El proyecto del parque comarcal de bomberos nace envuelto en polémica

La iniciativa impulsada por los alcaldes socialistas suscita recelos en el resto de regidores

El proyecto que impulsan los cuatro alcaldes socialistas de Ulla-Umia para crear un parque comarcal de bomberos nace rodeado de polémica. La iniciativa que los regidores de Moraña (José Eiras), Catoira (Alberto García) y Cuntis (Fátima Monteagudo), junto a la concejala de Caldas Begoña Castro, trasladaron el pasado martes al conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, no fue bien recibida por el resto de políticos del territorio, pese a contar de entrada con el beneplácito de la Xunta.
(más…)

Mañá domingo día 7 Festa na honra do Patrón San Xulián.

O programa de actos é o seguinte:

* As 10,45 horas : pasarrúas polo grupo «Algueirada» da ANPA do CPI Pontecesures.
* As 13,00 horas : Misa Solemne na Igrexa Parroquial.
* As 19,00 : Concerto de Corais na Igrexa Parroquial. Actuarán a Coral Polifónica de Urdilde (Rois), a Coral Polifónica Virxe de Guadalupe de Santiago e a Coral da Asociación «A Barcarola» de Pontecesures.
* As 21,00 horas : Gran Verbena amenizada polas orquestras IMPACTO e NOVA MODA. Segundo as últimas informacións a verbena celebrarase na xona do Pino Manso preto do CPI Pontecesures.

Lémbrase que o luns día 8 é festivo local en Pontecesures. Así foi declarado polo concello como un dos dous festivos locais en 2007.

A Fundación Castelao celebra en Bonaval o cabodano 57 do galeguista

A Fundación Castelao conmemora mañá en San Domingos de Bonaval o 57 cabodano do artista e político galeguista.

Nesta ocasión, os actos non se van limitar á ofrenda floral na súa tumba no Panteón de Galegos Ilustres, prevista para as 13.00 horas. Unha hora antes e nas dependencias do Museo do Pobo, os responsables da fundación presentan o libro Castelao e a cerámica, do que é autor Xoán Guitián.

O libro, editado pola fundación, aborda a relación do rianxeiro coa cerámica a traveso da empresa de Pontecesures Cerámica Celta, empresa fundada en 1925 por Ramón Diéguez a partires da que funcionará ate entón como Cerámica Artística Gallega, de Eugenio Escuredo. Nas setenta páxinas deste libro, Guitián documenta a relación entre Castelao e Ramón Diéguez coa reprodución de cartas que o intelectual e político lle dirixira ao empresario falando do seu interese por colaborar «na creación dunha cerámica». E dá conta das pezas que chegaron a facer deseñadas por Castelao e que reproducen debuxos del.

:: La Voz de Galicia ::