Actividades no CPI Pontecesures

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ata o 27 de abril celebraranse no centro diversos actos culturais en relación co teatro e a música. Entre elas destacan:

* Exposición de carteis e máscaras representativas de teatro grego, elaboradas polos alumnos/as de 4º de ESO e de 4º de educación primaria, respectivamente.

* Exposición de instrumentos musicais, imitando aos instrumentos gregos, elaborados polos alumnos/as de 2º de ESO.
Os pais/nais que desexen visitar estas exposicións poderán facelo en horario de 13,10 a 14 horas.

* Teatro de títeres para alumnos/as de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria.

* Representación dunha obra de teatro polos alumnos de 4º de ESO. Dado que estes alumnos/as participan nunha excursión de final de etapa, esta obra representarase para o público ás 20,30 horas da tarde do venres 27 de abril. Espérase a colaboración de todos.

* Asistencia a un concerto didáctico organizado pola Bande de Música de Valga e dirixido por un antigo profesor do centro, director desta banda, os días 26 e 27 de abril.

Aproveitamos tamén para informarlles que os alumnos/as de 4º de ESO participaron no concurso «Correlingua» elaborando un manifesto co que resultaron finalistas neste concurso.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.