Rafael Mouzo alcalde de Corcubión: «Asumín que nos podían expulsar, pero entenderon as nosas alegacións».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Xosé Mouzo Lago ten 61 anos e milita no BNG dende xullo do 82, cando se creou esta formación política. E é alcalde de Corcubión dende tres anos antes ata hoxe, salvo no mandato anterior, no que estivo na oposición. Recuperou o cargo grazas ao pacto do seu grupo (con catro edís) coa única concelleira do PPdeG, alianza que deixou aos catro concelleiros do PSdeG na oposición. Tanto el como o compañeiro �scar Insua foran suspendidos cautelarmente de militancia polo Bloque ao romper o acordo marco de goberno firmado por socialistas e nacionalistas.

-O PSOE critica que recobren a militancia e non sexan expulsados do BNG.

-Non me gusta comentar ningunha declaración do PSdeG, porque é un partido que ten toda a lexitimidade para dicir o que queira. Non o comparto, pero respéctoo. Penso que o BNG actuou con coherencia, aceptando as nosas razóns, e tomou un acordo que estimo que é xusto. Nós aceptamos no seu momento a suspensión cautelar de militancia igual que hoxe aceptamos que a anulen, nada máis.

-¿Cría realmente que a vostede e ao seu compañeiro os podían expulsar do BNG?

-Naturalmente, contaba con iso, víao factible. Asumín que nos podían expulsar, e que podía ser definitivo, pero entenderon as alegacións e non o fixeron. � así de sinxelo.

-¿E que alegaron?

-Explicamos as circunstancias que, en clave local, poñían difícil chegar a un pacto cos socialistas. Pero a base das alegacións foi que eles mesmos, o PSOE, hai catro anos, fallaron no pacto. No 2003 non pactaron connosco. Por iso foron expulsados do partido, e despois, readmitidos. A eles si que os expulsaron, e a nós, agora, só nos suspenderon a militancia.

-¿Cre que a decisión refrenda o seu pacto municipal co PP?

-Supoño que si o refrenda. O BNG e o PSdeG, a nivel autonómico, teñen un pacto que está aí e funciona. Cuestións como a nosa son puntuais, froito de circunstancias que nada teñen que ver co que pasa no resto.

-Leva case medio ano gobernando coa concelleira popular. ¿Qué tal lle vai con ela?.

-Ben, con moito traballo, con bo entendemento, penso que no 100% dos asuntos. Compartindo todo na xestión do día a día, que xa se sabe que complicada. Hai seriedade e sinceridade na xestión municipal, e iso é moi importante.

LA VOZ DE GALICIA, 30/12/07


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.