IMAXENES DO ACTO DE PRESENTACION DA LISTA DO PSG-PSOE ? CONCELLO

Publicado por fru en

Estas son algunhas das imáxenes do acto de presentación do candidato á alcaldía polo PSG-PSOE celebrado hoxe luns 2 de abril en Pontecesures, e que contou ca presencia do Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vazquez.

100_5759-web.JPG

Sauda entre o Conselleiro Manuel vazquez e Luis Sabariz á chegada do primeiro a Pontecesures

100_5762-web.JPG

 Sabariz acompañado polo Conselleiro e o coordinador provincial do PSG – Psoe, Sres Vazquez (esquerda) e Pose (dereita), respectivamente.

100_5765-web.JPG

 Sauda inicial a cargo de Modesto Pose

100_5773-web.JPG

 Momento do discurso de Luis Sabariz

100_5777-web.JPG

 Manuel Vazquez  dirixíndose ó público

100_5768-web.JPG

Luis Sabariz estivo arropado polos integrantes da listado Ps de G – Psoe local


9 comentarios

charly · 2-04-2007 a las 21:12

promete.polo menos en traballador

Visconti · 2-04-2007 a las 21:27

En traballador e en honrado tamén promete

Paspallás · 2-04-2007 a las 21:58

3,3 foron as premisas de Don Angel: traballador, honrado e digno. Que se prepare Angueira vai levar unha sorpresa nas vindeiras votacions. ¿Que apostades a que Sabariz acada máis votos que o BNG?

Paspallás · 2-04-2007 a las 22:05

Dixéronme no Choco que había moita xente neste mitin do psoe. Fructuoso aquí póñense fotos na penumbra e non se aprecia canta xente había. Informa home e ponlle pilas ou flash á cámara. Os homes teñen que ter boa ferramenta.

CHOMSKI · 3-04-2007 a las 09:00

Sabariz quiere ser alcalde para que regrese la democracia al ayuntamiento. ¿La misma que utilizó el partido socialista para nombrarle a él candidato?

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-04-2007 a las 09:59

Está «CHOMSKI» moi debatido este tema do nomeamento do candidato do PSOE e o partido tomou unha decisión de renovación que é normal que sexa discutida.
O que ocorre co goberno municipal que temos cos atrancos e a falla de respecto aos membros da oposición é moi grave. Un exemplo: No derradeiro pleno ordinario o alcalde respostou a unha pregunta miña, plantexada no pleno anterior, dicindo que non fora a unha entrega de premios da Asociación de Empresarios Ulla-Umia (critiquei nos medios que era unha vergoña que o noso concello fora o único non representado no acto) xa que estivera noutros actos ou xestións. Díxenlle que era un mintireiro porque o día e hora da entrega de premios foi visto en Pontecesures. Quitoume a palabra no pleno en voz alta impedíndome que lle demostrara ao público presente na sesión que tiñamos un alcalde que lle minte ao pleno e, por conseguinte, aos seus veciños. Isto hai que erradicalo da vida local e resulta impresentable impoñer o silencio aos membros da oposición cando están intervindo.

Paspallás · 3-04-2007 a las 15:04

CHOMSKI, polo que vexo nesta páxina debes ter alguhna relación co alcalde, xa que odias a Sabariz igual que Angueira. Espero que sexa unha relación honesta, non coma esas que acostuma a ter a menudo.

CHOMSKI · 4-04-2007 a las 09:52

Este medio me permite expresar libremente mis opiniones y creo que lo hago con corrección y sin faltar al respeto, he hecho referencia a unos hechos que han acontecido en el partido socialista no hace mucho tiempo y parece que Sabaríz quiere olvidar a toda costa, pero yo no me los he inventado. Puedo opinar libremente como todos los que entramos en esta página, que después de estos hechos oír hablar a Sabaríz de democracia, dignidad, etc suena como mínimo poco creíble. Comentarios como el de Paspallás dañan bastante la imagen de esta página, porque son gratuitos y rondan la obscenidad, que Paspallás intente desprestigiar a los demás acusándolos de defender a tal o cual suena a pitorreo teniendo en cuenta que él o ella sólo hace entradas para defender a Sabaríz. ??Cree el ladrón que todos son de su condición?.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-04-2007 a las 11:28

O que sucedeu coa miña nominación como candidato do PSOE coñeceo todo o mundo e, por suposto, a túa opinión é respectable. Efectivamente hai comentarios desafortunados (favorables ou desfavorables) que nos afectan a todos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.