PE?A?O LIDERA O TRIUNFO DO EXTRUGASA SOBRE LALÍN NUN PARTIDO BASTANTE MALO

Publicado por fru en

EXTRUGASA RIO ULLA = 50

Peñaño (16) Gulli (4), Pedrito (-), Diego (-), Victor (-), Pino (7), Pedro (-), Santi (4), Juanjo (2), Feli (6) e Pepi (11).

BASKET-DEZA de LALIN = 41

O Extrugasa certifica a súa clasificación con esta victoria para a ??final a 4? logo dos últimos resultados. Así con só 2 derrotas vai de líder destacado, pois os seguintes (Cuntis)xa leva 6 derrotas, e co 7 están Portonovo, Motobazar e BBC. O partido de hoxe foi moi frouxo, quizais por levar 2 semanas sen xogar, quizais pola hora (domingo 12 da mañá), porque non xogou Nacho, lesionado nun dedo, ou porque o rival é o ultimo clasificado. Así era Lalín quen se impoñía no minuto 5 no marcador: 4 ?? 10. Os do Deza pechados nunha zona, e Cesures fallando tiros dende lonxe, e debaixo de canastra, e perdendo moitos balóns por atacar sen acerto. Ademais a defensa local era moi frouxa. Logo dun tempo morto, mellorouse en defensa, e 5 puntos de Peñaño deixan o marcador 9 ?? 11 ó final do cuarto.

O 2º cuarto empezou ben para o Extrugasa, pois Peñaño con 2 triplas case consecutivas daba as primeiras diferencias para os locais (min 15: 19 ?? 13, O parcial do minuto 5 ó 15 foi de 15 ?? 3). Pero sentouse para descansar e o partido entrou nunha serie de desacertos de novo para ambos equipos: un pírrico 1 ?? 3 nestes minutos deixou o marcador ó descanso nun 20 ?? 16. Extrugasa defendía ben, pero e ataque non se facía o que se falaba. Felipe que fallaba ata 3 contrataques claros, e en estático o equipo perdia balóns a esgallo. Logo do descanso, e gracias a 2 triplas mais (Peñaño e Pepi) os cesureños vanse de 10: min 25 19 ?? 29. Pino reboteaba en defensa e por fin aparece en ataque con 4 puntos consecutivos. Lalín ó seu: xogar o que podía, e a defensa dos cesureños lle deixaba, e o partido ó final do cuarto que chega 36 ?? 25.

No ultimo cuarto mantívose esa diferencia de 10 ?? 12 puntos, e sentados Pino e Peñaño foron Felipe, Gulli, e Pepi os encargados de anotar (min 36: 48 ?? 36). Xa nos ultimos minutos cambiouse ó equipo e cos chavales na pista o partido acabou 50 ?? 41. Poido ser o ultimo partido de Felipe, pois motivos de traballo vanno ter alonzado unhas semanas do equipo e do pobo. Para a semana próxima toca Cuntis, nun dos ??derbis? da tempada, pois son moitos anos xa xogando contra eles.

Categorías: Basket Río Ulla

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.