• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Cultura / O escritor Fernández Naval substitúe a Senín Fernández en Cultura

O escritor Fernández Naval substitúe a Senín Fernández en Cultura

13-07-2006 por Carmen Barreiro Dejar un comentario

O narrador e poeta Francisco Fernández Naval substituirá na Subdirección Xeral de Cultura a Xavier Senín Fernández (Pontecesures, 1949), quen estivo neste cargo desde o 2 de outubro de 1987. Senín deixa o cargo cun enorme labor ás súas costas. A súa última acción foi a presidencia e coordinación da comisión para a elaboración da Lei do Libro. Cinco conselleiros Alfredo Conde Cid, despois viñeron Daniel Barata Quintás, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Jesús Pérez Varela e Ánxela Bugallo e sete directores xerais contaron co seu traballo.Considérase un técnico e non un político, «senon non podería botar tantos anos. Para algunha xente serei mellor e para outra peor, hai algúns temas dos que entendo máis, doutros menos, hai cousas que me gustan máis e, o tema do libro sempre me gustou moito, sempre estiven metido nel», asegura.

Estima que até agora fixo un traballo que define como «polo menos, decente», no que se enmarca tamén, por exemplo, a súa colaboración co Festival Internacional de Música de Galicia.

De todo o que fixo aínda que aclara que «eu non decidín nunca facer unha cousa ou outra, porque non era a miña función», séntese orgulloso de dúas cousas especialmente: «O que traballei no campo da literatura infantil e xuvenil na Xunta». Tamén foi até hai tres anos e durante outros tres anos, presidente da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil. Ademáis é dende hai anos columnista de EL CORREO GALLEGO.

Outro motivo de satisfacción é o «do traballo que fixemos cos portugueses, con programas conxuntos desde hai cinco anos, de música, teatro e todo tipo de intercambios», lembra. No ano 1989 coordinou a primera Lei de Bibliotecas que houbo en Galicia. Outra razón para estar orgulloso é o traballo de xestión de todo tipo, xunto co seu equipo e di: «Creo que o que se nos encargaba o fixemos eficientemente».

Con respecto ó seu sucesor, non quixo desvelar o seu nome pois dixo non estar «autorizado», pero opinou del que «é unha moi boa persona, moi amigo meu, moi competente e os funcionarios que traballan comigo saben por min que é unha persoa que sabe moitísimo de administración. ? moito máis tranquilo ca min, máis sosegado, máis ordenado… estou seguro que van estar en boas mans».

No momento de irse do cargo, o seu sentimento é de nostalxia «un pouco polo traballo pero, sobre todo, polos compañeiros, porque hai xente que cando eu cheguei tiña 18 anos e hoxe case dezanove máis. Vou estrañar o contacto diario con eles e, tamén, recoñezo que o traballo me gusta moito. E iso que non quería marchar do meu instituto».

EL CORREO GALLEGO 13/07/06

Archivado en:Cultura, Na Prensa Etiquetado con:correo gallego, festival, Pontecesures, xunta

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • LUCÍA SANTIAGO, GAÑADORA DO PREMIO FERRO COUSELO: “QUERO ESTUDAR AS IMPLICACIÓNS SOCIAIS E CULTURAIS EN TORNO AO ALAMBIQUE E AO CONSUMO DA CAÑA”
  • Aumenta la preocupación por los contagios.
  • La Guardia Civil da el alto a un coche sin carné en Pontecesures y colisiona con su furgoneta camuflada
  • Las duras medidas llevan a gran parte de los hosteleros de Arousa a bajar la reja.
  • COMUNICADO SOBRE AS NOVAS RESTRICIONS QUE ENTRARON HOXE EN VIGOR MOTIVADAS POLA PANDEMIA COVID19.

Comentarios recientes

  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».
  • charly en VIDEO INFORMATIVO SITUACION COVID 12.01.2021
  • Luis Ángel Sabariz Rolán en Licitada la redacción del anteproyecto de la ETAP en Padrón.
  • Luis Ángel Sabariz Rolán en O alcalde despide o ano con viño de Pontecesures.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

concurso padrón correo gallego pleno Campaña lamprea n-550 Catoira ACP fiesta Historia obras fin de semana pp la voz de galicia valga Pontevedra iglesia xunta plaza río ulla Pontecesures tren psoe faro de vigo santiago sábado curso Maneiro Caldas protección civil festa BNG tripartito Vigo a ponte Concello Porto sar Ulla fútbol sabariz Vilagarcía Angueira Diario de Arousa

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños