O luns día 15 de outubro, acto de despedida da traballadora social de Pontecesures

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Organizado polo Concello de Pontecesures, ás 14,30 horas do luns día 15 de outubro terá lugar un acto de despedida na propia Casa do Concello da traballadora social, Raquel López Doce, no seu derradeiro día de traballo en Pontecesures xa que o martes día 16 incorpórase, con dedicación exclusiva, ó cargo de 1º tenente de alcalde de A Estrada, onde foi cabeza de lista do BNG nas pasadas elección municipais do 27 de maio pasado.

O acto están convidados tódolos membros da corporación e o persoal das oficinas municipais e se quere agradecer o traballo realizado por Raquel nestes doce anos que leva no concello.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.