Apoio ao novo campo das festas en Cesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A comisión de festas da Raíña dos Anxos do lugar de Carreiras (Pontecesures) expresa o seu apoio ao cambio de lugar do campo de festas, ao lado da pista da Barosa. que «se realizou ao noso entender con bo criterio». A comisión agradece o apoio recibido por parte do Concello para a ampliación do campo da festa e a contratación dunha charanga e deixa patente que non comparte «para nada» as críticas vertidas en relación dos traballos que realizou o Concello para acondicionar o terreo «esperando que de cara ao futuro se amplíe aínda máis en aras a mellorar a festa».

LA VOZ DE GALICIA 20/01/07


19 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-01-2007 a las 12:24

Pois teño que dar a cara porque fun eu o que denunciei o día 10 de xaneiro que, ata aquela data, a obra estaba a ser unha auténtica «chapuza» expoñendo o seguinte:
1-Hai moitos meses e recollendo o sentir dos veciños de Carreiras e dalgúns membros da Comisión de Festas, presentei un escrito no concello para que se preparara o campo coa antelación debida ante a problemática que podía presentarse para a celebración das festas de Carreiras 2007.
2-Como non había actuación algunha fixen unha pregunta nun pleno ordinario hai máis de tres meses para que a actuación fose realizada canto antes.
3-A obra comezou o día 2 de xaneiro pero cunha pala inadecuada que pasou varios días alí sin lograr rebaixar o terreo de laxes. Veu logo outra empresa que tampouco logrou realizar o traballo. O día 10 de xaneiro o terreo presentaba un aspecto lamentable e decidín denunciar a situación para que, con urxencia, se realizaran os traballos pois estabamos a dous días da festa. Veu entón unha terceira empresa (Construcciones Caamaño) que realizou en tempo récord un traballo excelente.
4-Pregúntome porque non encargaron a obra ao principio á empresa que podía realizar o traballo perfectamente. Esta imprevisión e desorganización vai causar prexuizos económicos ao concello, deixando xa ao marxen os problemas orzamentarios que sen dúbida se presentarán. Ao tempo.
5-O que fixen preocupándome polo tema da festa e unha das obrigas que temos os concelleiros da oposición para que as cousas se fagan o mellor posibel.A min non me vai iso de cruzarse de brazos mentres se presentan os problemas. Penso que os concelleiros estamos para algo.
6-Respecto, como non pode ser doutro xeito, a opinión dos membros da comisión de festas de Carreiras. Só me queda felicitalos e agradecerlle o seu traballo desinteresado en favor de todos organizando as festas. Un saúdo para eles.

Tiroliro II · 20-01-2007 a las 18:41

Sabariz eres un inocentón. Tes toda a razón no tema do campo da festa de Carreiras, pero Angueira con Xurxo Gerpe o da pretoriana xogároncha ben xogada. O alcalde leva moitos anos e na poliítica soterrada estás anosluz del. Por moito que fales cos Carrizos, Angueira xa ven de volta e no voto non tes nada que facer. Non vaias moito a Carreiras porque perdes o tempo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-01-2007 a las 23:18

Reitero que neste tema do campo da festa cumprin as miñas obrigas como concelleiro. Pois non me das moitos ánimos, «Tiroliro II», pero hai que seguir traballando. O importante e que a verbena de Carreiras celebrouse sen problemas.
O que queira facer esa política soterrada da que falas pois que a faga. Eu seguirei indo a tódolos lugares para interesarme polos temas de interese municipal. Se me votan máis ou menos pois é unha decisión dos veciños que coñeceremos en maio. Son moi optimista pero me imaxino que as demáis persoas que se presentan tamén.

kaka-tua · 21-01-2007 a las 14:45

A ??rede? vaise extendendo e busca apretar e afogar, eh Sabariz. Tanto que te molestaches en chamar e falar cos da comisión de Carreiras nos días previos á festa. Tantas visitas e chamadas, tantas molestias tuas… para que agora agradezan públicamente o traballo do goberno.

Ti e eu o sabemos Sabariz… Aquela preocupación pola chapuza, por aquel burato. As palabras en contra dos que gobernaban, as festas que corrían perigo…!!! As raxadas en contra de Luis… Así mo contaron a min tamén.

Agora son todo parabéns e quedas TI sinalado coma enemigo…

Todo o que ti convertes en KK por obra e gracia do goberno pasa a ser de ??ouro?

A rede ¿síntela?.

De tódolos xeitos, mirade esto (Voz de Galicia Sábado 20/01/2007):

http://www.lavozdegalicia.es/ed_arousa/noticia.jsp?CAT=113&TEXTO=5469940

Veciños de Pontecesures: ¿Decimos que somos IGNORANTES, e que non vemos o que pasa, ou aceptamos ser COMPLICES? Porque a estas alturas non temos mais EXCUSAS…

kaka-tua · 21-01-2007 a las 14:47

Do artigo de onte mirade por favor os 2 ultimos párrafos… e recapacitade. Podian falar de nos os cesureños… ¿Miramos para outro lado?

Tilán · 21-01-2007 a las 16:00

A xente sabeo? fai que o sabe? ou cremos nos reis magos? Os veciños de carreiras, dalles igual, ou é que se aplican aquelo de dame pan…, ¿acaso son parvos, non se enteran, non saben o que se coce eiquí, non saben quen é o Alcalde, non saben das súas actuacións,non saben o que fixo durante catro anos, non saben que está a governar dun xeito precario, non saben que o resto dos grupos da oposición tentaron unha moción de censura contra dun Alcalde despota con actuacións de libre albedrío,….

Non podo crer que os carreiráns descoñezan as actuacións do Molulo, este home pode repetir como alcalde, pero o seu predicamento está quebrado, aquel amorío, camelo, ou feromona namorante, acabouselle, terás restos Molu… é cuestión de tempo coma todo, olla pra diante e verás……

HERMANA MAIOR, se a rede segue a funcionar, e surte efecto coa vehemencia coa que tí predicas a súa expansión; entón todolos habitantes desta SMALVILLE, ¿SOMOS UNS IGNORANTES, SOMOS PARVOS, SOMOS ANALFABETOS?

Poidera moverse a rede over catro, pero CARREIRAS non está habitada por analfabetos e saben quen é ANGUEIRA e a maior parte dos veciños sabemos que ven MAIO, que veñen as eleccións, se o ditoso don Luis Angel actuou de «bona fides»… ¿non haberá quén llo estime? ou os veciños somos, repito, somos parvos…

Bo é que nos invitas «pacífica ave» á lectura, á reflexión, e ahí coincidimos, temos enemigo a bordo e todos o sabemos, ¿por qué o ignoramos? ¿Por medo?… Hai que mudar, hai que xirar, ahí está o xogo…. Angueira tivo o seu momento, poidera ter outros, pero é o momento de que fale o soberano, e o soberano ha de estar informado, ha de ser coñecedor da realidade… i é neste intre cando toca actuar ós grupos da oposición, que precisamente agora é cando teñen a labor de levantar acta e expoñela públicamente, para que OS DE CARREIRAS, OS DE INFESTA, OS DE SAN XULIAN, OS DE CONDIDE, OS DO COUTO,OS DO RIAL, OS DA PAXAREIRA, OS DE REDONDO OS DE SAN LOIS, OS DE PORTO OS DO CAGAXOL, OS DA CURUXA, OS DO ABOLO E OS DA TOXA, OS DO MONTE PORTO, OS DO CALDEIRON E OS DA FONTEI?A, OS DA CALERA….

TODOS os veciños sepan en definitiva a laboura que o INDIGNO representante do Concello de Pontecesures, que estaba a corpo de rei, pero que por medo e como consecuencia egoismo e polo tanto odio, e mal facer as cousas no concello, propiciou a ruptura dun governo de consenso cos grupos da oposición….

Governo de consenso que a HERMANA MAYOR segue a críticar por falta de democracia, podemos chamarlle ¿interés personal o feito de que aquel home -o político perseverante- intentara axudar e manter a governabilidade a pesar de enfrentarse co seu equipo?

