Apertura do prazo de reserva de praza e preinscrición da Escola Infantil Municipal de Pontecesures. Curso 2012/2013.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

RESERVA DE PRAZAS CURSO 2012/2013

Informase aos veciños e veciñas que  o prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal ??Gardería- para a reserva de praza dos alumnos/as e  a solicitude de novas prazas de cara ao vindeiro curso escolar 2012/2013 ??a partir de setembro- estará aberto do 2 ao 16 de abril,

A EIM ten un horario de 8 da mañá a 8 da tarde de luns a venres, tódolos meses do ano, está situada na Rúa Avelino Pousa Antelo, en fronte do CPI ??Infesta? e conta cunhas modernas instalacións e equipamentos, e o seu persoal proporciona aos nenos e nenas que acoden a ela as atencións e coidados necesarios para promover o seu desenvolvemento harmónico e integral. Conta co Servizo de Comedor, no que os nenos e nenas teñen ao seu dispor unha dieta san e equilibrada, axeitada a cada idade.

Para acceder á EIM é requisito que os nenos/as teñan entre 3 meses e 3 anos de idade e que abonen as taxas que lles correspondan, tendo preferencia os e as domiciliados en Pontecesures.

As solicitudes de reserva de praza para nenos e nenas que xa acoden á EIM presentaranse directamente na Escola Infantil Municipal (Tel. 986557623).

Para máis Información e presentación de solicitudes de preinscrición para alumnos/as novos/as  poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, martes e venres de 9 a 13:30 horas.

Premendo no seguinte enlace podense descargar os formularios de reserva de praza (nenos/as que xa acoden á EIM) e o de preinscrición (novas prazas):

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=326

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.