O EXTRUGASA APALIZA A CAMBADOS CUN ??GRAN? NACHO E O ACERTO DE GULLI

Publicado por fru en

EXTRUGASA RIO ULLA = 80
Gulli (20), Pedrito (2), Diego (-), Victor (1), Pino (7), Pedro (-),Nacho (25), Santi (10), Juanjo (2), Feli (6) e Pepi (6).
GESTCHAL CAMBADOS = 49

Costoulle arrancar ós cesureños 15 minutos ante o único equipo que foi quen de derrotalos nesta liga. Un grande Nacho dentro das duas zonas, así como o acerto de Gulli (4 de 7 en triplas) e que xogou 40 minutos dirixindo ó equipo pola lesión de Peñaño, que non xogou, mais a contribución de Santi, xogando de aleiro e pívot foron as claves para derrotar ó Cambados.

Comenzou o partido, e o equipo empezou moi frio, en defensa non se defendía forte, e en ataque se xogaba moi precipitado. Cambados colle dianteira (5 ?? 08) e o adestrador local ten que pedir un tempo morto para imponer algo de orden no xogo, así como leva ó banco a uns ??apagados? Pepi e Pino, por Nacho e Felipe, que lle botaron algo mais de gañas ó xogo. De todolos xeitos Cambados seguia xogando cómodo e consigue chegar ó final do 1º cuarto 3 arriba: 11 ?? 14.

No 2º cuarto, Nacho empezou a entrar en xogo e o equipo a entonarse, empatandose o encontro no minuto 14 a 18 puntos. Gulli anota unha tripla e 10 puntos de Nacho neste cuarto fan que o Extrugasa chegue a coller 10 puntos de diferencia: 30 ?? 20, cun parcial de 12 ?? 2 nestes momentos. Chegouse ó descanso cun 34 ?? 26 no marcador. Xa non se perdían balóns rápido e se atacaba con algo mais de paciencia.

Na reanudación Cambados achégase ata os 4 puntos: (min 22) 36 ?? 32, pero Cesures apretou mais en defensa, mentras que os de Cambados se adicaron a protestar ó s arbitros, o que lles costou duas técnicas, e logo unha descalificante. Gulli anota 4 de 6 nos tiros libres. Pino apareceu en ataque cuns poderosos rebotes ofensivos (5 puntos neste momento) e voltaron os 10 puntos de diferencia (min 26: 46 ??36) e ahí Gulli anota outras 2 triplas seguidas que alonxan ós cesureños no marcador (53 ?? 40). 4 puntos seguidos no ultimo minuto do cuarto de Felipe deixan o marcador nun 57 ?? 41.

Iniciase o ultimo cuarto, no que xogan os 2 chavales do equipo: Victor e Pedrito, pero é Nacho o que con 11 puntos neste cuarto, ben asistido por Santi, fai coller os 20 puntos de diferencia, ante uns chavales xa entregados (min 35: 65 ?? 45), pois so fixeron 8 puntos neste cuarto. O Extrugasa xogando con velocidade, e sempre en defensa individual deixa o marcador final nun 80 ?? 49.

Con 31 puntos de diferencia ??vengouse? a derrota sufrida en Cambados por 13 puntos (56 ?? 43) na primeira xornada da liga, pois acusara ai o calor que facía no pabellón aquel día de principios de outubro, así como pola despedida a Pino da noite anterior.

Categorías: Basket Río Ulla

1 comentario

pandorcas · 21-01-2008 a las 20:12

Tendes que mercar agora nas rebaixas un «asesor de imagen» que vos ensinen a mirar o frente xa que sempre estás mirando para o chan ¡a ver se atopas algo bo!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.