¿Que proveito obtivo de violar aquél presunto consenso democrático dentro do seu grupo? ¿O proveito do descrédito ante o seu grupo? ou despois de terlle dado a oportunidade a un INDIGNO que non a merecía, soupo CORTAR.
Podese ver coma tí HERMANA MAYOR aquela actio antidemocrática ou pode verse como un acto de valor en pos do bo governo. Coma en todo é cuestión de OPTICAS…

Non será moito máis criticable a actuación antidemocrática da cúpula do PSOE que a pesar do consenso acadado no seno da agrupación local de Pontecesures, decidiron ignorar, e actuar en favor do INTERES partidista, a pesar de saber que todolos grupos da oposición estaban en disposición de levar a diante un moción contra dun governante que non era, nin é o idóneo. Iso sí que non é democrático, repito aquel político persevarente, dou opción, favoreceu o «tira pra diante», e se pecado contra a democracia cometeu, dende logo non ten parangón co pecado político cometido polos mandamais do PSOE, que non vulneraron a un grupo, senon ao conxunto da oposición que nese intre representaba a maioría do pobo de PONTECESURES.
Digo pois, aquel politíco perseverante, o reiterado don Luis Angel, que segundo a HERMANA MAYOR cometeu unha actuación antidemocrática por non respectar un acordo interno, está disculpado ¿por qué? Pois porque o AZAR, que en política tamén xoga- dixo que lle había que dar outra oportunidade, e ésta materializouse na RUPTURA co governo do INDIGNO, poidera seguir adiante pero xa digo que o destino fixo que non seguira de MASCARA para un governante que non era o adecuado para PONTECESURES….

Non sigo…

Boa tarde.

Paspallás · 22-01-2007 a las 00:16

Dubido moito que esa nota da Comisión de Festas de Carreiras fose redactada polos membros da comisión. Máis ben vese a intervención de Angueira e de Fran o Tacón. O BNG de Pontecesures segue a manipular aos pobres incautos.

kaka-tua · 22-01-2007 a las 18:44

Tilán, somos moitas veces o que queremos ser… serviles, ser(es) viles, ignorantes, interesados, simpatizantes, creentes, cambiantes, fanáticos… Haberá de todo… ¿En que proporcion? Maio, amigo, maio diránolo!!!

¿Ignorantes os de Carreiras? Se o que nos di Paspallás é certo o que son é COMPLICES…Mira Tilán fas elucubracións sobre si a xente o sabe ou non… A xente non é tan tonta e se forma opiniós do que está a pasar, inda que non toda coñeza A VERDADE do que pasa neste concello… E con iso xoga o INDIGNO… Ademais sempre está o componente do ??interese persoal?… e vendendo favores Angueira está sendo un ??portento?. Falta menos para maio…

Parece que por falar da rede sexa eu ??valeiro?. A ??rede? é algo que, según o meu escaso entendemento do que pasa en Pontecesures está ahí… O que vexan os demais non cho sei, home! Eu non fun a nengunha escola de bruxería ou vidente, só ó Colexio Público de Infesta, con D. Matias de director… Pero a ??rede? ten un obxetivo claro: apretar e afogar… a quen antes foi aliado. Obxetivo: sacarlle votos e deixalo fora do concello.

Tes razón no do SOE. A tua óptica e igual que a miña, pero se é certo que quen botou a mocion de censura abaixo foi Daniel Chenlo, pois xa lle vale. Tratarei de averiualo e cando o sepa farei unha analise pormenorizada deste «Pepiño Blanco» (ou eso cree él).
O que temos son as ópticas cambiadas no caso de D. L.A.: ¿Sabariz fixo o que fixo en pro do pobo?: O ??sacrificio? diante dos seus, pactar EN PRO DE GOBERNAR E TIRAR PARA DIANTE, con quen logo lle meteu a ??puñalada?, e a pesar de QUE OS SEUS O AVISARAN… Se así fose, faltarán palabras de agradecemento.. e ??ACTUACI?N IMPECABLE A DE SABARIZ… Pero logo algo me di: ¿Ben do pobo ou ben propio? Tilán, se fixo o que fixo, e non nos repitamos, ¿por qué non contesta á simple pregunta daquela votación? ¿Cando se debe «violar» o resultado dunha votación democrática?
( E que conste que agora está facendo unha gran labor de oposición sacando ??a luz? temas que ninguén mais coñecia)… Que podía facer dende aquel momento e seguir conservando o apoio dos seus? ¿Vas reemplazar ti ós compeñeiros que se lle foron do lado pola sua infidelidade ó grupo? ¿Cando un irmán debe xeixar na estacada a outros irmáns? E se inda por riba o que lle decian seus irmáns que ia pasar pasou… ¿non debera ter pedido perdón? Sigo vendo sombras alí onde hai oscuridade…¿Fallame a vista ou falta de luz? ¿cal é a boa óptica?…

