Dous técnicos da Dirección Xeral de Sostibilidade visitaron onte Pontecesures.
Ao final non se pudo desprazar o Director Xeral, Manuel Borobio, e foron dous técnicos desta Dirección os que se reuniron na Casa do Concello con representantes municipais e técnicos desta institución.
Tratáronse varios aspectos relativos ao Plan de Ordenación do Litoral, e recolleron información cun percorrido por moitas zonas do municipio. Comprobaron ao detalle as zonas de desenvolvemento urbanístico situadas a menos de 500 metros da costa (as unidades de actuación números 1 e 2, con entrada pola rúa Victor García, o PERI nº 1, con entrada pola Avda de Vigo, etc..) e actualmente afectadas pola suspensión da normativa de litoral, e diversas cuestións do PXOM vixente. Como se pudo comprobar, estes terreos de solo urbano pendente de desenvolvemento, están situados despois de solo urbano consolidado en canto á liña costeira.
Agora haberá que esperar a decembro, en que se enviará aos concellos costerios galegos un avance do plan, para presentar suxestións e solicitar, se é o caso, o que proceda en canto ás suspensións ou levantamento das mesmas.
Luis Angel Sabariz Rolán
0 comentarios