16/Jun/2008
Esta noite tentaron entrar na Capela do Pilar de San Xulián.
Esta pasada noite un ou varios descoñecidos/as, tentaron entrar na Capela do Pilar en San Xulian (capela do século XII que foi restaurada hai sete anos). Cunha “pata de cabra” pretenderon forzar as portas e entrar no templo. Tanto a porta principal como a lateral presentan danos. Son portas de madeira moi consistentes e os agresores non lograron forzalas.
A Policía Local fixo unha reportaxe fotográfica cos danos e hai unhas horas representantes da Asociación de Veciños de San Xulián presentaron a correspondente denuncia no Cuartel da Garda Civil de Valga.
Por Luis Angel Sabariz Rolán. Arquivado en: Sociedade
Una Respuesta a “Esta noite tentaron entrar na Capela do Pilar de San Xulián.”
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.

(8 votes, average: 4 out of 5)