(E eu que sigo pensando que algún día poidera voltar a ??casarse? con Angueira (Deus e resultados electorais, concellaría de Obras e acceso ilimitado a oficinas mediante)… ¿por qué será que son tan desconfiado? ¿ten solución o do Concello? ¿Onde senón o pobo é onde está a solución? En fin, que non o vexa, que non os vexa xuntos again?….

Pois si: ??non están todos os que son, pero son todos os que están?….

¿?HERMANA MAYOR?? ¿U-lo pequeno/a entón?

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-01-2007 a las 20:15

Segues a insistir «kaka-tua» en que cometín un pecado (haber que dí «Vaticanista») cando pacteu con BNG e IP. Xa estou confesado, con todos los pasos eses que marca o catecismo (exame de concienza, propósito de emenda, etc…). A penitencia penso que tamén a cumprin. ¿Ou aínda me queda pendente parte da mesma?

Vaticanista · 22-01-2007 a las 20:53

Sí houbo pecado, Sabariz. Pero como Maribel é unha aproveitada e Isabel (a que era da ACP) non é unha santa precisamente a cousa pudo quedar nunha faltiña, un pecado venial vamos. Dixeches que confesaches e imaxino que o cura poriache unha penitencia de dous «padrenuestros» e dúas «avemarías». Relixiosamente estás a salvo, agora politicamente, non sei, non sei……..

Tilán · 22-01-2007 a las 21:35

Hermana Mayor:

Nunca un irmán debe deixar aos outros na estacada, NUNCA, por formación e persoalidade, entendo que NUNCA…

¡¡¡Pero que desgracia de vida!!!…. aparece o factor humano….¿sabes o que é o ERROR?, pois con todolos respectos posiblemente naquel intre DLA (Don Luis Angel) ¡¡¡CAJOUNA!!! ben cagada…

A ter en conta:

1-.Imoslle estimar este tempo de sacrificio, de traballo incesante, coma o castigo imposto por aquela FALCATRUADA, sen adxetivo…

2.- Na acción erróneamente tomada (se é certo), e vou crer que sí, (quén cala otorga) temos dúas opcións ou achegarnos o ideario «anticristo» de Nietzsche, é dicir «cortar cabezas», ou temos a opción do antes dito «perdón», que lle outorgaremos por mor dese traballo de denuncia constante, que antes non fixera, que antes ignoraba ou consentía….

O claro é que agora da á cara. Máis grave sería que se agochara… coma un cobarde, pero non o fai, por iso hai que estimarllo….

3.- Se é un político, tal coma hoxe está configurada a imaxe do político, vai ser que tén tódalas dispensas do mundo, (as establecidas polo ordeamento xurídico canónico) pode deitarse con Xan e erguerse con Manuela, estes políticos tamén triunfan, o obxectivo político é triunfar, neste caso sería un triunfador, despois entraríamos se foi ética a súa actuación ou non, pero se o comparamos co Angueira, e o obxectivo é o poder, temos que entender que «en tempo de guerra non hai carta a favor».

A mesma dispensa pidoa dende aquí para o Sr. Alvarez Angueira, só que éste está en inferioridade respecto de DLA, xa que éste último da a cara, polo menos eiquí, e aquél non da a cara nin por aquí, medios de comunicación, nin por alá Plenos, Angueira escapa, de tódolos xeitos está a tempo…. que pida papas…

Por tanto (parecemos un tribunal) con votos particulares…. Digo pois que tendo entendido que se violentou o acordo democrático acadado no seno daquel grupo, o seu portavoz por ter tomada a decisión individualmente, debera como ben di o paxáro do pacífico, pedir perdón aos seus irmáns de grupo e entonar en voz forte e alta o «MEA CULPA, MEA CULPA, MEA MAXIMA CULPA….».

