O mobiliario urbano subvencionado por Industria non se coloca. Nota da ACP de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O goberno anterior de Pontecesures deixou solicitada unha subvención á Consellería de Economía e Industria para 2011 de 3.527 que é o 75% do subministro de bancos, xardiñeiras e papeleiras para as rúas contrais de Pontecesures (Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García) onde se atopa fundamentalmente o comercio da vila.

Con satisfación recibimos, no seu día, a nova de que a subvención fora concedida e así o actual goberno adxudicou o subministro de dez bancos, once papeleiras e nove xardiñeiras por un importe total de 4.651,21 euros cantidade na que se incluía a subvención. Na Xunta de Goberno Local de 14/10/11 xustificouse a recepción do subministro.

Como non atopábamos o mobiliario na rúa o 11 de novembro xa expusimos nos medios que non entendiamos a demora na colocación dos elementos nas rúas antes citadas.

Agora, pasados outros dous meses, xa observamos con preocupación que o material non está colocado nas rúas centrais e por iso nesta data, solícítase na Casa do Concello autorización para consultar o expediente pois queremos coñecer as características do mobiliario subministrado e as causas da non colocación nos espazos públicos previstos.

Pontecesures, 25/02/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.