A traballadora social de Pontecesures, deixa temporalmente o posto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Logo de chegarse a un recente acordo de goberno entre o PSOE e o BNG de A Estrada, a traballadora social do Concello de Pontecesures, Raquel López Doce, que foi candidata á alcaldía pola formación nacionalista o pasado 27 de maio, pasará a ocupar, en dedicación exclusiva, o cargo de 1ª tenente de alcalde do concello de A Estrada e posiblemente será concelleira de Medio Rural, Turismo e Participación Cidadá.

Isto conleva a que deixe, mentres ocupe este cargo con dedicación exclusiva, o seu posto de traballo no Concello de Pontecesures. Nos vindeiros días realizarase unha convocatoria para seleccionar un substituto/a para ocupar o posto ata a reincorporación da titular.

O cese será efectivo, posiblemente a primeiros da próxima semana.

Ademais de darlle a noraboa a Raquel, deséxolle sorte y moitos éxitos no cargo que vai ocupar.

LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN


4 comentarios

xiana cores · 9-10-2007 a las 23:46

Bueno voume a atrever a facer unha quiniela.Con un pouco de sorte pode ser que acerte o pleno ainda que non teña ningunha cuantia economica.
Penso que seguindo a linea de enchufismo do goberno a candidata a quedar como asistenta social e Consuelo.
Todo isto dentro desta transparencia da que tanto alardea este goberno.
Bueno vos que opinades
E se e asi teno merecido porque foi deses traballadores dosque se dedicaron a facer a rosca todo o que puderon,dende o cambio de goberno.Non vaiades a pensar que e a unica senon temos a uns cantos mais.Como outros para asegurar que lle renovasen o contrato.
Se o final acerto a quiniela a miña enhoraboa para ela.Estaremos informados doque pasa gracias o señor Sabariz que nos conta todo.

UROROCK1 · 10-10-2007 a las 09:10

En primeiro lugar felicitar a Raquel por o logro acadado. E decir dela que independentemente da sua cor politica senpre desempeñou o sua laboura de un xeito independente e con moita calidade. Noraboa.
En segundo lugar xa que se sabe cando marchará, penso que a persoa que ocupe o seu lugar non pode ser unha cuestion de quinielas. Sr Sabariz se ten que escoller entre a xente que xa ten dentro do concello a persoan ideal será o Sr. Francisco Freiria «Tacón», por o seu trato coa xente, por a sua calidade do traballo e por a sua humanidade. Olvidese da vinculación politica. A caso Raquel non pertenze ao BNG, o Sr Randulfe ao PP, etc…, vostede mesmo traballa nun concello, e non por iso deixan todos vostedes de facer ben o traballo ainda que esteades vinculados a partidos politicos. O que necesitamos é a xente maís profesional, de maís calidade no desempeño do seu trabalo.
Se non vai ser alguén do concello faga vostede un proceso de selección xusto. Todos sabemos que entre vostede e a Sra. Maribel son os que cortan o bacallao nestes asuntos. Un saudo, e escollan á persoa con maior calidade profesional.

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-10-2007 a las 17:29

Para seleccionar o/a novo traballador/a social que vai substituir temporalmente a Raquel Doce vaise formar un tribunal formado por persoal do concello e por un/a representante do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia, e haberá, con carácter previo, ó anuncio de prensa coa convocatoria, unhas bases que rexerán a selección.
En lugar de facer quinielas ou prognósticos, «xiana cores», o que tes que ir é ás oficinas municipais a comprobar as bases e logo facer as apreciacións que queiras.
Penso que desacreditar dese xeito tan inxusto á traballadora do concello Consuelo Ordóñez non é de recibo. E unha boa profesional e ignoro se vai presentarse para este posto. Se o fai, e merece ser a seleccionada. ¿Por qué non habería de selo? Eu sería o primeiro en felicitala.
Reitero unha vez máis, que agora dánse todo tipo de explicacións e antes co Sr. Alvarez Angueira primaba o oscurantismo, o «dedazo» e a falla de explicacións cando se solicitaban.
Por outra banda, teño que dicirlle a «UROROCK1», que, naturalmente, tódolos diplomados en traballo social poden presentarse. Non sei se o actual informador xuvenil do concello, Francisco Freiría, ten esa titulación.

sobreiras · 13-10-2007 a las 02:05

Supoño xiana cores que entre os traballadores que se adicaron a facerlle a rosca o novo goberno estará o «encargado de vías e obras», que sigue sin traballar, paseándose na vella ambulancia, como si fose de verdade o encargado cando todos sabemos que o Encargado e outro. Esto si que é saber facer a pelota. Esperemos que o novo goberno o poña no seu sitio pronto.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.