Todo elo supeditado obviamente, a que os feitos así ocorreran.

A optica:

Podemos entender que aquela acción xustificouse pola acción dun político co obxetivo de gobernar e guíado polos principios que «El principe» nos marca. ¿objetivo alcanzado? Respuesta: SI. Pois misión cumprida.

Podemos entender aquela acción como algo feo politicamente, pero ¿quén non se mancha? Pois non se mancha o que non faena.

Volto a decir que o valor a estimar no home aquí tratado é a valentía de dar a cara, haberá quén diga «descarado», pero se se valora o descaro ou a valentía, ¿que pesará máis?

Se ao don Luis Angel non o reinsertamos definitivamente coa redención de penas polo traballo, ¿Qué imos facer co Sr. Alcalde se nos pide unha expiación dos seus erros?

Xa o falei o outro día, o PSOE, ¿con qué ferramenta salvamos a actuación do PSOE? ¿Ahí non se violou a democracia? non, ahí violouse a intimidade… Iso si que foi grave, menudo intervencionismo…. por iso algúns dicían ni…
ni Patria,ni justicia…

Respecto da «Hermana Mayor» a pequena atópase eiquí: http://es.wikipedia.org/wiki/Cacatuidae

Boa noite.

kaka-tua · 22-01-2007 a las 21:56

En 1º lugar este comentario non era para ti, senón unha conversa entre Tilán e eu, pero non eres capaz de leer e non aparecer (claro, por alusións, rapido te aludes, mais lento eres en contestar ó unico que che pregunto… ¿7 a 3? ¿ou eran 7 a 4?
En 2º lugar (Examen de conciencia?, proposito de enmenda?… Mais facil. So contesta aqui ó que che pregunto ¿Gañaron ou non os que decian NON O PACTO? ¿Crees que saltarse unha votación democrática é «cousa de risa»? Por que parece que eo o tomas de coña… ¿Quen pode confiar en ti en Maio? ¿Podo estar eu tranquilo se che entregase os votos? Porque deso falo… de CONFIANZA!!! E ti a tes pérdida para min.
Mira que NON SO cho digo eu. Vaticanista mismamente expresa as suas dúbidas, e non é o único.

¿Ou seguimos de coña?

Boas noites a todos menos a un. A ti tamén SAbariz, boa noite. Mañá será outro dia. E se tes problemas en conciliar o sono (o digo polo examen de conciencia) pois o ofrecemento da tila e/ou valeriana segue en pe. Que non son do que se preocupa de cobrar as deudas, tanto coma de cumplir o prometido…

kaka-tua · 22-01-2007 a las 22:04

Tilán, non vou mezclar o caso Angueira co de Sabariz… Son incomparables por magnitude, magnicidio e por reiteración de feitos. Agora ben, de ahí a nomear a Sabariz «Salvador»… non.
Ademais ben ves que se explica, pero non contesta ó preguntado…Algo de verdade será o que me contaron logo. ¿Cando se debe «violar» a democracia»? ¿Os fins xustifican ops medios? Na mocion de censura, claro que si, e o SOE, e OScar salerían ca cabeza alta… pero, onde non hai que se pode esperar!!!
E prometoche que paro (por unha temporada) con este tema. tempo tereillo de recordarllo. ? mellor algún día lle serve de leccdion aprendida

Eso que boa noite!

Paspallás · 22-01-2007 a las 23:58

As mulleres da Comisión de Festas de Carreiras que levan non sei cantos anos, pamplinan con Angueira pero despois póñeno a parir. Kaka-tua, pregúntalle a Salvador o da Taberna que anda sempre coa antena posta. E fai o parvo, pero escoitache moi ben.

