Circulares informativas do CPI Pontecesures
CIRCULAR DIRIXIDA AOS ALUMNOS DA ESO.
Lembrámosvos que o vindeiro venres día 24 de novembro terá lugar a elección de representantes do alumnado para a renovación do consello Escolar. Neste caso renovarase, como xa explicamos, 1 representante alumno/a dos 3 que lle corresponden.
Os candidatos/as presentados e proclamados pola Xunta Electoral son: Teresa Caldelas Lorenzo, Irene Campos Loureiro, Diego Castro Lestido, Enrique Fernández Vázquez, Borja Lorenzo Lafuente, Ismael Llerena Moreiras, Javier Magán Sanmiguel e David Núñez Gerpe.
Podedes votar todolos alumnos/as da ESO e na papeleta de votación debedes marcar só un dos oito candidatos presentados.
A votación terá lugar na biblioteca do centro en horario de 10,20 a 12,00 horas.
CIRCULAR DIRIXIDA AOS PAIS E NAIS.
Lembrámosvos que o vindeiro luns día 27 de novembro terá lugar a elección de representantes de pais/nais para a renovación do Consello Escolar. Neste caso renovarase, como xa vos explicamos, 1 representante pai/nai, dos 3 que lle corresponden.
As candidatas presentadas e proclamadas pola Xunta Electoral son: María Isabel Eitor Castro e María Isabel Rey García.
Poderá votar o pai e a nai ou os titores legais dos alumnos/as que figuren no censo (de non ser así poderán reclamar ata o día anterior ás votacións) e deberán marcar na papeleta de votación unha soa candidata.
A votación terá lugar na biblioteca do centro en horario de 13,15 ás 19,00 horas e deberán traer o DNI ou documento acreditativo con foto.
Pontecesures, 21 de novembro de 2006
Mª José Suárez Guzmán
Directora do Centro
4 Respuestas a “Circulares informativas do CPI Pontecesures”
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.


