• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Concello / Mañá vaise presentar a oferta de emprego para contratar 10 traballadores desempregados en Pontecesures.

Mañá vaise presentar a oferta de emprego para contratar 10 traballadores desempregados en Pontecesures.

18-06-2009 por Luis Angel Sabariz Rolán 9 comentarios

A consellería de Traballo e Benestar ven de conceder unha subvención de 96.392,22 euros ao Concello de Pontecesures para contratar 10 desempregados perante 6 meses (9 peóns de construcción e 3 para a limpeza de edificios), con cargo aos Plans de Cooperación 2009.
Mañá será presentada a oferta na Oficina de Emprego de Vilagarcía. Faise un chamamento aos desempregados para que comproben os seus datos en dita oficina, pois a sondaxe por parte da administración autonómica vaise facer canto antes. Facilitase información tamén na oficina do técnico de emprego do concello. José Francisco Rodríguez Fructuoso.
A selección será realizada logo por un tribunal técnico do concello, pero en base á lista que lle envien dende Vilagarcía.

Archivado en:Concello Etiquetado con:Concello, Pontecesures, Vilagarcía

Interacciones con los lectores

Comentarios

  1. manolo o do bombo dice

    18-06-2009 en 21:10

    Si en base á lista que envien dende Vilagarcia,e despois desojamos a margarita esta si esta no etcé,e nome veñas ca canción de angueira que fixo e deixou de facer,cambia de tocata e tocoche o bombo.

    Responder
  2. Luis Angel Sabariz Rolán dice

    18-06-2009 en 22:01

    Andas doído, manolo. Sabes que imos ter un tribunal formado por traballadores do concello, e unhas puntuacións que coñeceremos todos. Os tempos das seleccións de persoal do goberno anterior están felizmente superados. Agora se informa a todo o mundo para que comproben a súa inscrición na oficina de Vilagarcía, se publican as puntuacións, se dan explicacións sobre as mesmas e, sobre todo, os políticos estamos á marxe dos procesos selectivos.

    Responder
  3. o.gcv dice

    19-06-2009 en 13:13

    a xente deste concello que esté anotada na oficina de emprego de villagarcía, ten que facer algo máis??? a qué edificios se refiere para a limpieza???? simple curiosidad.

    Responder
  4. manolo o do bombo dice

    19-06-2009 en 15:17

    Ti flipas Sabariz,non teño porque estar doido,por suerte non estou metido na politica nin fun pedir traballo o concello ,non son como ti un lambe espiñas.

    Responder
  5. Luis Angel Sabariz Rolán dice

    19-06-2009 en 17:57

    A Oficina de Emprego de Vilagarcía, «o.gcv» fai unha sondaxe e envía unha lista de preseleccionados, nesta ocasión catro por praza, en base os datos con que conta (sobre todo a antigüidade no desemprego). ? importante dicir que non poden optar a estes contratos aqueles traballadores que foran contratados para os plans de cooperación por máis de 9 meses nos tres últimos anos. Este é un requisito establecido pola Orde que regula este tipo de programas.
    Os edificios a limpar son os municipais (Centro Social, Campo de Fútbol, Praza de Abastos, etc…).
    Nin de broma creo que non estés metido en política «manolo o do bombo». Por iso vénme à cabeza unha frase pronuciada por Franco a algún dos seus ministros cando se discutían os asuntos de goberno: «Haga usted como yo, no se meta en política». Frase célebre sen dúbida.
    O de que son un lambe espiñas, non o entendo. ¿Será por que me gusta o peixe?

    Responder
  6. manolo o do bombo dice

    21-06-2009 en 14:16

    Si sobre todo a lamprea que foi gratis,e por encima levada a casa por un traballador do concello ,esa e a ventaxa que teñen os politicos coma ti tan transparente.

    Responder
  7. Luis Angel Sabariz Rolán dice

    21-06-2009 en 21:36

    Pero manolo. Xa expliquei no pleno o da lamprea. Ademais este peixe precisamente non ten espiñas. Ten moitas o congrio, ou o lorcho da ría. Hai que ter coidado que poden cravarse na gorxa.

    Responder
  8. manolo o do bombo dice

    22-06-2009 en 11:42

    Xa che dixen en mais de unha ocasion que eu non vou os plenos,ala ti se o queres creer,faste moi listillo para evadir a pregunta pero non engañas a naide ,deixemolo ahi,serias parvo de todo si non lamberas algo xa que che xuntaches con esa chumba aproveita saludos.

    Responder
  9. Luis Angel Sabariz Rolán dice

    22-06-2009 en 14:23

    Non agocho nada, «manolo o do bombo». Tampouco vin ao concello a levar nada. Non o fixen cando formei parte do goberno presidido polo anterior alcalde, nin cando estiven na oposición, nin tampouco no actual goberno.
    O de «serías parvo senón o fixeras» preocúpame. Os politicos están (ou estamos) moi desacreditados en xeral. Pero non xeralices, non metas a todos no mesmo saco.

    Responder

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • COMUNICADO SOBRE AS NOVAS RESTRICIONS QUE ENTRARON HOXE EN VIGOR MOTIVADAS POLA PANDEMIA COVID19.
  • COMUNICADO SOBRE A PARALIZACION NAS ACTIVIDADES NAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E DEPORTIVAS LOCAIS.
  • Valga solicita al Sergas formar una “almendra” con Pontecesures porque comparten servicios.
  • La incidencia a catorce días continúa al alza tanto en Cesures como en Valga.
  • Valga solicita cierre conjunto con Cesures por compartir servicios de tipo esencial.

Comentarios recientes

  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».
  • charly en VIDEO INFORMATIVO SITUACION COVID 12.01.2021
  • Luis Ángel Sabariz Rolán en Licitada la redacción del anteproyecto de la ETAP en Padrón.
  • Luis Ángel Sabariz Rolán en O alcalde despide o ano con viño de Pontecesures.
  • Antonio en O alcalde despide o ano con viño de Pontecesures.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

tren xunta n-550 sábado psoe correo gallego Ulla Historia protección civil sar lamprea Angueira Catoira santiago concurso curso Porto padrón faro de vigo Caldas fin de semana Pontevedra Vilagarcía Campaña festa a ponte ACP Diario de Arousa pleno sabariz Pontecesures la voz de galicia pp Vigo río ulla fiesta iglesia obras BNG valga fútbol Concello plaza tripartito Maneiro

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños