Novas contratación de persoal docente no obradoiro de emprego de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Para substituir a unha das monitoras de Axuda no Fogar-Infancia que renunciou voluntariamente ao posto foi contratada a asistente social residente en Pontecesures Consuelo Ordóñez Martínez que vai prestar servizos neste módulo por 20 horas semanais. Esta traballadora social tamén é, a media xornada, a educadora social do concello.
Tamén foi contratada coma mestra de adultos para o alumnado do obradoiro Mª Fernanda Cimadevila que tamén reside en Pontecesures. Prestará servizos catro horas á semana e sinálase que Mª Fernanda é a profesora que foi contratada polo concello no seu día para o programa de Educación de Adultos que se desenvolve en cada curso escolar no municipio.
Estas seleccións foron realizadas polo Grupo de Traballo Mixto logo da preselección realizada pola oficina de emprego de Vilagarcía.


3 comentarios

Pachochiña · 19-03-2007 a las 18:49

Unhas todo e outras nada. Así é a vida

MARIA · 20-03-2007 a las 09:34

A MIN GOSTARIAME SABER COMO E QUE SE ENTERAN DESTES POSTOS E COMO SE FAI A ELECCION, CANDAS CANDIDATAS HOUBO, PORQUE ME RESULTA RARO QUE UNHA PERSOA TE?A TANTOS POSTOS NUN MESMO CONCELLO.

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-03-2007 a las 19:40

No seu día seleccionaron unha traballadora social para impartir a docencia no módulo Axuda no Fogar-Infancia (houbo anuncios na prensa, baremación das solicitantes e entrevista). A traballadora contratada renunciou e a Oficina de Emprego de Vilagarcía fixo unha sondaxe entre traballadoras sociais da zona, pedíndolle curriculo ás interesadas logo de contactar con elas. Tres foron preseleccionadas para unha entrevista na Delegación de Traballo en Vigo. Unha non foi e das outras dúas foi seleccionada Consuelo Ordóñez e nada ten que ver que a súa outra media xornada laboral a faga noutras tarefas.
Para profesora de adultos tamén a Oficina de Emprego fixo unha sondaxe entre mestras da zona que tiñan que cumprir uns determinados requisitos como experiencia. Foron preseleccionadas dúas persoas e elixida Mª Fernanda.
A iniciativa en ámbolos dous casos é da Oficina de Emprego. Por iso é moi importante que os desempregados teñan actualizados os seus datos nesa oficina.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.