Warrior · 23-01-2007 a las 22:18

MIRADE VECI?OS, como empezou o comentario, o Sabariz esforzándose ahí en Carreiras, e mirade como acabaou, esta kakatúa é a leche.
Mirade que o Tilán aínda entra e sae, a kakatua está a joder no Sabariz, coma ningúen, parece un depredador psicolóxico cando di:
«Mira que non só cho digo eu. Vaticanista mismamente expresa as suas dúbidas, e non é o único.» esta é unha estratexia de escola.
Carallo o Vaticanista se é da Santa Sede Católica Apostólica e Romana sabe de que vai o perdón, Kakatúa do… Entón o Sabariz está bendesido, tamén políticamente, de momento aínda non se oeu que jodera jasoil.
«¿Crees que saltarse unha votación democrática é ??cousa de risa??. QUE LLO DIJAN A ANGUEIRA, A COMPOSICI?N DO OBRADOIRO PASOUNA POLOS MILINDROS… e non era unha votación dun jrupo era a do Pleno, dixeron.
«»¿Podo estar eu tranquilo se che entregase os votos? Porque deso falo? de CONFIANZA!!! E ti a tes pérdida para min.»» Esto Kakatua debechesllo de desir ao Sabariz, unhas 20 veces. Debeo ter claro. Pero a kakatua non está contenta sigue erre que erre, joder coa kakatua, vas resultar peor que o paspallás. E a kakatua erre que erre, XA CHEIRA CARALLO, aquí o que está FODENDO ao pobo é o ANGUEIRA, cando Sabariz foda ao pobo, IMOS A POR ?L… que foi un OPORTUNISTA, pois ó lado da Madre superiora non é nada, é parvo, QUERE APRENDER pero aínda lle falta… Se non estás contenta co Sabariz, dalle os votos a Angueira, e veña e dalle a kakatúa, non sei quen é máis rompecollóns, se o Sabariz ou a kakatúa.
Ou sodes os dous ijuales ou mira que levades tempo Tilán dalle, kakatua dalle o Sabariz no medio, pero a kakatúa leva tempo de carballo dándolle o Sabariz, se non estás resentido, estás pagado, porque parece que o Sabariz é o Alcalde, e veña e dalle, ¡joder!…. Angueira é o Alcalde, ou é que non te enteras, e é o que fai as cousas mal…. o Sabariz aínda non empezou, facerías pero agora nanai…agora non fai nada no governo, debíase convertir no jefe da oposisión…formar un sólo jrupo para atacar a Angueira, e Sabariz o xefe… sería a Hos…

LA VOZ DE LA VERDAD DIOS · 24-01-2007 a las 12:05

Que me estades contando. agora resulta que Sabariz queremolo poñer coma un heroe. De verdade que cun ano na oposición xa é suficiente para purgar os seus 7 anos desastrosos no goberno??? Porque non creredes que durante ises 7 anos o que xestionaba o concello era Angueira?? Todos sabemos que é un inepto e de xestión do concello non ten nin idea. A Angueira se o sacamos das comidas, da jodienda do jasoi, do enchufismo, dos tratos de favor e da man polo lombo a todos os que pasan polo concello quedase en fume, non se entera nin da misa a metede (inda recordo un pleno ó que asistín no que lle preguntabaó voceiro do PP quen era o responsable de xestionar as obras menores?? o incrible non é que no no supera, o incrible é que é il mesmo o responsable directo das obras menores e quen ten que firmalas por decreto, ou sexa, xa non so non ten idea de xestión sinon que non tan siquera se entera do que firma!!!!! Pero voltemos a Sabariz , ese si que era o que xestionaba o concello eses 7 anos de goberno, Temos que facernos unha pregunta ¿Gustanos o estado do pobo tal como está hoxe en día? Se a resposta é non o mais sensato é pensar que unha grande resaponsabilidade tena o Sr Sabariz. Por certo o que tivera que facer frai un ano sabariz non era pasarse á oposición senon dimitir. E agora intentasenos vender que é o Salvador do pobo. primeiro queima o pobo e agora nombrámolo xefe de bombeiros. Acaso nos estamos volvendo todos tolos??

