Portarraxoi, rúa San Lois e A Plazuela.
Despois do encontro das dúas procesións na Prazuela, ás 12 horas o Pai Isorna (franciscano) pronunciará o «Sermón das sete palabras».

O Xoves Santo á Misa Solemne será ás 19 horas e a Hora Santa ás 22 horas. Os oficios de Venres Santo serán ás 19 horas, e a Solemne Vixilia Pascual do Sábado Santo será as 21:30 horas dese día.


5 comentarios

decesures · 16-03-2008 a las 10:25

Pareceme boa idea pero Sabariz onde poderiamos preguntar se se pode participar ou algo?
na igrexa?

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-03-2008 a las 10:29

Non o sei. Imaxínome que a información será facilitada polo párroco.

O Rei · 16-03-2008 a las 14:31

¿Pero que máis información queres, «decesures»? Dinche lugares e hora de inicio. Para participar nunha procesión simplemente hai que querer ir. Non fai falla nin motivo, simplemente «fe».

decesures · 16-03-2008 a las 18:02

Sabariz soubo a qué me referia…
quero informacion para participar nela
non para vela, e supoño que se hai unha procesion habera que mirar antes quen hai ou quen non hai.

decesures · 16-03-2008 a las 18:41

a procesion claro que a verei pero noutros lugares o que fan e coller a xente para participar… non sei como será esta procesion , se preguntaba era para saber se se podía participar en algo nela.

Sabariz pregunteite a ti porque pensei que o saberias non foi por outro motivo pero xa lle preguntarei ó párroco,moitas grazas de todas formas.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.