Esta pasada noite foi Noite de Reis, Noite máxica…

Publicado por fru en

Pois como cada 5 de xaneiro voltaron de Oriente para facer felices ós nenos (e adultos) os 3 Reis Magos. E coma non, tamen pasaron por Pontecesures:

100_5535-web.JPG

A ilusión entre os mais pequenos foi enorme. Para moitos, pola edade, era a 1ª vez que veian en directo os Reis magos, dos que levaban tempo oindo que lle ian traer regalos e xoguetes

100_5523-web.JPG

As carrozas reais viñeron adornadas con distintos motivos, e colaboraron na súa preparación asociacións do Concello coma A Barcarola, Xarandeira ou a APA do colexio.

100_5508-web.JPG

Tamén a xente destas asociacións colaborou votándolle unha man ós Reis Magos e acompañandoos no seu percorrido por Pontecesures…

100_5536-web.JPG

(Coma o prometido é deuda, esta vai para ti, Chaves grande. Ti que colaborabas nesta cabalgata e agora andas pola capital feito un sr. 😉


9 comentarios

Chaves · 7-01-2007 a las 01:11

Aaaay (suspiros e tal), que tempos aqueles…

Ainda hoxe, falando ca xente do piso do bonita que era aquí a cabalgata e eso (eu nin idea, estuven durmindo), tuven que soltar un :

– Pois eu alá, no meu pueblo, cheguei a ser rei mago! e hasta me teñen traído en helicóptero e todo!

Eso sí, en perfecto castellano… éche o que hai

Eso, saludos, xente. Que tal se portaron os reis con vos? eu debinme portar moi mal este ano, que nin carbón me trouxeron…

Paspallás · 7-01-2007 a las 01:58

Reflexións da cabalgata:
-O cura foi máis aplaudido co alcalde.
-Non sei que pintaban os zancudos. Quén os contratou?
-O mellor tragalumes foi Angueira. Cando botaba o lume pola boca unha muller díxome se sería a combustión do gasoil desfalcado polos coches do concello.
-Sabariz incombustible pois estando fora do goberno estivo a dirixir o cotarro.
-As de Xarandeira «enormes» como sempre. O mesmo hai que dicir do resto do persoal colaborador.
-Fructuoso ten que mellorar a técnica fotográfica ou senón que o concello lle compre una cámara nova de alta definición.

Falando en serio, a cabalgata estivo ben. Quén organizara a do ano que ven?

fru · 7-01-2007 a las 10:03

No que a min me toca agradezo ambas suxerencias, pero prefiro a primeira, mellorar e aprender nunca está de mais. Por outra banda prefiro comprar eu a cámara, que todo chegará. Así me aseguro de comprar a que eu queira, e que sexa miña.

¡¡¡Ese Chaves!!! Ves coma no pobo non te esquecemos? Que gran aterrizaxe o de aquel ano dos Reis Magos. E algo te habian de deixar os reis este ano, tan malo non haberia de ser, pillín 😉

Vaticanista · 7-01-2007 a las 16:41

E normal que o cura sexa máis aplaudido que o alcalde. Transmite humildade, ilusión e alegría aos que cren e aos que non cren. O alcalde transmite prepotencia, hipocresía, amiguismo e chanchullos.

Bécquer II · 8-01-2007 a las 18:43

Aunque fuera del gobierno
Sabariz dando la lata
se metió en la cabalgata
Angueira vive un infierno.

Paspallás · 8-01-2007 a las 22:07

Díxo Antonio Amo que houbera unha cea na noite de reis para os que colaboraron coa cabalgata no Candil na que estaba o alcalde, Gerpe, Fran e varias mulleres colaboradoras. Comentaba que non estaba Sabariz e extrañábase porque sempre anda nestas cousas. Sería invitado ou non?.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-01-2007 a las 10:57

Pois sí «Paspallás», o alcalde convidou ás persoas que colaboraron na cabalgata a unha cea que tivo lugar en «O Candil» na noite do día 5 de xaneiro. Paréceme moi xustificado agradecer así o labor de persoas que adican parte do seu tempo a colaboran desinteresadamente con esta actividade entrañable para os máis pequenos. Eu non fun convidado e ainda que me doe, xa me vou acostumando a esta actitude do alcalde e do goberno municipal. De tódolos xeitos este feito agora e o de menos. O importante é que se consolide a cabalgata coa axuda de todos. Levo colaborando moitos anos neste acto e, dentro das miñas posibilidades, espero facelo nos vindeiros anos. Paréceme o festa máis bonita e ilusionante de todas. Para nenos e maiores.

charcas · 9-01-2007 a las 19:13

a cabalgata estivo ben pero pudo ser millor,posto que se fixo demasiado curta,e ademais o percorrido resulta escaso,foron tempos os que a cabalgata recorrese todo o pobo,haber si para o ano revalorizamos as carrozas que un cansase de ver sempre as mesmas

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-01-2007 a las 11:19

Noutros anos o percorrido foi máis longo xa que o desfile foi tamén polas rúas Sagasta, Victor García e Eugenio Escuredo. Persoalmente considero que é mellor percorrer máis rúas, salvo risco de choiva, claro.
Este ano houbo algunha carroza nova e as de sempre estaban moi ben decoradas. ¿Que sería bó facer carrozas novas cada ano? Claro que sí, pero hai que contar co tema económico, de tempo e incluso de espazo para construilas.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.