O goberno de Pontecesures «pasa» da biblioteca municipal.

Publicado por Redacción en

Dos sete ordenadores con que conta a biblioteca municipal de Pontecesures, situada na rúa Raimundo García Domínguez «Borobó», nº 22, só funcionan, con moitos problemas, dous. Os cinco restantes levan moitos meses inoperativos para desgraza dos usuarios da instalación entre os que temos moitos peregrinos que percorren o Camiño Portugués (tanto os de paso como os que ukltilizan o Albergue de Peregrinos que está moi preto da biblioteca.

Deste xeito o servizo básico que nestes tempos constitúe a «Internet nas bibliotecas» está baixo mínimos en Pontecesures e a instalación municipal vai a menos como ocorre con varios servizos e instalacións nos tres anos e pico que leva gobernando o actual executivo.

Tampouco está operativa a Aula TIC de Informatica que con 15 ordenadores subvencionados pola AGADER en 2012 que, instalada en maio de 2013 no semisoto da Casa do Concello, foi un visto e non visto. Esta agrupación xa denunciou en xuño pasado que en dito semisoto só queda o mobiliario pero non están os ordenadores, solicitando o inmediato restablecemento da aula de informática. Pois ben; o goberno municipal fai caso omiso da petición e os ordenadores seguen sen estar na instalación, incumplíndose o destino previsto da subvención outorgada. Ignórase a que están adicados os ordenadores en cuestión.

Así pois, tamén nestes temas informáticos e de oferta de novas tecnoloxías a xestión municipal está a ser un desastre. Moito levar nos programas electorais ofertas deste tipo, pero logo na práctica, nada de nada.

Luis Ángel Sabariz Rolán

Concelleiro da ACP Poantecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.