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-01-2007 a las 14:11

Home «LA VOZ DE LA VERDAD DIOS» (vaia alcume, por certo) non me teño por heroe, pero tampouco por inepto. Non é cuestión de enumerar agora as xestións que fixen pero os logros foron ben valorados pola cidadanía. Penso que se conqueriron cousas e eu tiven a responsabilidade proporcional á miña representación no grupo de goberno. Mira, respecto a túa crítica, aínda que parece que non te senta ben que outros aplaudan a miña traxectoria política. Ten que haber de todo. O pobo en maio xulgará co seu voto as actuacións de cada quén e o que consideran mellor para o futuro de Pontecesures.
Na política non hai salvadores, e todos estamos de paso. Eu pretendo seguir porque creo que podo aportar cousas. Se teño o apoio da xente, claro.
Un saúdo.

Warrior · 24-01-2007 a las 17:40

A «voz» esa non a ouviu nin a kakatua nin Tilán, senon xa estaban nela. A «voz» era mellor que estivera calada, se pretendeu dispensar a Angueira, fixo todo o contrario, xa que a inmediata é prejuntar: ¿eló que carallo de alcalde temos? se non sirve, que marche pa qué esta ahí.
O SE?ORITO DE VILAGARCIA FACÍA O TRABALLO E ANGUEIRA LEVOU A FAMA, é o que di a «Voz». Está ben a cousa… todo un alcalde, alcalde. Xa me dixeron que fai cousa dun ano estaba a facer un curso acelerado de minialcaldía, mira polo que era.
Gracias «voz», por informar.

kaka-tua · 24-01-2007 a las 18:44

Ou temos outras cousas ás que adicarnos Warrior, que che quede claro, por eso dixen, e vou tratar de mantelo, de intervir cando realmente haxa noticias que sexan interesantes para comentar. Pero gustaríame aclararche algunhas cousiñas:

1º.- Nen resentido, nen pagado nen ??palmero? de ninguén. A mesma ??paixon? que poño nos debates con Sabariz, poñereinos cando aparezcan Randulfe, Oscar Gerpe e/ou o sustituto, Maribel, e Angueira ou ??portavos oficial do réximen?… Para eles tamén teño cousiñas que me gustaria decirlles… so falta que se decidan aparecer. E que estean tranquilos que insultar por insultar non é o meu estilo…

2º.- Tampouco son un exACP, ou do PP cabreado, ou do SOE…. ¿qué mais da o que sexa? Digo o que penso e punto. ¿Molesta? Vexo que non a Sabariz, que ata me ten invitado a unha ??tournee? pola súa casa, con viño incluido (sempre e cando acepte él primeiro a miña invitación a valeriana e/ou tila, pois quero mirar pola súa saude).

3º.- Sonría, bo home. Lea e sonría… Non sabe quelo de ??gato escaldado da auga fria escapa? pois é o que me pasa a min con Sabariz. ¿podome fiar del coma político? ¿Se lle entregase o meu voto coma o vai ??xestionar??

4º.- Se lees ben, ves que poño que sei distinguir entre os pecados de Sabariz, e os de Angueira… e retrocede no tempo e leeme. Está todo aquí escrito… A Sabariz non lle dou a miña confianza (polo menos de momento). A Angueira retirámoslla, xunto cos votos, os membros da familia, e e nin a confianza, nin os votos: NUNCA MAIS…

5º.- Por último, non me deas tanta importancia, pois non a teño, tan só son un anónimo cesureñ@ que, falando en nome da súa familia está cansado de que Pontecesures sexa famoso polo que é. Antes deciase que coma o Grove non había ningún pobo de revolto a nivel político. Agora nós aspiramos a facerlle a competencia… Pero eso a ti que mais che da!!! Sabariz é un santo e ¡¡¡ayyyyy!! Quen renegue dos santos e se proclame ??ateo?: O LUME CON ?L.Tampouco é iso, ¿non crees?

En fin ??guerreiro misterioso?, que os hados te sexan propicios, e de todo o mal que a ti te desexe a min me chegue o dobre, e de toda a fortuna para ti, a min que que me caia a metade. ? o unico ??insulto? que che podo adicar. E se o consideras ??insulto? é que non entendiches nada… pero lee, todo está ahí…

Bye.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.