Entroido 2007. Premios do concurso de disfraces para nenos celebrado onte na Plazuela.

Categoría de 0 a 3 anos:

1º «A nena do exorcista». Uxía Gerpe
2º «A familia Simpson». Grupo
3º «A nena dos paxaros». Elena Ranz

Categoría de 4 a 8 anos:

1º «A costureira». Lucía Pardal
2º «O grupo das Bratzs». Grupo
3º «O cempés». Santiago Gándara

Categoría de máis de 9 anos:

1º «Fairy estropajo». Belén Barral e Angela Caamaño
2º «A farola». Alicia Silva
3º «Mariposa». Raquel Lafuente

O festival foi organizado polo concello e o xurado estivo composto por Isabel Silva (A.C. Xarandeira), Cecilia Tarela (A Barcarola) e Dolores Agrasar (ANPA do CPI Pontecesures).
Os premios consistiron en vales para adquirir material escolar e foron entregados polo alcalde, a primeira tenente de alcalde e a concelleira de cultura.

Hoxe teatro infantil

Hoxe venres día 16 ás 18 horas o grupo «TALIA TEATRO» representará no Centro Social de Pontecesures a obra «MUNDOS CONTADOS» con entrada libre e gratuita. Organiza o acto o Concello de Pontecesures a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago e S.A. de Xestión do Xacobeo e a Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Ficha da Obra:

Autora: Paula Carballeira

Directora: Paula Carballeira

Elenco: Marta Ríos

Público: Todos os públicos

Sinopse: Din que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela. Din que a Terra tamén é un mundo, pero se nela viven milleiros e milleiros de persoas, en realidade a Terra son milleiros de mundos diferentes. De entre todos eses mundos, Samba vai escoller uns poucos para contarnos as súas historias. Son, polo tanto mundos contados, mundos que existen, dende hai moito tempo. Algúns permanecen, outros non. O que si conservamos son os seus contos. Xa se sabe, mentres hai memoria� hai esperanza.

[Imaxe e información da obra www.igaem.xunta.es]

Grave accidente de tráfico en O Pino. Un cesureño implicado.

Na mañá de hoxe nunha curva da zona de Ameal, no termo municipal de O Pino, un Audi A3 guiado por una muller colisionou cunha furgoneta da empresa «Espina y Delfín» na que ían tres traballadores que se dirixian a Touro. Faleceu o traballador que ía no asento do copiloto, de 44 anos e natural de Bueu. Resultaron feridos os outros dous traballadores da furgoneta e a conductora do Audi.
A furgoneta ía guiada polo cesureño e traballador de «Espina y Delfin», Rufino Diz García, que vive na rúa Ullán 52 (é o home de Mª Teresa Gil García que traballa na biblioteca de Pontecesures). «Rufo», como así o coñecemos, está ingresado no Hospital Clínico de Santiago e, o parecer, ten contusións múltiples en cara e pernas pero o seu estado non reviste gravidade. Envíolle unha mensaxe de ánimo que fago extensiva á súa familia.