Rafael Randulfe foi elexido o sábado presidente do Partido Popular cesureño, cargo que xa ocupaba en funcións dende fai uns anos. Agora, co apoio dos afiliados, céntrase en prepara-la estratexia de cara ás eleccións municipais de maio do 2007, nas que ve complicado que nin o seu partido nin calquera outro poida acadar a maioría absoluta. Considera que a actual situación do Concello, con un goberno de coalición en minoría, é insostible , polo que ve con bos ollos unha posible moción de censura contra o alcalde nacionalista, Manuel Luis Álvarez Angueira, como fórmula para lavar a penosa imaxe que dende o seu punto de vista se está a transmitir da vila nos últimos tempos.

DIARIO DE AROUSA 03/10/2006