NOTA DA AGRUPACIÓN CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

Dende que se celebraron as festas de Porto en agosto pasado permanece un tramo da beirarrúa da rúa dos Namorados (nas proximidades da praza dos Valeiros) coas lousas completamente destrozadas. Esta beirarrúa foi danada polos camións das orquestras ao non soportar o peso.

Transcorriron 5 meses dende as festas e aínda non foron arranxados os daños. Ademáis do prexuizo aos veciños, dáse unha sensación de abandono dun espazo da vía pública moi negativo para o noso concello.

Noutros anos tamén houbo os mesmos danos na rúa dos Namorados, pero, alomenos, se repararon cunha celeridade razoable tras realizarse as xestións oportunas.

Polo exposto, prégase ao alcalde que se fagan todo tipo de xestións con urxencia para que o firme da beirarrúa sexa arranxado nos vindeiros días.

Pontecesures, 23 de xaneiro de 2007

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures