As 14,45 horas do luns día 15 de outubro, tivo lugar no semisoto da Casa do Concello o acto de despedida da traballadora social de Pontecesures que leva neste posto de traballo donde 1.995 e que se vai incorporar como 1ª tenente de alcalde do concello de A Estrada con dedicación exclusiva.
Asistiu o persoal de oficinas do concello e varios membros do equipo de goberno. Foi servido un viño galego e a alcaldesa entregou a Raquel López Doce un obsequio en nome dos cesureños para agradecer o traballo realizado.
A traballadora cesante manifestou a súa intención de continuar ligada a Pontecesures para o que se necesite, dando as grazas pola organización do acto de despedida.