A obra teatral «Tarará Chis-Pum», na que actúa a cesureña Bea, represéntase en Santiago.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Entre o 7 e o 31 de marzo represéntase no Salón Teatro de Santiago de Compostela esta obra por parte do Centro Dramático Galego e na que actúan Anabel Gago, Avelino González, Bea, Noemí Rodríguez, Fran Peleteiro, Manuel Polo e José Carlos Illanes. Trátase dunha creación colectiva baseada no espectáculo de Artello Teatro.
As funcións son os mércores, xoves e venres ás 11 horas (funcións escolares) e os sábados e domingos ás 18 horas (funcións familiares para nenos/as a partir de 6 anos).
O telefono da billeteira é 981-584978 e estará aberta dúas horas antes do comezo de cada función.

Categorías: Cultura

1 comentario

fru · 17-03-2007 a las 00:32

Luis Angel Sabariz Rolán quixo decir o seguinte sobre esta nova, inda que confundiu de entrada, pedindome que o arranxara:

«Pois hoxe desprazáronse, en dous autobuses, os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria do CPI Pontecesures para presenciar esta obra de teatro que se representa no Salón Teatro de Santiago acompañados por seis profesoras do centro. Viñeron contentos e aplaudiron moito a Bea.»

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.