Esteiro do río Ulla, un espazo natural de privilexio.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nacido a máis de 400 metros de altitude, a partir de Padrón o río Ulla baixa nunha longa chaira fluvial con amplas zonas de xunqueiras, carrizais e vexetación palustre, formando unha paraxe e gran beleza. No curso de río a corrente deposita a acumulacións de area, curioso fenómeno coñecido coma Lombos do Ulla. A beira do río e as outras zonas húmidas pódense visitar seguindo os carreiros que parten desde diferentes lugares como Vilar ou Campaña. O Ulla foi porta marítima de entrada a Santiago de Compostela, e na parroquia de Oeste consérvase unha mostra da arquitectura militar galega do tempo das invasións viquingas, as Torres de Catoira, declaradas Monumento Nacional. Remontando o Ulla dende Catoira aprézanse extensas chairas de carrizais (Phragmites australis), medio natural dun gran número de aves como o Rascón de Auga (Rallus acuaticus), Galiña de Río (Gallinula chloropus) e a invernante Becasina Cabra (Gallinago gallinago), procedente do norte de Europa.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 07/11/07 Columna «A Escapada»


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.