O Faiado recupera parte do instrumental usado polos facultativos rurais

Publicado por Antonio Cortés en

saude.jpgA sede da asociación artesá e etnográfica O Faiado 2 de Boiro acolle ata comezos do mes de abril unha exposición sobre algúns aspectos destacados da historia da medicina durante o século XX. Entre os contidos que se poden ver nesas dependencias destaca o instrumental empregado por un médico rural nas décadas dos 40 e 50, principalmente. Se se compara este material co que se usa na actualidade, pódese comprobar o aspecto rudimentario de todos eses aparellos, pero que resultaban moi efectivos.

Doutores de cabeceira como Ramón Fernández Mato ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao encargábanse de todo o relativo á saúde dos pacientes, desempeñaban o labor de xinecólogo, de dentista e oculista, entre outros. Por iso, ademais dalgunha xiringa, pinzas de disección e tenazas para arrincar moas, tamén se poden ver fórceps, un instrumento médico que se usaba para a extracción dos nenos en partos difíciles; ou valvas, que eran empregadas na actividade cirúrxica para separar as vísceras.

Todo este material foi cedido temporalmente polos herdeiros de Víctor García Lozano, pai de Borobó , e que exerceu a profesión de médico en Pontecesures.

:: La Voz de Galicia :: Chechu Lopez


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.